Dólar estadounidense

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
Dólar estadounidense
US Dollar en inglés
United States penny, obverse, 2002.jpg Dollar11963A.JPG
Moeda de 1 centavo Billete de 1 dólar
Código: USD
Ámbito: Estados Unidos de América Estados Unidos
Outros países americanos: Caribe Neerlandés, Ecuador, O Salvador, Porto Rico, Panamá, Turks e Caicos, Illas Virxes Británicas, Illas Virxes Estadounidenses

Outros países oceánicos: Guam, Illas Marshall, Estados Federados de Micronesia, Illas Marianas do Norte, Palaos, Samoa Americana, Timor Oriental, Territorio Británico do Océano Índico,[1] e no área insular de Estados Unidos

Resto do mundo: Zimbabue
Símbolo: $
Fracción: Cen centavos o cents
Dez dezavos o dimes
Moedas: 1¢, 5¢, 1 dime, ¼$, ½$, $1
Billetes: $1, $2, $5, $10, $20, $50, $100
Emisor: Reserva Federal dos Estados Unidos
Taxa de troco:
15-2-2014
1 EUR = 1,37 USD
Troco actual

O dólar estadounidense (en inglés United States dollar, U.S. dollar ou, simplemente, dollar) é a moeda oficial dos Estados Unidos dende o 6 de xullo de 1785.[2] A Reserva Federal é o órgano encargado da súa emisión. O seu símbolo é $, aínda que o código ISO 4217 para o dólar norteamericano é USD e o Fondo Monetario Internacional utiliza US$ .

O dólar de Estados Unidos tamén é utilizado noutros países como moeda oficial: Ecuador, O Salvador, as Caribe Neerlandés, as illas Turcas e Caicos, as illas Virxes Británicas e Panamá en América, Timor Oriental en Asia, Zimbabwe en África e nas antigas dependencias oceánicas das Illas Marshall, nos Estados Federados de Micronesia e na República das Palaus.

O dólar emprégase como divisa internacional e nas transaccións internacionais de ouro ou petróleo. Dos 700.000 millóns de dólares en circulación en 2004 entre a metade e os dous terzos están fóra dos Estados Unidos.

Orixe do nome[editar | editar a fonte]

O nome do dólar americano procede da moeda española de oito reais, coñecida como dólar, que circulou amplamente nos Estados Unidos durante a Guerra da independencia americana, á súa vez o español tiña a súa orixe nunha moeda de prata centroeuropea coñecida como a thaler en Alemaña, daler en Suecia e tolar na República Checa.

O símbolo do dólar[editar | editar a fonte]

Artigo principal: $.

Existen varias versións sobre a orixe do símbolo $. A que posiblemente é a máis ampliamente aceptada, segundo a Oficina de Gravado e Impresión dos Estados Unidos, é que o mesmo é o resultado da evolución da abreviatura novohispana e española Ps, que abreviaba pesos, piastras, ou pezas da oito. Esta teoría, derivada do estudo de manuscritos dos séculos XVIII e XIX, explica que a s pasou gradualmente a escribirse sobre a P, desenvolvendo un equivalente próximo a $. O símbolo foi ampliamente usado antes da adopción do USD en 1785.[3]

Outra é que o símbolo foi derivado de -ou inspirado por- a marca de ceca da casa da moeda colonial española da cidade. Nela atopábase a mina de Potosí, no actual país de Bolivia. Esta marca de ceca estaba composta das letras PTSI superpostas unha encima doutra, formando un símbolo moi similar ao orixinal símbolo do dólar (o dunha barra vertical: $). Os reais de prata españois (as «pezas da oito») eran de uso común nas colonias inglesas de Norteamérica. Gran parte desas moedas serían acuñadas na mina de Potosí. Estas, ademais, haberían ter un perfil algo elevado, xa que a mina de prata de Potosí supostamente foi a máis grande da historia, tanto que Potosí chegou a ser durante un tempo a cidade máis grande de toda América e a súa fama era mundial naquela época.

Hoxe en día, nalgunhas ocasións, aínda se usa a variante con dúas barras verticais. Esta variante atribúese ás veces á idea de superponer U e S (de United States), pero parece que a mesma xa existía pola época en que a zona era colonia británica. O símbolo sería unha estilización das Columnas de Hércules que aparecían nas moedas acuñadas na Ceca de México, os reais da 8 chamados columnarios. As barras verticais serían as columnas e a S sería a banda coa lenda «Plus ultra» que as envolvía. Un selo con esta forma se estampaba sobre os lingotes de ouro e prata que viaxaban nas flotas de Indias con destino ao Tesouro Real. A versión dunha soa barra é unha simplificación do orixinal de dúas.

Para rematar, a similitude do símbolo do dólar co do sestercio (IIS, I·IS ou HS) podería facer pensar nunha orixe romana. Con todo, nos manuscritos antigos nunca aparece o símbolo do sestercio cos trazos verticais superpostos á letra S.[4]

Moedas e billetes[editar | editar a fonte]

O dólar divídese en 100 cents (¢). Actualmente as fraccións menores ao dólar emítense en moedas que reciben diferentes nomes:

  • penny ou cent: 1¢
  • nickel: 5¢
  • dime: 10¢
  • quarter: 25¢

Tamén hai moedas de 50¢ e 1 dólar, pero non se empregan nas transaccións comerciais. Hai billetes de $1, $5, $10, $20, $50 e $100. Anteriormente tamén houbo billetes de $1.000, $5.000 e $10.000.

Moedas[editar | editar a fonte]

Denominación ($) Rostro Reverso Mostra
$0,01 Abraham Lincoln Escudo da Unión 2010 cent obverse.jpg2010 cent reverse.jpg
$0,05 Thomas Jefferson Monticello Jefferson-Nickel-Unc-Obv.jpg US Nickel Reverse.jpg
$0,10 Franklin D. Roosevelt Facho, rama de carballo e rama de olivo United States dime, obverse, 2002.jpg United States dime, reverse.jpg
$0,25 George Washington Gran Selo dos Estados Unidos
(outras versións)
Washington Quarter 79.PNG COBREcentavosecuador2000-2.png
$0,50 John F. Kennedy Gran Selo dos Estados Unidos
(outra versión)
2005 Half Dollar Obv Unc P.png 2005 Half Dollar Rev Unc P.png
$1,00 Sacajawea
(outra versión)
Aguia
(outra versión)
2003 Sacagawea Rev.png

Billetes[editar | editar a fonte]

Denominación ($) Rostro Mostra
$1 George Washington
United States one dollar bill, obverse.jpg
$2 Thomas Jefferson
US $2 obverse.jpg
$5 Abraham Lincoln
US $5 Series 2006 obverse.jpg
$10 Alexander Hamilton
US10dollarbill-Series 2004A.jpg
$20 Andrew Jackson
US20-front.jpg
$50 Ulysses S. Grant
50 USD Series 2004 Note Front.jpg
$100 Benjamin Franklin
New100front.jpg

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Aceptado xunto coa libra esterlina; segundo The World Factbook e Foreign and Commonwealth Office.
  2. Way and Gideon, ed. (1823). Journals of the American congress: from 1774 to 1788: In four volumes (en inglés). vol.4. p. 675. 
  3. Florian Cajori ([1929]1993). A History of Mathematical Notations (Vol. 2). Nueva York: Dover, 15-29.
  4. Cajori examina as teorías de que o símbolo ten as súas orixes na marca de Potosí, as iniciais «O.S.», as Columnas de Hércules e a antiga abreviatura do sestercio, e descártaas. A History of Mathematical Notations, 15-20.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]