Buenaventura Marcó del Pont

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Vigo, 18 de marzo de 1797. Carta de Buenaventura Marcó del Pont a Manuel Godoy, solicitando permiso para poñer o nome de «Príncipe de la Paz» a un dos seus buques corsarios.

Buenaventura Marcó del Pont Bori, nado en Calella (Barcelona) en 1738 e finado en Vigo en setembro de 1818, foi un comerciante catalán afincado en Vigo.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Buenaventura Marcó del Pont y Mallol, residiu en Vigo desde 1760, destacou polo seu afán emprendedor, construíndo unha instalación de salgadura para a distribución de peixe en Cataluña. A boa marcha dos seus negocios atraeu a Galicia a outros paisanos como os Buch, os Curbera, os Escofet o os Fábregas.[1]

Pazo do Pousadouro en Redondela, que pertenceu á familia Marcó del Pont.

Nomeado pola Dioceses de Santiago Señor de Vigo, foi Rexedor Perpetuo de Vigo, Síndico Procurador Xeral, Comandante de Milicias Urbanas e Deputado do Común de Vigo. Comandante de Milicias Urbanas de Santa Catalina de Lavadores e Síndico Procurador Xeral do Convento de San Francisco. Administrador e Subdirector Xeral da Administración das Rendas da Provincia de Tui. Mordomo de Fábrica e Tesoureiro da Colexiata de Vigo. Cargador a Indias e Comerciante de Lonxa pechada e Comisario Honorario dos Reales Exércitos.

Como un dos armadores máis importantes de España, conseguiu do rei Carlos III en 1773, as primeiras concesións para facer de Vigo porto de comercio con América. En 1779 conseguiu da Coroa licenza de corso para combater o comercio naval británico e dos seus aliados portugueses, con motivo da Guerra de Independencia dos Estados Unidos de América. A fortuna das súas armas fixo numerosas presas entre os buques que transportaban mercadorías entre os portos portugueses e británicos, con artigos como sal, aceite, coiros y panos entre outros. Dedicouse a aumentar a súa fortuna construíndo numerosas fábricas de todo tipo no litoral galego, construíndo barcos, fundando a Casa de Crédito de Marcó del Pont e prestando diñeiro á Corona.

A familia Marcó del Pont empezou a financiar proxectos da Coroa con Carlos III e seguiu con Carlos IV e Manuel Godoy, Fernando VII e o seu irmán o pretendente Carlos V. As cantidades prestadas ao Estado e á Coroa entre 1788 e 1833 ascenderon a 28,5 millóns de reais e nunca se devolveron.

Como rexedor de Vigo ordenou, en 1817, a reconstrución da Concatedral de Santa María de Vigo, logo da súa destrución durante a Guerra da Independencia española. Sufragou persoalmente a restauración da talla do Cristo da Vitoria.

Cristo da Vitoria.

A familia Marcó del Pont chegou a ter varias residencias: a Casa Señorial de Calella, o Pazo do Pousadouro coñecido como Granxa de Pousadouro, en Redondela, a Casa Fidalga de Vigo, o Pazo de Lourizán ou a Granxa da Serra comprado aos herdeiros de Francisco Genaro Angel, irmán da súa muller, a Casa-Palacio de Hortaleza en Madrid, coñecido más tarde como Palacio de Buenavista e o Pazo de Baión ou Granxa de Fontán, propiedade da súa filla Ana Jacoba.

Descendencia[editar | editar a fonte]

Casou coa viguesa Juana Ángel Méndez, coa que tivo dez fillos, entre eles:

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Vigo en su historia. 1980. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]