Saltar ao contido

Juan Menéndez Fuertes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJuan Menéndez Fuertes
Biografía
Morte10 de febreiro de 1852 Editar o valor en Wikidata
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Alcalde da Coruña
31 de marzo de 1844 – 20 de xullo de 1844
Senador de España
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
Grupo étnicoPobo galego Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónemprendedor, político Editar o valor en Wikidata


Juan Menéndez Fuertes, nado na Coruña en 1804 e finado na Coruña o 10 de febreiro de 1852, foi un escravista, empresario e político coruñés.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Juan Menéndez foi fillo de Felipe Menéndez, empresario de orixe asturiana, e a súa muller Teresa Fuertes. Pertencía a unha familia que se lucrarara co tráfico de escravos a Cuba.[1]

Interior dun barco negreiro

En 1823 emigrou a Cuba e consolidou unha gran fortuna grazas á trata tlansatlántica de persoas escravizadas. Na Habana rexistra a sociedade Gómez, Menéndez y Hermanos[2], cuxo obxectivo era a trata de africanos. Freta para África diferentes navíos: Teresa, Tránsito, Coruñés, El Volador, El Vigilante... [3]

Instalouse na Coruña en 1837, onde se converteu na maior fortuna urbana. Orienta a súa actividade comercial cara á novos sectores. Envía emigrantes dende Galicia cara a Cuba, empregando barcos propios ou arrendados. Menéndez e os seus socios cobraban este servizo co traballo do emigrante por un período de cinco anos, respondendo deste compromiso cos bens que este posuía en Galicia.

Ademais diso foi socio dunha fábrica de vidros en Xixón chamada La Industrial. Posteriormente fundou outra fábrica de vidro na Coruña, chamada La Unión de Gijón, Avilés y Coruña.

En 1841 fundou tamén a compañía de seguros marítimos La Integridad. Foi vicepresidente da Xunta de Comercio en 1843 e 1847. Entre o 31 de marzo e o 20 de xullo de 1844 ocupou o cargo de alcalde da Coruña e o de senador vitalicio en 1847.[4]

Tras a súa morte, Menéndez deixou numerosas propiedades en diversos lugares da costa galega. Os seus negocios pasaron a ser coñecidos pola firma Viuda de Menéndez, da que foron apoderados o seu fillo máis vello, Juan Menéndez, e máis Eusebio da Guarda, que acabou casando posteriormente con Modesta Goicouría, a viúva de Menéndez.

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Casou na Habana con Modesta Goicouría, filla de Valentín Goicouría, natural de Bilbao, e de María del Tránsito Cabrera, natural da Habana.

  1. López Morán, Beatriz; Suárez Rodríguez, María de la O. (2023). "Modesta Goicouría y Cabrera, dama del liberalismo coruñés". Cornide: revista do Instituto José Cornide de Estudios Coruñeses (4): 71–122. ISSN 2531-243X. 
  2. "Mapa". España esclavista (en castelán). Consultado o 2025-07-10. 
  3. "A propósito de Eusebio da Guarda e o tráfico de escravizados na Galicia do século XIX". Praza Pública. 2024-06-07. Consultado o 2025-07-10. 
  4. Senado de España, Expediente persoal. "Menéndez Fuertes, Juan". Consultado o 04/09/2020. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]