Philippine Airlines

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Philippine Airlines
Airbus A330-300 Philippines AL (PAL) F-WWKY - MSN 1449 - Will be RP-C8782 (9839764163).jpg
IATA
PR
OACI
PAL
Indicativo
PHILIPPINE
Fundación14 de novembro de 1935 (como Philippine Aerial Taxi Company)
26 de febreiro de 1941 (como Philippine Air Lines)
Inicio das operacións15 de marzo de 1941
Aeroporto principalaeroporto Ninoy Aquino
Plan de voo frecuenteMabuhay Miles
SubsidiariasPAL Express
Frota64
Destinos75[1]
HoldingPAL Holdings, Inc.
Eslogan da compañíaThe Heart of the Filipino
SedePNB Financial Center, Pásay
Páxina web: https://www.philippineairlines.com

Philippine Airlines (PAL), tamén coñecida historicamente como Philippine Air Lines, é a aeroliña nacional de Filipinas. Ten a súa sede no PNB Financial Center na cidade de Pásay. A compañía fundouse en 1941 e é a primeira e máis vella aeroliña comercial de Asia operando co seu nome orixinal. Dende os seus centros de conexión no aeroporto Ninoy Aquino, no aeroporto de Clark en no aeroporto de Mactan-Cebú, Philippine Airlines serve a 33 destinos domésticos e 42 internacionais en Asia, Oriente Medio, Oceanía, Norteamérica e Europa.[1]

Foi unha das maiores aeroliñas asiáticas, pero víuse gravemente afectada pola crise financieira de 1997 en Asia. Nun dos maiores fracasos corporativos do país, PAL víuse na obrica de reducir as súas operacións internacionais eliminando completamente os voos a Europa e Oriente Medio, cortando virtualmente todos os voos domésticos agás as rutas operadas dende Manila, tivo que reducir tamén o tamaño da súa frota e despedir a milleiros de empregados. A compañía pasou a a ser administrada xudicialmente en 1998 e gradualmente foi recuperando operacións a máis destinos ata sair desa situación en 2007 e saír da administración xudicial, iniciando a renovación dos seus xestores.

Frota[editar | editar a fonte]

A frota de Philippine Airlines está formada por avión de fuselaxe ancha e estreita de catro familias (agás a frota de PAL Express): Airbus A320, Airbus A330, Airbus A340 e Boeing 777. En febreiro de 2018 a súa frota estaba composta por 64 avións.

Frota de pasaxeiros de Philippine Airlines
Avión En servizo Pedidos Opcións Pasaxeiros[2] Notas
J Y+ Y Total
Airbus A320-200 10 12 144 156 Van ser retirados ou transferidos a PAL Express e substituídos por Airbus A321neos.[3]
Airbus A321-200 24[4] 12 18 169 199
Airbus A321neo 6[3] 12 156 168 A321neo cun tanque auxiliar para rutas longas.
As entregas comezarán en 2018.
Airbus A321neo/ACF 15[3]
TBA
Configurados coa versión Airbus Cabin Flex (ACF).
As entregas comezarán en 2019.
Substituirán aos A320-200.[3]
Airbus A330-300 15 18 33 312 363
24 267 309
Airbus A340-300 5 36 218 254 Van ser retirados en 2021.
Substituídos por A350-900.
Airbus A350-900 6 6
TBA
295 Substituirán aos A340-300[5]
As entregas comezarán en 2018.
Boeing 777-300ER 10[6] 42 328 370
Total 64 27 6

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Philippine Airlines (ed.). "Flight Timetable". Consultado o 6 de abril de 2018. 
  2. Philippine Airlines (ed.). "PAL Aircraft". Consultado o 6 de abril de 2018. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 Philippine Airlines (ed.). "Revista Mabuhay". Consultado o 7 de abril de 2018. 
  4. Airbus (ed.). "Orders and Deliveries". Consultado o 7 de abril de 2018. 
  5. Airbus (ed.). "Philippine Airlines finalises order for the A350 XWB". Consultado o 7 de abril de 2018. 
  6. Business Mirror (ed.). "P.A.L. beefing up long-haul fleet with two new B777S". Consultado o 7 de abril de 2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]