Galeón de Manila

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Gravado dun galeón español.

O galeón de Manila, galeón de Manila-Acapulco ou galeón de Acapulco, era o nome co que eran coñecidas as naves españolas que cruzaban o océano Pacífico unha ou dúas veces por ano, establecendo a ruta marítima entre Manila (Filipinas) e os portos de Nova España (hoxe México), principalmente Acapulco, e cuxas mercancías eran despois transportadas por terra desde Acapulco a Veracruz e que, posteriormente, eran reembarcadas de Veracruz ás cidades españolas de Sevilla e Cádiz. O nome do galeón variaba segundo fose a cidade de destino.[1]

Historia e características[editar | editar a fonte]

O servizo foi inaugurado en 1565 co descubrimento da ruta oceánica polo cosmógrafo español Andrés de Urdaneta nunha viaxe de regreso no que descubriu a corrente de Kuroshio, e continuou ata 1815 cando a Guerra de Independencia de México puxo final permanente á ruta comercial do galeón. O primeiro navío partiu en 1565 desde Filipinas rumbo a Acapulco, inaugurando desta forma a ruta comercial. Os barcos saían de Acapulco, dirixíndose ás Filipinas con escala en Guam e volvendo tras dar un rodeo ao norte co fin de seguir a citada corrente de Kuroshio. Os barcos que partían de Veracruz ían xeralmente cargados de mercancías de Oriente procedentes dos centros comerciais das Filipinas, máis os metais preciosos e recursos naturais de México, Centroamérica e o Caribe.

Case 50 anos logo da morte de Cristovo Colón, os galeóns de Manila finalmente cumpriron o seu soño de navegar rumbo ao oeste para chegar a Asia a fin de beneficiarse do rico comercio co océano Índico.

Colonización e conquista das Filipinas[editar | editar a fonte]

Nao Victoria, coa que Fernão de Magalhães chegou as Filipinas.
Ruta de Legazpi no arquipelago filipino.

Na época vicerreinal de 1521, o navegante Fernão de Magalhães ao servizo de España chegou ao arquipélago filipino e tomou posesión xurídica das illas, baixo o trono español, pero sen deixar un só soldado ou español calquera nas illas que valese a colonización de España. Aínda que se sabía que os indíxenas eran sumamente dóciles e ademais queríase arrebatar o poder de Portugal nas Indias Orientais, Hernán Cortés enviou tres barcos rumbo a Asia, que partiron de Zihuatanejo en 1527. No camiño dous deles naufragaron, e o terceiro chegou, pero non regresou por non atopar a corrente de retorno. Despois en 1541, Ruy López de Villalobos foi enviado polo vicerrei Antonio de Mendoza para encabezar unha expedición cara ás Indias Orientais en busca de novas rutas comerciais. A súa expedición partiu de Porto de Nadal en 1542 a bordo de catro carabelas.

En 1543 a flota tocou a costa sur da illa de Luzón (Filipinas), onde exploraron a costa e fixeron contacto cos dóciles indíxenas malaios. De alí partiron máis ao oriente ata alcanzar a illa de Leyte e nomeáronas "As Illas Filipinas" en honra ao rei Filipe II. A causa da fame e dun navío que se arruinou por un accidente de navegación, a expedición foi desastrosa e tivéron que ir a buscar refuxio nas Molucas, de dominio portugués, e logo dalgunhas escaramuzas foron tomados presos. Villalobos morreu preso en 1544 na illa de Ambón. O resto da tripulación conseguiu escapar e regresar a Nova España, onde contaron as historias ao vicerrei, e así considerouse parte de Nova España a Capitanía Xeral das Filipinas.

O intento de colonización de Filipinas non terminou aí. O Vicerrei Luís de Velasco encargou a Miguel López de Legazpi facerse á mar nunha nova expedición. Partiu de Porto de Nadal, Nova Galicia (actualmente Jalisco), o 21 de novembro de 1564 e na viaxe conquistou Guam, as Illas de Saavedra (Illas Marshall) e as Illas Marianas (escalando aí), e tocou Samar o 27 de abril de 1565. Hábilmente, López de Legazpi evitou hostilizar aos moradores das illas, que se dicía que ensinaban nin máis por máis as vergoñas ao aire, e non atopou resistencia para exploralas.

Pola escaseza de produtos, Legazpi viuse forzado a trasladarse de illa en illa e expandiu os dominios alí. O movemento foi fácil xa que nas illas, do mesmo xeito que en México, os clans estaban enfrontados e Legazpi logrou establecer facilmente lazos de amizade que lle permitiron moverse de illa en illa, levantando ao pouco os primeiros asentamentos españois: a Vila do Santísimo Nome de Xesús e Vila de San Miguel.

Descubrimento da ruta[editar | editar a fonte]

Andrés de Urdaneta.

O galeón de Manila-Acapulco comezou cando Andrés de Urdaneta, navegando nun convoi comandado por Miguel López de Legazpi, descubriu unha ruta de regreso desde a cidade de Cebú a México en 1565. Intentando regresar á flota, algúns dividironse en dirección sur. Urdaneta razoou que os ventos alisios do Pacífico poderían moverse nun bucle como facían os ventos do Atlántico. Se no Atlántico os barcos daban unha volta ampla (a Volta Do Mar) cara ao oeste para recoller os ventos que os levaban de volta de Madeira, entón, pensou, navegando máis cara ao norte antes de dirixirse ao leste ía recoller os ventos alisios que o levarían de volta á costa oeste de América do Norte. Aínda que se embarcou a 38 graos Norte antes de virar cara ao leste, a súa corazonada deu os seus froitos, e alcanzou a costa cerca do cabo Mendocino, na actual California, e logo seguiu a costa cara o sur, ata San Blas e logo a Acapulco.[2]A maior parte da súa tripulación morreu na primeira viaxe longa, xa que non levaban provisións suficientes.

No século XVIII comprendeuse que unha ruta menos ao norte era tamén suficiente, pero os navegantes do galeón tiñan ben clara a prohibición de ir, por accidentada, cara a costa de California por se quedaban inmobilizados pola néboa. Segundo o historiador William Lytle Schurz:

Polo xeral, dirigianse a terra cando caía a costa, nalgún lugar entre punta Concepción e Cabo San Lucas... Logo de todo, eran fundamentalmente barcos mercantes, e o negocio da exploración caía fóra do seu campo, aínda que as oportunidades de descubrimentos fosen benvidas.(tradución))
They generally made their landfall well down the coast, somewhere between Point Conception and Cape San Lucas... After all, these were preeminently merchant ships, and the business of exploration lay outside their field, though chance discoveries were welcomed.
William Lytle Schurz: Texto orixinal do ingles[3]

A primeira motivación para a exploración da Alta California foi atopar posibles escalas para os galeóns de Manila desgastados polo mar na última etapa da súa viaxe. As primeiras propostas chegaron ao pouco, pero a finais do século XVIII varios dos galeóns de Manila facían escala en Monterrey.

Os viaxes eran longos e duros e moita xente morría neles, vítimas do escorbuto ou do fame. Había ocasións nas que se pagaban enormes sumas de diñeiro pola carne fresca das ratas que pululaban nas adegas. A isto había que sumarlle o perigo das incursións de piratas, aínda que, tendo en conta que nos máis de 250 anos que durou esta ruta comercial só foron atrapados catro galeóns, pódese dicir que o problema da piratería era bastante secundario. Outros problemas eran os temporais e a calma chicha, xa que ao non haber vento era imposible que os galeóns avanzasen.

Comercio de especias[editar | editar a fonte]

A ruta comercial Manila-Acapulco iniciouse en 1568 (amarelo) e a ruta comercial rival portuguesa do leste (verde) desde 1479-1640 (o mapa reflexa só en esquema, sen precisión, as rutas de navegación seguidas polos barcos).

O comercio serviu como fonte fundamental de ingresos nos negocios dos colonos españois que vivían nas illas Filipinas. Un total de 110 galeóns de Manila fixéronse ao mar nos 250 anos do galeón de Manila-Acapulco (1565 a 1815). Ata 1593, tres ou máis barcos partían ao ano de cada porto. O comercio de Manila chegouse a converter en algo tan lucrativo que os comerciantes de Sevilla elevaron ao rei Filipe II unha queixa sobre as súas perdas, e conseguiron, en 1593, unha lei que establecio un límite de só dous barcos navegando cada ano partindo de calquera dos portos, quedando un en reserva en Acapulco e outro en Manila. Tamèn admitiose unha escolta armada.

Con tales limitacións era fundamental construír o galeón o máis grande posible, chegando a ser, dos coñecidos, a clase de barcos construídos máis grande en calquera lugar ata ese momento.[4] No século XVI, tiñan de media de 1.700 a 2.000 toneladas, e eran construídos con madeiras de Filipinas e podían levar a un milleiro de pasaxeiros. O Concepción, que naufragou en 1638, tiña unha eslora de 43 a 49 m (140-160 pés) e desprazaba unhas 2.000 toneladas. O Santísima Trinidad tiña 51,50 m de eslora (longo), 15,2 de manga (ancho), e desprazaba unhas 2.000 toneladas cunha tripulación de 413 homes. A maioría dos barcos foron construídos nas Filipinas e só oito en México. O galeón de Manila-Acapulco terminou cando México conseguiu a súa independencia de España en 1821, despois de que a coroa española tomase o control directo das Filipinas. (Isto foi posible a mediados dos anos 1800 coa invención dos barcos a vapor e a apertura do canle de Suez, que reduciu o tempo de viaxe de España ás Filipinas a 40 días.)

Os galeóns levaban especias (pementa, cravo e canela), porcelana, marfil, laca e elaboradas teas (tafetans, sedas, veludo, raso), recollidas tanto das illas das Especias como da costa asiática do Pacífico, mercancías que se vendían nos mercados europeos.Tamén levaban artesanía chinesa, biombos xaponeses, abanicos, espadas xaponesas, alfombras persas, floreiros da dinastía Ming e unha infinidade de produtos máis. Asia oriental comerciaba principalmente cun estándar de prata, e os bens eran comprados principalmente coa prata mexicana. Os cargamentos foron transportados por terra a través de México ata o porto de Veracruz, no golfo de México, onde foron reembarcados na flota de Indias con destino a España. Esta ruta foi a alternativa de viaxe cara ao oeste polo océano Índico, e ao redor do cabo de Boa Esperanza, que estaba reservada a Portugal de acordo co tratado de Tordesillas. Tamén evitaba a escala nos portos controlados polos poderes da competencia, como Portugal e os Países Baixos. Desde os primeiros días da exploración, os españois sabían que o continente americano era moito máis estreito a través do istmo de Panamá que a través de México. Tratouse de establecer un cruzamento regular por terra alí, pero a espesa selva, e a malaria fixérono imposible.

Tardábase catro meses cruzar o océano Pacífico entre Manila e Acapulco e os galeóns eran o principal vínculo entre as Filipinas e a capital do vice-reino na Cidade de México e desde alí coa mesma España. Moitos dos chamados «kastilas» ou españois en Filipinas eran en realidade de orixe mexicana, e a cultura hispana de Filipinas está bastante próxima á cultura mexicana.[5] Así que cando México finalmente obtivo a súa independencia os dous países continuaron o comercio, fóra dun breve período de calma durante a guerra Hispano-Estadounidense. Os galeóns de Manila navegaron no Pacífico durante case tres séculos, proporcionando a España os seus cargamentos de artigos de luxo, beneficios económicos e intercambio cultural.


Os naufraxios dos galeóns de Manila son lendas seguidas soamente polos naufraxios dos galeóns no Caribe. En 1568, o propio barco de Miguel López de Legazpi, o San Pablo (300 toneladas), foi o primeiro galeón de Manila en ser destruído no camiño a México.

Hawai[editar | editar a fonte]

O océano Pacífico co Mauna Kea destacado.

Durante 200 anos, centos de galeóns de Manila viaxaron desde o actual México ás Filipinas, coa súa ruta discorrendo ao sur das illas hawaianas. E, con todo non hai rexistros históricos sobre que houbese calquera tipo de contacto entre ambas as culturas. Historiadores británicos como Henry Kamen sostén que os españois non tiñan a capacidade de explorar adecuadamente o océano Pacífico, e que non foron capaces de atopar as illas, que estaban a unha latitude 20° ao norte da ruta dos galeóns e as súas correntes.[6] Con todo, hai dúbidas sobre se os exploradores accidentalmente chegaron ás illas de Hawai dous séculos antes da primeira visita do capitán James Cook en 1778. Ruy López de Villalobos comandou unha flota de seis barcos que partiu de Acapulco en 1542 cun mariño español chamado Juan Gaetano a bordo como piloto. Dependendo da interpretación, os informes de Gaetano parecen describir o descubrimento de Hawai ou das illas Marshall en 1555.[7] Se se tratase de Hawai, Gaetano sería un dos primeiros europeos que chegaron ás illas. A maioría dos estudiosos rexeitaron estes argumentos por carecer de credibilidade.[8][9]

Logo de 1565, a nova ruta de Andrés de Urdaneta permitiu aos galeóns de Manila navegar regularmente entre México e Filipinas. Estas rutas mantivéronse en segredo para protexer aos barcos españois dos piratas ingleses e neerlandeses. Debido ao segredo español, se os españois atoparon Hawai durante as súas viaxes, non publicaron os seus resultados e o descubrimento permanecería descoñecido. Do relato de Gaetano, as illas de Hawai non se sabe que teñen ouro nin prata para que o español ignoraría a súa existencia. Os arquivos españois supostamente conteñen unha carta mariña que mostra illas na latitude de Hawai, pero cunha lonxitude de dez graos ao leste do arquipélago. Nese manuscrito, a illa de Maui é chamada «A Desgradiada», e o que parece ser a illa de Hawaii é chamada «A Mesa». Illas parecidas a Kahoolawe, Lanai e Molokai denomínanse «Os Monxes».[10]

William Ellis, un escritor e misioneiro no século XIX de Hawaii, rexistrou varios contos populares sobre estranxeiros que visitarían Hawai antes do primeiro contacto con Cook. Segundo o escritor hawaiano Herb Kawainui Kane, unha destas historias:

(...) afectaba a sete estranxeiros que desembarcaron oito xeracións anteriores na bahia Kealakekua nun barco pintado cun toldo ou dosel sobre a popa. Ían vestidos con pezas de vestir de branco e amarelo, e un levaba unha espada ao carón e unha pluma no chapeu. Ao desembarcar, arrodillouse en oración. Os hawaianos, máis útiles cos máis indefensos, recibíronos amablemente. Os estranxeiros en última instancia casaron coas familias dos xefes, pero os seus nomes non puideron ser incluídos nas xenealoxías
traducido do ingles.
(...) concerned seven foreigners who landed eight generations earlier at Kealakekua Bay in a painted boat with an awning or canopy over the stern. They were dressed in clothing of white and yellow, and one wore a sword at his side and a feather in his hat. On landing, they kneeled down in prayer. The Hawaiians, most helpful to those who were most helpless, received them kindly. The strangers ultimately married into the families of chiefs, but their names could not be included in genealogies.
Herb Kawainui Kane orixinal en ingles.[7]

Continúa o debate sobre se as illas Hawai foron realmente visitadas polos españois no século XVI,[11] con algúns investigadores, como Richard W. Rogers, en busca de evidencias de restos de naufraxios españois.[12][13]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Williams, Glyn. 1999. The Prize of All the Oceans. Viking, New York. ISBN 0-670-89197-5, pax. 4.
  2. Derek Hayes (2001). Historical atlas of the North Pacific Ocean: maps of discovery and scientific exploration, 1500-2000. Douglas & McIntyre. ISBN 9781550548655. http://books.google.com/books?id=0Z26YL407SkC&pg=PA152&lpg=PA152&dq=sailing+historic+use+of+trade+winds+book&source=bl&ots=wne5PBr4ZE&sig=TWluAxcmcc9C78mDygkZ28oqeqA&hl=en&ei=TRf3SpaNL4LO8Qbk1-3zCQ&sa=X&oi=book_result&ct=result&resnum=6&ved=0CBYQ6AEwBTgU#v=onepage&q=&f=false. Consultado o 2009-11-08. 
  3. Schurz 1917, pag. 107-08.
  4. Ver na wikipedia en inglés en:Treasure Ship para os barcos chineses que poderían ser máis grande.
  5. Véxase, por exemplo, a observación de O Día dos Mortos.
  6. Kamen, Henry (2004). Empire: How Spain Became a World Power, 1492-1763. ISBN 0060932643. 
  7. 7,0 7,1 Kane, Herb Kawainui (1996). "The Manila Galleons". Hawai Chronicles: Island History from the Pages of Honolulu Magazine. I. Honolulu: Bob Dye. pp. 25-32. ISBN 0-8248-1829-6. 
  8. By Oliver, Douglas L. (1989). The Pacific Islands. University of Hawaii Press. p. 45. ISBN 0-8248-1233-6
  9. Coulter, John Wesley. (Jun, 1964) "Great Britain in Hawaii: The Captain Cook Monument". The Geographical Journal, Vol. 130, Non. 2. doi:10.2307/1794586
  10. Hawaii National Park. (June 1959). "Hawaii Nature Notes". The Publication of the Naturalist Division, Hawaii National Park, and the Hawaii Natural History Association.
  11. Horwitz, Tony. (2003). Blue Latitudes: Boldly Going Where Captain Cook Has Gone Before. p.452. ISBN 03124226.
  12. Rogers, Richard W. (1999). Shipwrecks of Hawaii: A Maritime History of the Big Island. Pilialoha Press."Perhaps the leading authority on Hawaiian shipwrecks today", writes Peter von Buol, referring to Richard W.
  13. Rogers in the Fall 2006, Vol. 38, Non. 3 número de Prologue]], publicado polo NARA.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Galleon

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]