Caza-recolección
Coñécese como caza-recolección o sistema económico do paleolítico e mesolítico, practicado aínda por algúns pobos. A caza-recolección foi a primeira adaptación da humanidade que levou a cabo con éxito, ocupando polo menos o 90% da historia da humanidade.[1]
Soamente algunhas sociedades contemporáneas foron clasificadas como sociedades cazadoras-recolectoras, e complementan a súa actividade coa horticultura e o coidado dos animais.[2]
Historia[editar | editar a fonte]
A especie humana, dende a súa existencia hai cinco millóns de anos até hai dez mil anos, sobrevivía mediante a caza e a recolección. Aproximadamente unha trintena de individuos, unidos polo parentesco, cazaban ruminantes e colleitaban froitos e sementes silvestres. Este sistema non se diferencia da forma de vida doutras especies de mamíferos depredadores.
Neses cinco millóns de anos, a característica principal foi o aumento do volume do cerebro, é dicir, que a capacidade de almacenar e transmitir foron necesarias para a supervivencia; sobrevivían os humanos con maior cerebro, que eran os que organizaban grupos para cazar, os que informaban dalgún perigo e os que deseñaban estratexias ofensivas ou defensivas. Dita capacidade de comprensión e comunicación sobreviviu até a organización da sociedade e economía actual.