Congreso dos Deputados
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xullo de 2020.) |
Congreso dos Deputados | |
---|---|
XIV lexislatura | |
Datos xerais | |
Ámbito | ![]() |
Creación | 1977 |
Tipo | Cámara Baixa das Cortes Xerais |
Inicio de sesións | 19 de xullo de 2016 |
Presidenta | Meritxell Batet (PSOE) desde o 21 de maio de 2019 |
Vicepresidente primeiro | Gloria Elizo (UP) desde o 21 de maio de 2019 |
Composición | |
Membros | 350 deputados |
![]() | |
Grupos representados | Grupo Popular Grupo Socialista Grupo Confederal de Unidos Podemos-En Comú Podem-En Marea Grupo Ciudadanos Grupo de Esquerra Republicana Grupo Vasco (EAJ-PNV) Grupo Mixto |
Salario | 39.394,18 €/aNo Soldo base en 2015 sen incluír indemnizacións nin complementos. |
Título III da Constitución | |
Eleccións | |
Sistema electoral | Escrutinio proporcional plurinominal mediante sistema d'Hondt con listas pechadas |
Última elección | 10 de novembro de 2019 |
Sede(s) | |
![]() | |
Palacio das Cortes Plaza de las Cortes, Madrid | |
Sitio web | |
www.congreso.es |
O Congreso dos Deputados é a cámara baixa das Cortes Xerais, o órgano constitucional que representa ao pobo español. Reúnese para sesións no Palacio das Cortes, situado na praza das Cortes de Madrid.
A Constitución de 1978 establece un Parlamento bicameral. As Cortes Xerais están formadas polo Congreso dos Deputados e o Senado. Ámbalas dúas Cámaras representan o pobo español. As Cortes Xerais:
- exercen a potestade lexislativa do Estado.
- aproban os seus orzamentos.
- controlan a acción do Goberno.
- e teñen as demais competencias que lles atribúe a Constitución.
No entanto, este bicameralismo non supón unha equiparación completa entre Congreso e Senado. A Constitución resérvalle ó Congreso unha serie de funcións e facultades que revelan a súa primacía. Deste xeito, o Congreso autoriza a formación do goberno, pode provoca-lo seu cesamento, coñece en primeiro lugar a tramitación dos proxectos lexislativos e dos orzamentos e debe confirmar ou rexeitar as emendas ou vetos que pode aprobar o Senado sobor destes textos lexislativos.
Composición[editar | editar a fonte]
A Constitución establece que o Congreso contará cun mínimo de 300 e un máximo de 400 Deputados, debendo a lei electoral concretar este número. A normativa vixente (Lei Orgánica do Réxime Electoral Xeral de 19 de xuño de 1985) fixa en 350 o número de membros da Cámara.
Tódolos Deputados son elixidos por sufraxio universal, libre, igual, directo e secreto. A circunscrición electoral é a provincia. A lei electoral asigna dous escanos a cada unha delas e distribúe os demais en proporción á poboación respectiva. Ceuta e Melilla elixen un representante cada unha.
![]() | Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
| |||
Grupo parlamentario | Líder | Deputados | |
Socialista (PSOE; PSC) | Pedro Sánchez | 120 | |
Popular (PP) | Pablo Casado | 88 | |
Vox (Vox) | Santiago Abascal | 52 | |
Confederal de Unidas Podemos- | Pablo Iglesias | 35 | |
Republicano (ERC-Sobiranistes) | Gabriel Rufián | 13 | |
Plural (JxCAT; PDeCAT; MP-Equo; Compromís; BNG) | Varios | 12 | |
Ciudadanos (Cs) | Inés Arrimadas | 10 | |
Vasco (PNV) | Aitor Esteban | 6 | |
Euskal Herria Bildu (EHB) | Mertxe Aizpurua | 5 | |
Mixto (CUP; UPN; CC; NC; PRC; TE; FORO) | Varios | 9 |
Órganos[editar | editar a fonte]
Cargo | Titular | Lista |
---|---|---|
Presidenta | Meritxell Batet | PSC |
Vicepresidente primeiro | Alfonso Rodríguez Gómez de Celis | PSOE |
Vicepresidenta segunda | Ana Pastor Julián | PP |
Vicepresidenta terceira | María Gloria Elizo | UP |
Vicepresidente cuarto | Ignacio Gil Lázaro | Vox |
Secretario primeiro | Gerardo Pisarello | ECP |
Secretaria segunda | Sofía Hernanz Costa | PSOE |
Secretario terceiro | Javier Sánchez Serna | UP |
Secretaria cuarta | Adolfo Suárez Illana | PP |
Prerrogativas dos deputados[editar | editar a fonte]
Os deputados, o mesmo que os Senadores, dispoñen de dúas importantes prerrogativas, que a Constitución lles recoñece, non con carácter de privilexio persoal, senón para protexer o exercicio das súas funcións. Inviolabilidade e inmunidade son propiamente garantías institucionais das Cámaras, das que gozan os seus membros en canto participan no desenvolvemento das funcións constitucionais asignadas ó Congreso dos Deputados.
- A inviolabilidade afecta ás opinións manifestadas e ós votos emitidos no exercicio do cargo representativo e supón a irresponsabilidade polos mesmos. Así e todo, esta irresponsabilidade non ten carácter absoluto, senón só en relación a terceiros estraños á Cámara. No ámbito interno, o deputado está suxeito ás normas de disciplina parlamentaria que, de acordo co Regulamento, aplican o presidente e a Mesa do Congreso.[Cómpre referencia]
- A inmunidade cobre os actos realizados polo deputado durante o período do seu mandato e supón a prohibición de ser inculpado ou procesado sen a previa aprobación do Congreso, e que a súa detención tan só sexa posible no caso de flagrante delito.[Cómpre referencia]
Os deputados perciben unha asignación económica con cargo ós orzamentos da Cámara, tendo dereito, asemade, a outras axudas (dietas), franquías e indemnizacións por gastos indispensables para o cumprimento das súas funcións.[Cómpre referencia]
Sede[editar | editar a fonte]
- Artigo principal: Palacio das Cortes.
O Palacio das Cortes é o edificio que alberga o Congreso dos Deputados. Está situado entre a rúa Zorrilla e a Carreira de San Xerome, a escasa distancia do Paseo do Prado, en Madrid. É un dos edificios emblemáticos do Madrid do século XIX, de estilo neoclásico.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Congreso dos Deputados ![]() |
Outros artigos[editar | editar a fonte]
- Composición do Congreso dos Deputados de España
- Lista de presidentes do Congreso dos Deputados de España
- Lista de deputados galegos no Congreso desde a Transición