Irán
Irán (en persa ایران) , tamén coñecido como Persia,[3] e oficialmente República Islámica de Irán dende 1980, é un país de Asia Occidental.[4][5][6] Limita ó norte con Armenia, Acerbaixán e Turkmenistán, con Casaquistán e Rusia a través do Mar Caspio, polo leste con Afganistán e Paquistán, polo sur co Golfo Pérsico e co Golfo de Omán, polo oeste con Iraq e polo noroeste con Turquía. Comprende unha área de 1 648 195 km2, sendo a segunda nación máis grande de Oriente Medio e a 18 en todo o mundo. Ten unha poboación de 77 millóns de habitantes, o que a converte na nación número 17 en todo o mundo.[4][7] É o único país que ten costa no Mar Caspio e no Océano Índico.
A capital é Teherán. A palabra Irán significa literalmente "terra dos arios" (no sentido racial do termo e non no seu sentido relixioso - arianismo).
Irán é a nación dunha das máis antigas civilizacións do mundo,[8][9] que ten a súa orixe na formación do reino protoelamita e elamita entre os anos -3200 e -2800. Os medos unificaron o territorio no primeiro de moitos imperios no -625, despois do cal, convertéronse no poder político e cultural dominante da rexión.[10] Irán acadou o cumio do seu poder durante o Imperio Aqueménida fundado por Ciro o Grande en -550, que na súa máxima extensión abranguía unha parte importante do mundo antigo, que limitaba co Val do Indo polo leste, e con Tracia e Macedonia polo noroeste, facendo del o maior imperio do mundo ata ese momento.[11] O imperio colapsou no -330 trala conquista de Alexandre o Grande. A área gañou influencia posteriormente co Imperio Parto e co establecemento da Dinastía Sasánida en -224, baixo a cal Irán converteuse nunha das principais potencias de Asia Occidental e Central durante os seguintes catro séculos.
Índice
Historia[editar | editar a fonte]
- Artigo principal: Historia de Irán.
Política[editar | editar a fonte]
- Artigo principal: Política de Irán.
Subdivisións[editar | editar a fonte]
- Artigo principal: Provincias de Irán.
Irán está dividido en 30 provincias (ostan-haa, singular - ostan). Estas provincias son gobernadas desde a maior cidade de cada unha. A autoridade provincial está nas mans dun gobernador(استاندار: ostāndār, en farsi ou persa), escollido polo Ministerio do Interior de Irán, e suxeito a aprobación do goberno.
Xeografía[editar | editar a fonte]
- Artigo principal: Xeografía de Irán.
A paisaxe iraniana está dominada por cordilleiras que separan varias concas e mesetas unhas doutras. A poboada parte occidental é a máis montañosa, con cordilleiras coma os Montes Zagros e as Montañas Elburz, formando esta o punto máis alto do país no Damavand a 5.610 m. A metade oriental do país consiste basicamente nun deserto deshabitado formado por concas con ocasionais lagos de sal.
As únicas chairas atópanse ao longo da costa do mar Caspio e no golfo Pérsico xunto á fronteira con Iraq en Arvandrud (Shatt a o-Arab). Tamén outras chairas menos extensas atópanse ao longo da costa do Golfo, no Estreito de Ormuz e no Mar de Omán.
O clima é árido ou semiárido, excepto na costa do mar Caspio onde domina un clima subtropical.
As principais cidades de Irán son Teherán, Isfahán, Mashhad, Tabriz, Shiraz e Urmia.
Economía[editar | editar a fonte]
- Artigo principal: Economía de Irán.
A economía iraniana é unha mestura de economía planificada, sendo o estado propietario dos abundantes recursos petrolíferos do país (o golfo Pérsico contén os dous terzos das reservas mundiais de petróleo livián); mentres a maior parte da poboación vive dun sector primario autosuficiente. O sector servizos e comercial está representado por empresas privadas de pequeno tamaño. O actual goberno continuou coa política do anterior en canto a reformas para impulsar unha maior diversificación da economía nacional e así non depender tanto dos vaivéns do prezo do petróleo no mercado internacional.
Demografía[editar | editar a fonte]
- Artigo principal: Demografía de Irán.
Cultura[editar | editar a fonte]
- Artigo principal: Cultura de Irán.
Galería de imaxes[editar | editar a fonte]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Selected Findings of the 2011 National Population and Housing Census
- ↑ Definición de iraniano - Dicionario da Real Academia Galega
- ↑ D. N. Mackenzie (15 de decembro de 1998). «Ērān, Ērānšahr». Encyclopaedia Iranica. iranicaonline.org. Consultado o 25 de agosto de 2010.
- ↑ 4,0 4,1 BBC NEWS (ed.). «Iran Country Profile». Consultado o 8 de agosto de 2012.
- ↑ Cesww.fas.harvard.edu (ed.). «"CESWW" – Definition of Central Eurasia». Consultado o 1 de agosto de 2010.
- ↑ National Geographic, ed. (14 de xuño de 2013). «Iran Guide». Consultado o 21 de xuño de 2013.
- ↑ Encyclopædia Britannica, ed. (2012). «Iran». Encyclopædia Britannica. Consultado o 8 de agosto de 2012.
- ↑ Christopher A Whatley (2001). Bought and Sold for English Gold: The Union of 1707 (Tuckwell Press, 2001)
- ↑ Lowell Barrington (xaneiro de 2012). Cengage Learning, ed. Comparative Politics: Structures and Choices, 2nd ed.tr: Structures and Choices. p. 121. ISBN 978-1-111-34193-0. Consultado o 21 de xuño de 2013. «Ó igual que a China, Irán é o fogar dunha das civilizacións máis antigas do mundo»
- ↑ Encyclopædia Britannica. Britannica.com, ed. «Encyclopædia Britannica Encyclopedia Article: Media ancient region, Iran». Consultado o 25 de agosto de 2010.
- ↑ David Sacks, Oswyn Murray, Lisa R. Brody; Oswyn Murray, Lisa R. Brody (2005). Infobase Publishing, ed. Encyclopedia of the ancient Greek world. p. 256. ISBN 978-0-8160-5722-1.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Outros artigos[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
|
||||||||