Lingua waray-waray

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Waray - Waray
'Winaray, Samarnon'
Outros nomes:Visaya de Leyte ou Samareño
Falado en: Flag of the Philippines.svg Filipinas
Rexións: Illa Samar (enteira), illa Leyte (nordés) e partes de Biliran e Masbate.
Total de falantes: 2,6 millóns (censo de 2000)
Posición: -
Familia: austronesio
 Linguas malaio-polinesias
  Linguas filipinas
   Linguas mesofilipinas
    Linguas visayas
     Linguas mesovisayas
      Waray - waray
       Waray - Waray
Escrita: Alfabeto latino na súa variante filipina. Historicamente baybayin.
Estatuto oficial
Lingua oficial de: Flag of the Philippines.svg Filipinas (lingua rexional do país).
Regulado por: Komisyon sa Wikang Filipino (Comisión para o Idioma Filipino)
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: war
ISO 639-3: war
SIL: WAR
Waray-Waray language map.png
Escudo das provincias de Leyte e Samar, áreas onde é falada a lingua waray-waray.

A lingua Waray-Waray, Visaya de Leyte ou Samareño é unha lingua que pertence á familia lingüística austranesia, dentro da rama occidental malaio-polinesia e no grupo visayo, escrita en alfabeto latino (antigamente empregábase o alfabeto baybayin). É falada por arredor de tres millóns de persoas nas provincias de Samar, Samar do Norte, Samar Oriental, e en certos lugares de Leyte e Biliran, nas Filipinas. Déuselle o código ISO 639-2 war, pero non ten un código de dúas letras ISO 639-1, para a representación mediante códigos dos nomes das linguas. Debido ao contacto coa lingua española conta con numerosas achegas léxicas do castelán. O nome desta lingua ven da palabra "waray" a cal é frecuentemente escoitada polos non falantes e que significa "ningún", "nada" ou "non". A lingua waray-waray é falada polas persoas waray da illa de Samar, na maior parte de Leyte e nalgunhas zonas da illa de Biliran, mais con variacións dialécticas. Estas son faladas nalgunhas partes de Masbate, particularmente na illa de Ticao, que está próxima da illa de Samar. Entre estas variantes atópanse o Waray-Waray Sorsogon e o Masbate Sorsogon, clasificadas dentro da lingua waray-waray pero chamadas Bisakol porque se asemellan ás linguas Visaya e Bicolano.

Gramática[editar | editar a fonte]

Pronomes[editar | editar a fonte]

  Absolutivo Ergatividade Oblicuo
1ª persoa do singular ako, ak nakon, nak, ko akon, ak
2ª persoa do singular ikaw, ka nimo, nin, mo imo, im
3ª persoa do singular hiya niya iya
1ª persoa do plural inclusivo kita, kit, kirita naton aton, at
1ª persoa do plural exclusivo kami namon amon
2ª persoa do plural kamo, kam niyo iyo
3ª persoa do plural hira nira ira

Os verbos copulativos waray[editar | editar a fonte]

O waray-waray, coma outras linguas filipinas, non ten un equivalente exacto para o verbo copulativo ser. En tagalo, por exemplo, a frase "Siya ay maganda" (Ela é fermosa) ten a palabra ay, que ao contrario da crenza popular, non funciona como un verbo copulativo atributivo predicindo maganda (fermosa), e para o seu suxeito Siya (el ou ela). A función do ay no tagalo é preferiblemente o de marcador de inversión da frase, o que é considerado como unha forma literaria, pouco común no tagalo falado. A mesma frase pode ser dita coma Maganda siya, co mesmo significado.

A lingua waray-waray en comparación ao tagalo pode expresar "Ela é fermosa" coma "Mahosay hiya" ou ben algunhas veces "Mahosay iton hiya" (iton funcionando coma un artigo definido de hiya, ela), pois o waray-waray non ten un verbo copulativo de tempo presente. Coma nas outras linguas filipinas, os atributos son usualmente representados cun predicado inicial e non teñen un verbo copulativo. Coma por exemplo na orde desta frase en galego.

"Este é un can" traducida ao waray:

Ayam ini.

O predicado Ayam (can) é colocado antes do suxeito ini (este); obsérvase que non está presente ningún verbo copulativo. Outro exemplo:

Amo ito an balay han Winaray o Binisaya nga Lineyte-Samarnon nga Wikipedia.
Asya it an balay han Winaray o Binisaya nga Lineyte-Samarnon nga Wikipedia.

En galego: "Esta é a Wikipedia Waray/Leyte-Samar Visayan". O predicado Amo ini está mal traducido como "Este aquí" pero o resto da frase cambia de suxeito, marcada pola partícula an. A palabra amo non é apenas usada en Leyte Waray-Waray. En Samar, asya (este) emprégase coma artigo posesivo .

A pesar do debate en relación co verbo copulativo en waray-waray, hai estruturas gramaticais coma magin (ser), an magin/an magigin (será ou tornará), e an nagin (tornouse) do mesmo xeito que o galego fai uso dos verbos copulativos:

Makuri magin estudyante. ([É] difícil ser un estudante.)
Ako it magigin presidente! (Eu podo ser o presidente!)
Ako an nagin presidente. (Eu volvinme presidente.)

Existencial[editar | editar a fonte]

Waray Talago Galego
may-ada meron/mayroon hai (singular)
wara/waray wala ningún

Modal[editar | editar a fonte]

Waray Talago Galego
puyde/sadangyo maaari/pwede pode
diri puyde hindi maaari/pwede non pode
pahudma pahiram/hiram podo prestar?
pakita-a patingin podo ver?

Palabras interrogativas[editar | editar a fonte]

Waray Talago Galego
hin-o sino quen
kay-ano bakit por que
diin saan onde
kanay kanino cuxo
pa-o-nanho paano como
san-o kailan cando
nano ano o que
Waray Talago Galego
hin-o sino quen
kay-nano bakit por que
diin saan onde
kankanay kanino cuxo
guin-aano/na-ano paano como
san-o kailan quen
nano ano o que

Diverxencias de ortografía[editar | editar a fonte]

Canto á Sanghiran San Binisaya ha Samar ug Leyte (Academia da Lingua Visaya de Samar e Leyte), formulou e recomendou o emprego dunhas determinadas normas ortográficas, pero finalmente nunca chegaron a ser amplamente difundidas e por tanto non hai unha ortografía oficial xeralmente aceptada. En efecto, hai dúas formas de escribir a mesma palabra (polo xeral limitadas só a diferenzas nas vogais), tales coma:

  • diri ou dire ("non")
  • hira ou hier ("a eles")
  • maupay ou mabaysay ("bo")
  • guinhatag ou ginhatag ("deu")
  • direcho ou diritso ("dereito [adiante]")
  • ciudad ou syudad ("cidade")
  • espejo ou espeho ("espello")

Uso[editar | editar a fonte]

O waray-waray é unha das dez linguas rexionais recoñecidas oficialmente nas Filipinas, usada no goberno local e regulada pola Comisión da Lingua Filipina (en waray: Komisyon ha Yinaknan nga Filipino). É falada especialmente na rexión das Visayas Orientais, coma tamén nalgunhas partes de Mindanao, Masbate, Sorsogon e Manila, lugares onde teñen emigrado os waraies. Hai un número pequeno de filipinos fora do país, especialmente nos Estados Unidos, que falan esta lingua. O waray-waray é bastante usado na radio e na televisión. Un bo exemplo é a versión rexional do programa de noticias filipino TV Patrol para Visayas Orientais, da TV Patrol Tacloban, que transmite en waray-waray. Hai tamén unha canle rexional que emite os seus programas en waray-waray, o An Aton Channel operado polo DYVL. Con todo, é raro ver medios impresos nesta lingua xa que moitos dos xornais rexionais publícanse en lingua inglesa. O waray-waray tamén é usado nas celebracións da eucaristía ou en misas da Igrexa Católica na rexión. Tamén hai á venda Biblias publicadas nesta lingua.

Hoxe en día moitos falantes defenden o emprego do waray-waray.

Sons[editar | editar a fonte]

A lingua waray ten dezaseis consoantes: /p, t, k, b, d, ɡ, m, n, ŋ, s, h, w, l, ɾ, j/. E tres vogais principais: a [a], i [ɛ ~ i], e u [o ~ ʊ]. [i ~ ɛ] e [ʊ ~ o].

Os Números[editar | editar a fonte]

Só se empregan os números do un ó dez en waray-waray. De once en diante, a pesar de existiren na lingua nativa, empréganse actualmente só os números en castelán.

Galego Waray-Waray nativo Préstamo do Español
Un Usa Uno
Dous Duha Dos
Tres Tuló Tres
Catro Upat Cuatro
Cinco Limá Cinco
Seis Unom Saiz
Sete Pitó Siete
Oito Waló Ocho
Nove Siyám Nueve
Dez Napúlô Diez
Once (Napúlô kag usá) Onse
Doce (Napúlô kag duhá) Duce
Trece (Napúlô kag tulo) Trece
Catorce (Napúlô kag upat) Katorse
Quince (Napúlô kag lima) Kinse
Dezaseis (Napúlô kag unom) Diez y Saiz
Dezasete (Napúlô kag pito) Diez y Siete
Dezoito (Napúlô kag walo) Diez y Ocho
Dezenove (Napúlô kag siyam) Diez y Nueve
Vinte (Karuhaan) Biente
Trinta (Katloan) Trenta
Corenta (Kap-atan) Kwuarenta
Cincuenta (Kalim-an) Singkwenta
Sesenta (Kaunman) Siesenta
Setenta (Kapitoan) Setenta
Oitenta (Kawaloan) Ochienta
Noventa (Kasiaman) Nobenta
Cen Usa ka Gatus Cien
Mil Usa ka Yukut Mil
Millón Usa ka Ribo Milyon

Algunhas palabras e frases comúns[editar | editar a fonte]

Abaixo algúns exemplos en lingua waray falada no centro de Tacloban e nas súas áreas máis próximas:

  • Bo día (medio día/tarde/noite): Maupay nga aga (udto/kulop/gab-i)
  • Bo día: Maupay nga adlaw
  • Vostede pode entender Waray?: Nakakaintindi/Nasabut ka/Nakaichindi ka hin Winaray? (hin ou hito)
  • Grazas: Salamat
  • Eu ámote: Hinihigugma ko ikaw ou Ginhihigugma ko ikaw ou Pina-ura ta ikaw
  • Non me importa: Baga saho ou Waray ko labot ou baga labot ko
  • De onde é vostede?: Taga diin ka? ou Taga nga-in ka? ou Taga ha-in ka?
  • Canto é isto? : Tag pira ini?
  • Eu non che entendo o que dis: Diri ako nakakaintindi/Nakaichindi ou Di ak Naabat
  • Eu non sei: Diri ako maaram ou Ambot
  • O que: Ano
  • Quen: Hin-o
  • Onde: Hain
  • Cando (futuro): San-o
  • Cando (pretérito): Kakan-o
  • Por que: Kay-ano
  • Como: Gin-aano?
  • Si: Oo
  • Non: Dire ou Diri
  • Alí: Adto ou Didto ou Ngad-to
  • Aquí: Didi ou Nganhi
  • Fronte ou en fronte: Atubang ou Atubangan
  • Noite: Gab-i
  • Día: Adlaw
  • Nada: Waray
  • Bo: Maupay
  • Meniño: Lalaki
  • Meniña: Babayi
  • Gay/home homosexual: Bayot
  • Lesbiana: Tomboi / Lesbyana
  • Quen é vostede?: Hin-o ka?
  • Eu son un amigo: Sangkay ak.
  • Eu estou perdido aquí: Nawawara ak didi.
  • Talvez: Kunta ou Bangin
  • Como está vostede: Kumusta ou Kumusta ka

Outras palabras comúns[editar | editar a fonte]

  • Fermoso: Mahusay
  • Feo: Mapurot / Maraksut
  • Mesa: Lamesa
  • Coller: Kutsara
  • Garfo: Tinidor
  • Abrir, aberto: Abre / Abrido
  • Abridor (de latas): Abridor / Kankiri

Termos técnicos[editar | editar a fonte]

  • Aceiro: Puthaw
  • Coche: Awto / Sarakyan / Kotchi
  • Avión: Edro / Eroplano
  • Aeroporto: Paluparan / Erport

Termos astronómicos[editar | editar a fonte]

  • Terra: Kalibutan
  • Lúa: Bulan. Indonesio: Bulan
  • Sol: Sudang
  • Estrela: Bituon. Indonesio: Bintang

Termos naturais[editar | editar a fonte]

  • Vento: Hangin. Indonesio: Angin
  • Fogo: Kalayo
  • Terra: Tuna. Indonesio: Tanah
  • Auga: Tubig
  • Natureza: Libong
  • Montaña: Bukid. Indonesio: Bukit
  • Cascadas: Bbangon
  • Mar: Dagat
  • Alta mar: Llawud
  • Océano: Kalawdan. Indonesio: Laut i.e. ka-laut-an
  • Illa: Puro / Isla. Indonesio: Pulau
  • Arquipélago: Kapuruan. Indonesio: Kepulauan
  • Río: Salug / Tubig
  • Lago: Danaw. Indonesio: Danau

Recunchos da casa[editar | editar a fonte]

  • Casa: Balay
  • Salón: Kwarto / Sulod
  • Cuarto: Sulod-katurugan
  • Cociña: Kusina
  • Cociña ao aire libre: Abuhan
  • Comedor: Kaunan
  • Ducha: Kubeta / Kasilyas / Karigu-an
  • Sala de estar: Sala

Membros da familia[editar | editar a fonte]

  • Pais: Tigurang / Kag-anak
  • Pai: Amay / Tatay / Papa
  • Nai: Iroy / Nanay / Mama
  • Fillo / Filla: Anak
  • Irmán: Bugto nga lalaki
  • Irmá: Bugto nga babayi
  • Avós: Apoy / Lolo (home) / Lola (muller)
  • Primo: Patod
  • Sobriño / Sobriña: Umangkon
  • Xenro / Xenra: Umagad
  • Cuñado / Cuñada: Bayaw (home) / Hipag (muller)
  • Sogro / Sogra: Ugangan

Palabras de moda[editar | editar a fonte]

  • Pantalóns texanos: Saruwal
  • Roupa: Bado / Duros
  • Cinto: Paha

Comida[editar | editar a fonte]

  • Pan: Tinapay
  • Arroz: Kan-on / Luto
  • Costeleta: Sura
  • Café: Kape
  • Vinagre: Suoy
  • Salsa: Toyo

Animais[editar | editar a fonte]

  • Can: Ayam / Inu / Ido
  • Gato: Uding / Misai
  • Rato: Yatut
  • Crocodilo: Buaya
  • Paxaro: Tamsi
  • Cobra: Halas
  • Búfalo : Karabaw
  • Caranguexo: Masag
  • Langosta: Tapusok
  • Cabra: Kanding
  • Cabalo: Kabayo
  • Porco: Baboy

Préstamos no waray-waray[editar | editar a fonte]

Palabras comúns en waray-waray, a súa orixe estranxeira e significado en galego[editar | editar a fonte]

Español[editar | editar a fonte]
  • Abandonada (español: Abandonado/a): abandonado
  • Abaniko (español: Abanico): abano
  • Abriha (español: Abrir, Filipino: Abrihin): abrir
  • Abrelata (español: Abrelatas): abridor de latas
  • Abril (español: Abril): abril
  • Abogado (español: Abogado): avogado
  • Aborido (español: Aburrido): aburrido (usado en tagalo como 'ansioso, confuso')
  • Akasya (español: Acacia): acacia
  • Aksidente (español: Accidente): accidente
  • Adurnuha (español: Adornar, Filipino: Adurnuhan): decorar
  • Agrabiyado (español: Agraviado): agraviado
  • Aginaldo (español: Aguinaldo): regalo de Nadal
  • Agosto (español: Agosto): agosto
  • Ahensiya (español Agencia): axencia
  • Ahente (español: Agente): axente
  • Alahas (español: Alhaja): alfaia, xoia
  • Alambre (español Alambre): arame, fío
  • Alkansiya (español: Alcancía): cofre
  • Alpilir (español: Alfiler): alfinete
  • Alsaha (español: Alzar, Filipino: Alsahin) alzar
  • Ambisyoso (español: Ambicioso): ambicioso
  • Ambisyon (español: Ambición): ambición
  • Arbularyo (español: Herbolario): herboristería
  • Arina (español: Harina): fariña
  • Arkitekto (español: Arquitecto): arquitecto
  • Armado (español: Armado): armado
  • Arnibal (español: Almíbar): almibre, xarope
  • Artista (español: Artista): artista (usado coma 'actor/actriz')
  • Ariyos (español: Arreos): atavío
  • Asintado (español: Asentado): asentado
  • Asero (español: Acero): aceiro
  • Asno (español: Asno): asno
  • Asoge (español: Azogue): azougue, mercurio
  • Asosasyon (español: Asociación): asociación
  • Asukar (español: Azúcar): azucre
  • Asul (español: Azul): azul
  • Asyatiko (español: Asiatico): asiático
  • Intyendeha (español: Atender): atender
  • Atrasado (español: Atrasado): marca mal a hora do reloxo , para atrás (usado coma 'máis tarde')
  • Ayuda (español: Ayudar, Filipino: Ayudahan): axudar
  • Banyo/Kasilyas (español: Baño): bañeira
  • Baraha (español: Baraja): baralla
  • Baratilyo (español: Baratillo): mercado barateiro
  • Barato (español: Barato): barato
  • Barbero (español: Barbero): barbeiro
  • Barbula (español: Válvula): válvula
  • Bareta (español: Bar): bar
  • Bagahe (español: Bagaje): bagaxe
  • Baho (español: Vaho): vapor (usado en waray-waray coma 'mal cheiro')
  • Bintana (español: Ventana): fiestra
  • Bintilador (español: Ventilador): ventilador
  • Birhen (españo: Virgen): virxe
  • Bisagra (español: Bisagra): bisagra
  • Bisikleta (español: Bicicleta): bicicleta
  • Bisitaha (español: Visitar): visitar
  • Botika/Botica/Parmasya/Farmacia: farmacia
  • Conbensido (españoll: Convencido): convencido
  • Demanda (español: Demanda): demanda
  • Demokrasiya (español: Democracia): democracia
  • Demonyo (español: Demonio): demonio, demo, espírito maligno
  • Dentista (español: Dentista): dentista
  • Departamento (español: Departamento): departamento, escritorio
  • Depensa (español: Defensa): defensa
  • Deposito (español: Depósito): encher (o tanque de combustible), depositar (diñeiro)
  • Desisyon (español: Decisión): decisión
  • Diyos/a (español: Dios/a): deus/deusa
  • Doble (español: Doble): dobre, duplo
  • Doktor/a (español: Doctor/a): doutor/a, médico/a
  • Don (español: Don): señor (usado en waray-waray para nomear un home rico)
  • Donya (español: Doña): señora (usado para nomear unha muller rica)
  • Dos (español: Dos): dous
  • Dose (español: Doce): doce
  • Dosena (español: Docena): ducia
  • Drama (español: Drama): drama
  • Droga (español: Droga): droga
  • Hugador (español: Jugador): xogo (usado en waray-waray coma 'apostador')
  • Huygo (español: Juego): xogo (usado coma 'aposta')
  • Kabayo (español: Caballo): cabalo
  • Karsonsilyo/Carsoncillo (español: Calzoncillo): calzóns (usado coma 'pantalóns curtos')
  • Marigoso (español: Amargoso): amargo
  • Padi (español: Padre): pai (usado coma título para un sacerdote Católico Romano)
Portugués[editar | editar a fonte]
  • Porta: Porta (porta)
  • Morto: Morto (fantasma)
Nahuatl[editar | editar a fonte]
  • Achuete (Nahuatl: Achiotl; Español mexicano: Achiote): sementes de anato (Bixa orellana) de cor avermellada
  • Kakao/Kakaw (Cacao) (Nahuatl: Cacahuatl): cacao
  • Sayote (Nahuatl: Chayotli; Español mexicano: Chayote): un cabazo mexicano
  • Tiyangge (Nahuatl: Tianquiztli; Español mexicano: Tianguis): unha feira
  • Tsokolate (Nahuatl: Xocolatl): chocolate
Chinés[editar | editar a fonte]
  • Bakya (Chinés Fukien, orixe chinés: 木屐): sandalias de madeira
  • Bihon: vermicelli (feito de fariña de arroz, orixe chinés: 米粉)
  • Bitsin (Chinés Fukien: Bi chhin, orixe chinés: 味精): glutamato monosódico
  • Jueteng (Chinés Fukien): xogo de números ilegal
  • Lumpia (Chinés Fukien, orixe chinés: 潤餅): roliño de primavera
Inglés[editar | editar a fonte]
  • Basket: basket (cesto)
  • Basketbol: basketball (baloncesto)
  • Basketbolan: cancha de baloncesto
  • Baysikol: bicycle (bicicleta)
  • Bilib: believe, envy (crer, dar envexa)
  • Bilyar: billiard (billar)
  • Bilyaran: billiard hall (salón de billar)
  • Chiki: check (verificar)
  • Dyip: jeep (coche todoterreo)
  • Elementarya: elementary (educación básica)
  • Ekonomiks: economics (economía)
  • Eksport: export (exportar)
  • Ekspres: express (expreso)
  • Erkon: air con (aire acondicionado)
  • Grado: grade (grao)
  • Groseri: grocery (froitaría)
  • Hayskul: High School (escola)
  • Iskor: score (puntuación)
  • Iskrin: screen (tea)
  • Ispiker: speaker (falante)
  • Keyk: cake (torta)
  • Kostumer/Kustomer: customer (cliente)
  • Kompyuter: computer (ordenador)
  • Kondisyoner: conditioner (acondicionador)
  • Kontrol: control (control)
  • Krim: cream (crema)
  • Kukis: cookies (biscoito)
  • Lider: leader (líder)
  • Losyon: lotion (loción)
  • Manedyer: manager (xerente)
  • Masol: muscle (músculo)
  • Makroekonomiks: macroeconomics (macroeconomía)
  • Maikroekonomiks: microeconomics (microeconomía)
  • Isparkol: sparkle (brillar)
  • Traysikol: tricycle (triciclo)
  • Pidikab: pedicab (triciclo)
Cebuano[editar | editar a fonte]
  • Bana (cebuano: Bana): marido
Persa[editar | editar a fonte]
  • Saruwal (Persa: Sarwal): jeans, pantalóns texanos

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Dictionary English Waray-Waray/Tagalog (2005) by Tomas A. Abuyen, National Book Store, 494 pp., ISBN 9710865293.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]