Pedro Salaverría
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 17 de outubro de 1821 Santander |
| Morte | 5 de agosto de 1896 Donostia |
| 14 de xaneiro de 1877 – 20 de outubro de 1877 ← Manuel Cantero – José Elduayen → | |
| 18 de febreiro de 1876 – 19 de marzo de 1878 – Joaquín López-Dóriga y Ruiz de la Escalera → Circunscrición electoral: Villadiego | |
| 30 de decembro de 1874 – 25 de xullo de 1876 ← Manuel Orovio – José García Barzanallana → | |
| 19 de setembro de 1872 – 8 de xaneiro de 1874 Circunscrición electoral: Villadiego | |
| 29 de abril de 1872 – 28 de xuño de 1872 Circunscrición electoral: Burgos | |
| 1 de marzo de 1864 – 30 de setembro de 1864 ← Juan Bautista Trúpita – Manuel García Barzanallana (en) | |
| 11 de novembro de 1863 – 30 de decembro de 1866 Circunscrición electoral: Santander (pt) | |
| 6 de decembro de 1858 – 12 de agosto de 1863 Circunscrición electoral: Peñafiel | |
| 30 de xuño de 1858 – 2 de marzo de 1863 ← José Sánchez Ocaña López de Hontiveros – José de Sierra y Cárdenas → | |
| 25 de outubro de 1857 – 14 de xaneiro de 1858 ← Eugenio de Ochoa – Ventura Díaz (en) | |
| 20 de setembro de 1856 – 12 de outubro de 1856 ← Manuel Cantero – Manuel García Barzanallana (en) | |
| Actividade | |
| Lugar de traballo | Madrid |
| Ocupación | político, economista |
| Partido político | Partido Liberal-Conservador |
| Familia | |
| Fillos | Amalia Salaverria Saiz |
| Premios | |

Pedro Salaverría y Charitu, nado en Santander, o 17 de outubro de 1821 e finado en San Sebastián, o 5 de agosto de 1896[1], foi un facendista e político español, ministro de Facenda e de Fomento durante o reinado de Isabel II e, novamente, ministro de Facenda durante o reinado de Afonso XII.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]De familia de orixe vasca (seu pai era orixinario de Irún e a súa nai de Hondarribia)[1], con 13 anos, o 20 de novembro de 1834[2], entrou a traballar como escribente no Goberno Civil de Burgos e na Contaduría da mesma provincia até 1838, logo pasou á Oficina de Rendas e de alí a Sevilla en 1844. Os seus traballos sobre a tesouraría pública impresionaron aos seus compañeiros que o chamaron, en 1854, para formar parte do Ministerio de Facenda en calidade de Secretario de Estado.
Deputado
[editar | editar a fonte]Obtivo acta de deputado no Congreso nos sucesivos procesos electoras celebrados entre 1858 e 1865 polas circunscricións de Valladolid (1858) e Santander (1863 - 1865). Coa Revolución de 1868 retiraríase da vida política activa á que retornaría durante a I República ao ser elixido novamente deputado, nesta ocasión pola provincia de Burgos, nas eleccións de 1872 repetindo o devandito escano nos procesos electorais de 1873 e 1876 aínda que en 1877 renunciaría á súa acta de deputado para ocupar o cargo de gobernador do Banco de España.
Ministro
[editar | editar a fonte]Foi ministro de Facenda en catro ocasións. A primeira foi entre o 20 de setembro e o 12 de outubro de 1856[3]; a segunda entre o 30 de xuño de 1858 e o 2 de marzo de 1863[4] en gabinetes presididos por O'Donnell[5] .Posteriormente, entre o 1 de marzo e o 16 de setembro de 1864[6] volverá dirixir o ministerio nun goberno Mon e, finalmente, na Restauración, será novamente ministro de Facenda entre o 31 de decembro de 1874 e o 25 de xullo de 1876[7] en tres gobernos sucesivos que presidirían Cánovas e Jovellar. Neste período tivo que conseguir equilibrar unha difícil situación na que a existencia de dúas guerras (contra os carlistas e en Cuba) e os pagos da Débeda suspendidos. Finalmente conseguiu sacar o orzamento adiante e un importante acordo respecto da Débeda[8].
Tamén foi ministro de Fomento entre o 25 de outubro de 1857 e o 14 de xaneiro de 1858[9] nun goberno Armeiro.
Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 "Salaverría Churitu, Pedro". Auñamendi. Eusko entziklopedia. Consultado o 13-08-2017.
- ↑ Fabié, Antonio M.ª (1898), vol. I, p. 23
- ↑ Urquijo y Goitia, José Ramón de (2008). p. 56
- ↑ Urquijo y Goitia, José Ramón de (2008). p. 58.
- ↑ Centro de Ciencias Humanas y Sociales (CCHS) del CSIC (ed.). "Ministros y miembros de organismos de gobierno. Regencias, Juntas de Gobierno, etc (1808-2000)". Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2016. Consultado o 13 de agosto de 2017.
- ↑ Urquijo y Goitia, José Ramón de (2008). p. 60
- ↑ Urquijo y Goitia, José Ramón de (2008). p. 76.
- ↑ Serrano Sanz,, José Mª (2006). "Pedro Salaverría. Cara y cruz de la Hacienda". En Comín Comín, Francisco; Martín Aceña, Pablo; Vallejo Pousada, Rafael. La Hacienda por sus ministros: la etapa liberal de 1845 a 1899. Zaragoza: Prensas Univeritarias de Zaragoza. pp. 229–249. ISBN 84-7733-779-9.
- ↑ Urquijo y Goitia, José Ramón de (2008). p. 57.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Pedro Salaverría |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Urquijo y Goitia, José Ramón de (2008). Gobiernos y ministros españoles en la Edad Contemporánea. Biblioteca de Historia (2ª ed.). Madrid: CSIC. ISBN 978-84-00-08373-1.
- Fabié, Antonio M.ª (1898). Biografía del Excmo. señor D. Pedro Salaverría, 2 vols., Madrid. Imp. de Fortanet .