Asociación de Nacións do Sueste Asiático
Asociación de Nacións do Sueste Asiático (ANSA) Association of Southeast Asian Nations (ASEAN) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| ||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
A Asociación de Nacións do Sueste Asiático (ANSA, tamén coñecido como ASEAN polas súas siglas en inglés) é unha organización de países do sueste de Asia, fundouse o 8 de agosto de 1967 co propósito de fomentar a cooperación e asistencia entre os membros. En novembro de cada ano os países membros celebran unha xuntanza. O seu secretario permanente está en Iacarta.
Os membros fundadores foron Indonesia, Malaisia, Filipinas, Singapur e Tailandia. Posteriormente uníronselles Brunei (1984), Vietnam (1995), Laos (1997) Myanmar (1997) e Camboxa (1999). Papúa Nova Guinea ten status de observador.
Historia[editar | editar a fonte]
Fundación[editar | editar a fonte]
A ASEAN foi precedida por unha organización que se formou o 31 de xullo de 1961 chamada Asociación de Asia Suroriental (ASA), grupo consistente en Tailandia, as Filipinas e a Federación Malaia. A propia ASEAN creouse o 8 de agosto de 1967, cando os ministros de asuntos exteriores de cinco países (Indonesia, Malaisia, as Filipinas, Singapur e Tailandia, asinaron a Declaración da ASEAN.
A creación da ASEAN estaba motivada por un medo común ao comunismo.[2] O grupo acadou gran cohesión a mediados da década de 1970 tras un cambio no equilibrio de poder despois do final da guerra de Vietnam en 1975. O dinámico crecemento económico da rexión durante esa década fortaleceu a organización, permitindo que adoptar unha resposta única á invasión vietnamita de Camboxa en 1979. O primeiro cumio da ASEAN celebrouse en Bali en 1976 e resultou nun acordo sobre varios proxectos industriais e a sinatura dun Tratado de Amizade e Cooperación e dunha Declaración de Concordia. O final da guerra fría permitiu aos estados membros exercer maior independencia política na rexión, e na década de 1990 a organización emerxeu como unha voz líder en asuntos comerciais e de seguridade na rexión.[3]
Expansión[editar | editar a fonte]
O 7 de xaneiro de 1984, Brunei converteuse no sexto membro da ASEAN[4] e o 28 de xullo de 1995, Vietnam uniuse como o sétimo.[5] Laos e Myanmar uníronse dous anos despois, o 23 de xullo de 1997.[6] Camboxa ía incorporarse ao mesmo tempo que Laos e Myanmar, mais unha loita política interna retardou o seu ingreso ata o 30 de abril de 1999 trala estabilización do seu goberno.[6][7]
En 2006, a ASEAN recibiu o status de observador na Asemblea Xeral da Organización das Nacións Unidas.[8] Como resposta, a organización outorgou o status de "socio de diálogo" á ONU.[9]
O 15 de decembro de 2008, os estados membro reuníronse en Iacarta para lanzar unha carta, asinada en novembro de 2007, para achegarse a "unha comunidade ao estilo da Unión Europea".[10]
Obxectivos[editar | editar a fonte]
Tal e como se recolle na Declaración da ASEAN, a finalidade e obxectivos da asociación son:[11][12]
- Acelerar o crecemento económico, o progreso social e o desenvolvemento cultural na rexión.
- Promover a paz rexional e a estabilidade.
- Promover a colaboración e a axuda mutua en asuntos de interese común.
- Proporcionarse axuda uns aos outros en forma de facilidades de investigación e formación.
- Colaborar para un mellor emprego da agricultura e a industria para aumentar o nivel de vida das persoas.
- Promover estudos do Sueste Asiático.
- Manter unha cooperación próxima e beneficiosa con organizacións internacionais con finalidades e obxectivos semellantes.[13]
Estados membros[editar | editar a fonte]

Membros fundadores:
Membros adheridos con posterioridade:
País | Capital | Superficie (en km²) | Poboación (2015) | Densidade | |
---|---|---|---|---|---|
![]() |
Brunei | Bandar Seri Begawan | 5 765 | 429 646[14] | 74,52 hab/km² |
![]() |
Camboxa | Phnom Penh | 181 035 | 15 708 756[15] | 86,77 hab/km² |
![]() |
Indonesia | Iacarta | 1 904 569 | 255 993 674[16] | 134,41 hab/km² |
![]() |
Laos | Vientiane | 236 800 | 6 911 544[17] | 29,18 hab/km² |
![]() |
Malaisia | Kuala Lumpur | 329 847 | 30 513 848[18] | 92,50 hab/km² |
![]() |
Myanmar | Naypyidaw | 676 578 | 56 320 206[19] | 83,24 hab/km² |
![]() |
Filipinas | Manila | 300 000 | 100 998 376[20] | 336,66 hab/km² |
![]() |
Singapur | Singapur | 707,1 | 5 674 472[21] | 8 024,99 hab/km² |
![]() |
Tailandia | Bangkok | 513 115 | 67 976 405[22] | 132,47 hab/km² |
![]() |
Vietnam | Hanoi | 331 690 | 94 348 835[23] | 284,44 hab/km² |
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ asean.org (ed.). "ASEAN Motto". Consultado o 4 de abril de 2016.
- ↑ Eccleston, Bernard; Dawson, Michael; McNamara, Deborah J. (1998). The Asia-Pacific Profile. Routledge (UK). ISBN 978-0-415-17279-0. Arquivado dende o orixinal o 30 de setembro de 2020. Consultado o 3 de xuño de 2020.
- ↑ Moon, C. (2014). ASEAN. Encyclopædia Britannica
- ↑ "Background Note:Brunei Darussalam/Profile:/Foreign Relations". US State Department. Arquivado dende o orixinal o 4 de xuño de 2019. Consultado o 6 de marzo de 2007.
- ↑ "Vietnam in ASEAN : Toward Cooperation for Mutual Benefits". ASEAN Secretariat. 2007. Arquivado dende o orixinal o 11 de maio de 2011. Consultado o 28 de agosto de 2009.
- ↑ 6,0 6,1 Carolyn L. Gates; Mya Than (2001). ASEAN Enlargement: impacts and implications. Institute of Southeast Asian Studies. ISBN 978-981-230-081-2.
- ↑ "Statement by the Secretary-General of ASEAN Welcoming the Kingdom of Cambodia as the Tenth Member State of ASEAN: 30 April 1999, ASEAN Secretariat". ASEAN Secretariat. 2008. Arquivado dende o orixinal o 11 de maio de 2011. Consultado o 28 de agosto de 2009.
- ↑ RP resolution for observer status in UN assembly OK'd, Philippine Daily Inquirer, 13 de marzo de 2007. Arquivado 26 de agosto de 2010 en Wayback Machine.
- ↑ "Philippines to Represent ASEAN in UN Meetings in NY, Geneva". Yahoo! News. 7 de marzo de 2007. Arquivado dende o orixinal o 12 de marzo de 2007. Consultado o 13 de marzo de 2007.
- ↑ "'Momentous' day for ASEAN as charter comes into force". Agence France-Presse. 15 de decembro de 2008. Arquivado dende o orixinal o 14 de xaneiro de 2009. Consultado o 16 de decembro de 2008.
- ↑ ASEAN (ed.). "The Asean Declaration (Bangkok Declaration) Bangkok, 8 August 1967". Arquivado dende o orixinal o 11 de febreiro de 2015. Consultado o 4 de abril de 2016.
- ↑ "Overview". asean.org. ASEAN. Arquivado dende o orixinal o 17 de febreiro de 2015. Consultado o 7 de febreiro de 2015.
- ↑ ASEAN (ed.). "Overview". Consultado o 4 de abril de 2016.
- ↑ CIA (ed.). "The World Factbook". Arquivado dende o orixinal o 12 de xuño de 2007. Consultado o 4 de abril de 2016.
- ↑ CIA (ed.). "The World Factbook". Arquivado dende o orixinal o 29 de decembro de 2010. Consultado o 4 de abril de 2016.
- ↑ CIA (ed.). "The World Factbook". Arquivado dende o orixinal o 10 de decembro de 2008. Consultado o 4 de abril de 2016.
- ↑ CIA (ed.). "The World Factbook". Arquivado dende o orixinal o 29 de decembro de 2010. Consultado o 4 de abril de 2016.
- ↑ CIA (ed.). "The World Factbook". Arquivado dende o orixinal o 07 de xaneiro de 2019. Consultado o 4 de abril de 2016.
- ↑ CIA (ed.). "The World Factbook". Arquivado dende o orixinal o 04 de novembro de 2010. Consultado o 4 de abril de 2016.
- ↑ CIA (ed.). "The World Factbook". Arquivado dende o orixinal o 19 de xullo de 2015. Consultado o 4 de abril de 2016.
- ↑ CIA (ed.). "The World Factbook". Arquivado dende o orixinal o 07 de xaneiro de 2019. Consultado o 4 de abril de 2016.
- ↑ CIA (ed.). "The World Factbook". Arquivado dende o orixinal o 16 de maio de 2020. Consultado o 4 de abril de 2016.
- ↑ CIA (ed.). "The World Factbook". Arquivado dende o orixinal o 17 de maio de 2020. Consultado o 4 de abril de 2016.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Asociación de Nacións do Sueste Asiático |
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- ASEAN Community in Figures (ACIF) 2012 (PDF). Jakarta: Association of Southeast Asian Nations. 2012. ISBN 978-602-7643-22-2. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 4 September 2015.
- Acharya, Amitav (2009). Constructing a Security Community in Southeast Asia: ASEAN and the problem of regional order (2nd ed.). Abingdon, Oxfordshire/New York: Routledge. ISBN 978-0-415-41428-9.
- Collins, Allan (2013). Building a People-oriented Security Community the ASEAN Way. Abingdon, Oxfordshire/Nova York: Routledge. ISBN 978-0-415-46052-1.
- Fry, Gerald W. (2008). The Association of Southeast Asian Nations. New York: Chelsea House. ISBN 978-0-7910-9609-3.
- Lee, Yoong, ed. (2011). ASEAN Matters! Reflecting on the Association of Southeast Asian Nations. Singapore: World Scientific Publishing. ISBN 978-981-4335-06-5.
- Haacke, Jürgen; Morada, Noel M., eds. (2010). Cooperative Security in the Asia-Pacific: The ASEAN Regional Forum. Abingdon, Oxfordshire/New York: Routledge. ISBN 978-0-415-46052-1.
- Seah, Daniel (2015) Problems Concerning the International Law-Making Practice of ASEAN Asian Journal of International Law (Cambridge University Press)
- Severino, Rodolfo (2008). ASEAN. Singapur: ISEAS Publications. ISBN 978-981-230-750-7.
- Amador III J, Teodoro J. (2014), A united region: The ASEAN Community 2015
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Web oficial da ASEAN Arquivado 13 de abril de 2006 en Wayback Machine. (en inglés)