Juan Montero Telinge

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Juan Montero Telinge
Nacemento 21 de decembro de 1800
  Santiago de Compostela
Falecemento 26 de outubro de 1893
  A Coruña
Nacionalidade España
editar datos en Wikidata ]

Juan Montero Telinge, nado en Santiago de Compostela o 21 de decembro de 1800[1][2] e finado na Coruña o 26 de outubro de 1893, foi un político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Pertenceu á Milicia Nacional e acadou o grao de sarxento. Militou no Partido Liberal[3] e estivo exiliado. Foi alcalde da Coruña no Bienio Progresista (1854-1855) e deputado a Cortes (1869-1871). Foi elixido senador pola provincia da Coruña (1872-1873) e senador vitalicio (1884-1885). Era comerciante na Coruña.

Publicou en 1844 "Rosa y Pascual. Cuento gallego", transcrito como "Rosa e Pascual" por Uxío Carré Aldao en Literatura gallega (1911).[4][5] É un conto en quintillas de literatura popular picaresca inspirada nos mandamentos referentes á libido.[6]


Predecesor:
Juan Flórez
 Escudo de A Coruña.svg
Alcalde da Coruña
 
1854 – 1855
Sucesor:
'

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Couceiro Freijomil e Carballo Calero dan como data de nacemento o 31 de decembro de 1797
  2. Ficha no Congreso dos Deputados
  3. Vilavedra, Dolores (Coord.) (1995). Diccionario da literatura galega I. Galaxia. p. 392. ISBN 84-8288-019-5. 
  4. Instituto da Lingua Galega. Memoria de actividades 2009
  5. Carré Aldao, Eugenio (1911). Literatura Gallega. Editorial Maucci. 
  6. Carballo Calero, Ricardo (1975). Historia da literatura galega contemporánea. Editorial Galaxia. p. 117. ISBN 84-7154-227-7. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]