Manuel Ramírez Rodríguez Trujillo
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 28 de xuño de 1869 A Coruña |
| Morte | 1 de agosto de 1920 Vilafranca do Bierzo |
| 1899 – 1900 ← José Soto González – Luis Argudín Bolívar → | |
| Datos persoais | |
| Grupo étnico | Pobo galego |
| Actividade | |
| Ocupación | político |
| Familia | |
| Pai | Manuel Ramírez Carvajal |
Manuel León Ramírez Rodríguez-Trujillo, nado na Coruña o 28 de xuño de 1869 e finado en Vilafranca do Bierzo o 1 de agosto de 1920, foi un político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou dereito na Universidade de Barcelona. Foi alcalde da Coruña de 1899 a finais de febreiro de 1900, cando presentou a súa dimisión por motivos de saúde. En 1911 foi elixido presidente da Liga de Amigos da Coruña.[1] Finou en Vilafranca do Bierzo o 1 de agosto de 1920.[2]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Fillo de Manuel Ramírez Carvajal e Amalia Rodríguez de Trujillo Peña, que casaron en Manila en 1858. Casou con Dolores R. Losada Rebellón.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Nuestro correo de Galicia". Nova Galicia (en castelán) (358). 19 de febreiro de 1911. p. 3. Consultado o 8 de marzo de 2025.
- ↑ La Voz de Galicia, 3-8-1920, p. 3
| Predecesor: José Soto González |
Alcalde da Coruña 1899 - 1900 |
Sucesor: Luis Argudín Bolívar |