Fermín Bescansa Mendioroz
Fermín Bescansa Mendioroz | |
---|---|
Nacemento | valor descoñecido |
Navarra | |
Falecemento | século XIX |
A Coruña | |
Nacionalidade | España |
Ocupación | comerciante, político e militar |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Fermín Bescansa Mendioroz, nado en Navarra e finado na Coruña, foi un comerciante político e militar navarro.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Era curmán do xeneral Francisco Espoz y Mina, con quen tivo destino na comisaría xeral de Huesca e Jaca. Solicitou traslado á guerrilla, onde acadou o grado de alférez. Tras acabar a guerra da independencia española estableceuse en Sevilla cun negocio de droguería.
Posteriormente Bescansa trasladouse á Coruña, onde abriu un negocio na rúa Nova e, pouco despois, tras un incendio, na rúa Real. Trabou amizade co químico Antonio Casares Rodríguez, con quen acabou emparentando. Abriu en Santa Cruz unha fábrica na que produciu cremor tártaro e herbas medicinais.
Bescansa foi nomeado alcalde da Coruña en decembro de 1840 e permaneceu no cargo por espazo dun ano.
Predecesor: Vicente Alsina Selisis |
![]() Alcalde da Coruña 1838– 1839 |
Sucesor: José María Pérez |
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- "Tres coruñeses entre química, ciencias ocultas y servicio a la patria", reportaxe en El Ideal Gallego, 30 de setembro de 2017 (en castelán).