Pedro Sanjurjo
Pedro Sanjurjo | |
---|---|
Nacemento | 14 de febreiro de 1812 |
Lugar de nacemento | Ourense |
Falecemento | 1879 |
Lugar de falecemento | A Coruña |
Nacionalidade | España |
Ocupación | político e xurista |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Pedro Sanjurjo Pérez, nado en Ourense o 14 de febreiro de 1812 e finado na Coruña en 1879, foi un xurista e político galego, conde de Torre Penela.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Foi xuíz de Lugo (1836), oidor da Real Audiencia de La Habana (1849) e maxistrado decano da Audiencia de Manila (1869). Membro do Partido Moderado, foi deputado en Cortes por Ourense (1839-1841, 1844-1846) e polo distrito de Bande (1850-1854, 1857-1858, 1863-1865). Foi nomeado alcalde da Coruña polo Gobernador civil en xaneiro de 1875.[1]
Predecesor: Luis Montanero |
![]() Alcalde da Coruña 1875 |
Sucesor: Bruno Herce Coumes Gay |
Vida persoal[editar | editar a fonte]
Era irmán do tamén deputado Manuel Sanjurjo Pérez. Casou con Clotilde Flórez de Losada Quiroga, e foi pai de María de la Asunción (casada con Eduardo de Torres Taboada), Clotilde (casada con Antonio del Moral López) e o maxistrado e depudato Pedro Sanjurjo Flórez, casado con Pilar Argudín.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ El Ejemplo, 15-1-1875, p. 2.