Organización Hidrográfica Internacional
| Organización Hidrográfica Internacional | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
|
Instancia de
| |||||||
| Persoas e organizacións | |||||||
|
Director/a
| |||||||
|
En sociedade con
| |||||||
| Datas | |||||||
| |||||||
| Localización | |||||||
| |||||||
| Identificadores | |||||||
| |||||||
| Fontes e ligazóns | |||||||
| |||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||
A Organización Hidrográfica Internacional (en inglés International Hydrographic Organization, en francés Organisation hydrographique internationale) é unha organización intergobernamental consultiva e técnica de hidrografía, establecida por un acordo asinado en Mónaco o 3 de maio de 1967 que entrou en vigor en 1970.
A OHI concreta unha cooperación iniciada a comezos do século XX entre os Estados que dispoñían de capacidade para realizar levantamentos hidrográficos e de publicar as súas propias cartas mariñas. No 2006, a Organización Hidrográfica Internacional con sede central en Mónaco, estaba composta por 77 membros.
Obxectivos
[editar | editar a fonte]É o organismo coordinador dos Servizos Hidrográficos, oficialmente acreditados polos seus respectivos gobernos e os seus obxectivos son:
- Coordinar as actividades das Oficinas Hidrográficas Estatais.
- Lograr estandarización nas publicacións cartográficas e náuticas en xeral.
- Adoptar métodos fiables e eficientes para o procedemento de levantamentos hidrográficos.
- Promover o desenvolvemento das ciencias no eido da hidrografía e das técnicas usadas na oceanografía física.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Organización Hidrográfica Internacional |