Segismundo Moret

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Segismundo Moret
Segismundo Moret, de Kaulak.jpg
Nacemento2 de xuño de 1833
 Cádiz
Falecemento28 de xaneiro de 1913
 Madrid
SoterradoCemitério de San Isidro
NacionalidadeEspaña
Educado enUniversidade Complutense de Madrid
Ocupacióndiplomático, político, xurista, economista e xuíz
CónxuxeConcepción Remisa de Moret
editar datos en Wikidata ]

Segismundo Moret y Prendergast, nado en Cádiz o 2 de xuño de 1833 e finado en Madrid o 28 de xaneiro de 1913,[1] foi un político e literato español, ministro en varias ocasións, e tres veces presidente do goberno por breve tempo: 1905-1906, de novo en 1906, e en 1909-1910.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou Dereito na Universidade Central de Madrid e, alí, obtivo primeiro a cátedra de Economía Política e posteriormente a de Institucións de Facenda, que conseguiría en propiedade en 1858[2].

En 1863 foi elixido deputado independente por Almadén (Cidade Real), escano ó que renunciaría ó pouco tempo. Tras o triunfo da Revolución Gloriosa foi novamente elixido en 1868. Colaborou na redacción da Constitución española de 1869.

Don Segismundo Moret y Prendergast

Foi nomeado Ministro de Ultramar polo Xeneral Juan Prim (1870) mostrándose favorable á abolición da escravitude e á creación dun texto constitucional para Porto Rico. Do 2 de decembro de 1870 ó 10 de xullo de 1871 fíxose cargo con carácter interino do Ministerio de Facenda.

Destinado como embaixador a Londres en 1871 non retornará ata 1873. En 1875 funda o Partido Democrático Monárquico, que en 1882 se fusionou en Izquierda Dinástica e, posteriormente, rematou dentro do Partido Liberal de Sagasta[3].

Foi nomeado en 1883 Ministro da Gobernación baixo o goberno liberal de José Posada Herrera, creando a Comisión de Reformas Sociais. Xa como integrante do Partido Liberal Fusionista, colaborará con Práxedes Mateo Sagasta ocupando as carteiras de Ministro de Estado (1885-1888), Gobernación (1888, 1901 e 1902), Fomento (1892), Estado (1892 e 1894) e Ultramar (1897-1898). Morto Sagasta, participou nas loitas pola dirección do partido.

Como ministro de Ultramar decretou en 1897 a autonomía de Cuba e Porto Rico, nun van intento de impedir a emancipación das dúas colonias.

En 1902 colabora na creación do Instituto de Reformas Sociais, embrión do futuro Ministerio de Traballo.

O 1 de decembro de 1905, tras a dimisión de Montero Ríos, encárgase por fin da xefatura do goberno (1905-1906). Fixo aprobar a Lei de xurisdicións, que conseguiu satisfacer os militares descontentos despois dos feitos do ¡Cu-cut!. O atentado de Mateu Morral contra Alfonso XIII (maio de 1906) vaino obrigar a dimitir en xullo ó non contar con maioría suficiente nas Cortes. Volveu a desempeñar brevemente o cargo do 30 de novembro ó 4 de decembro do mesmo ano.

Tras a caída de Antonio Maura a raíz da Semana Tráxica de Barcelona en 1909, conseguirá a presidencia do goberno por última vez ó tempo que desempeñaba a carteira de Gobernación, pero terá que dimitir novamente ó non conseguir a disolución das Cortes para obter unha maioría que apoiase o seu proxecto. Será substituído por Canalejas en 1910.

En 1912, cando Canalejas foi asasinado, o goberno de Romanones elixiuno como presidente do Congreso dos Deputados, cargo que desempeñou deica a súa morte. Finou en Madrid en 28 xaneiro de 1913. Foi nomeado, postumamente, Marqués de Moret.


Predecesor:
Eugenio Montero Ríos
 Presidente do Consello de Ministros de España 
1905 - 1906
Sucesor:
José López Domínguez
Predecesor:
José López Domínguez
 Presidente do Consello de Ministros de España 
1906
Sucesor:
Antonio Aguilar Correa
Predecesor:
Antonio Maura Montaner
 Presidente do Consello de Ministros de España 
1909 - 1910
Sucesor:
José Canalejas Méndez

Obra literaria[editar | editar a fonte]

É autor de numerosas obras e estudos.

Curiosidades[editar | editar a fonte]

O 3 de marzo de 1906 comezou o derrubamento das murallas de Cádiz co fin de paliar a crise obreira. A primeira pedra do desmonte foi destinada ó monumento ó ilustre gaditano Segismundo Moret.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Roman (2003), p. 65
  2. "La Izquierda Dinástica de Segismundo Moret". España mi natura; Italia mi ventura; Flandes mi sepultura. Consultado o 04-09-2017. 
  3. Montagut Contreras, Eduardo. "El Partido Liberal en la Restauración"andalan.es. Consultado o 04-09-2017.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Ferreras Cuesta, Carlos (2002). La frontera democrática del liberalismo: Segismundo Moret (1838-1913). Col. Historia Biblioteca Nueva. Madrid: Ediciones de la Universidad Autónoma de Madrid. ISBN 9788497420891. 
  • Román Collado, Rocío (2003). La escuela economista española. Sevilla: Universidad de Sevilla. ISBN 8477868425. 

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]