Saltar ao contido

Vicente Alsina Selisis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaVicente Alsina Selisis

retrato de Antonio María Esquivel Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento27 de outubro de 1794 Editar o valor en Wikidata
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Morte1862 Editar o valor en Wikidata (67/68 anos)
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Presidente da Deputación da Coruña
24 de xuño de 1854 –
Cónsul de España
1854 – 1856
Alcalde da Coruña
1838 – 1839 (destitución)Fermín Bescansa Mendioroz → Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata


Vicente Ramón Alsina Selisis, nado na Coruña o 27 de outubro de 1794 e finado na mesma cidade en 1862, foi un político galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Era fillo de Antonio Alsina, comerciante nacido na vila catalá de Arenys de Mar, e Juana Selises.

Durante a Guerra da Independencia española incorporouse ó exército como cadete, intervindo nalgunhas operacións nas que foi ferido. Licenciouse en 1813 co grado de subtenente. De volta na Coruña, participou de forma activa no alzamento liberal de 1820.

En 1823 participou na defensa da Coruña contra a invasión francesa, polo que máis tarde foi apresado. Participou nas corporacións municipais de 1833 e 1835 e foi alcalde desta cidade entre 1838 e 1839, cargo do que foi deposto como consecuencia da orde gobernativa que provocou o arresto de todos os progresistas de España.[1]

En 1840 participou no pronunciamento que se produciu, intervindo na Xunta Gobernativa da Coruña. Entre 1840 e 1843 volveu ser elixido deputado a Cortes, repetindo en 1853. Foi nomeado comandante da Milicia Nacional en 1841.[2]

En 1854 foi de novo nomeado alcalde da Coruña, cargo que deixou oito meses máis tarde para ir a Madrid como deputado a Cortes. Foi nomeado presidente da Deputación da Coruña o 24 de xuño de 1854,[3] e foi cónsul de España en Xibraltar entre 1854 e 1856.


Predecesor:
Francisco Ortega
 
Alcalde da Coruña
 
1838– 1839
Sucesor:
Fermín Bescansa Mendioroz