30 de novembro
Aparencia
<< | Novembro | >> | ||||
Lu | Ma | Mé | Xo | Ve | Sá | Do |
1 | 2 | 3 | ||||
4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 |
11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 |
18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 |
25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 | |
2024 Todos os días |
O 30 de novembro é o 334º día do ano do calendario gregoriano e o 335º nos anos bisestos. Quedan 31 días para acabar o ano.
Acontecementos
[editar | editar a fonte]- 1509 - Alonso III de Fonseca toma pose como arcebispo de Compostela.
- 1700 - en Narva, o exército do rei Carlos XII de Suecia derrota ao do tsar Pedro I de Rusia (batalla de Narva).
- 1782 - Francia: representantes de Estados Unidos e o Reino da Gran Bretaña asinan en París algúns artigos preliminares de paz (que máis tarde formalizarán no "Tratado de París" (1783).
- 1803 - Estados Unidos: no Cabido de Nova Orleáns, o gobernador español Manuel de Salcedo e o Marqués de Casa Calvo transfiren o territorio de Luisiana ao representante francés Pierre Clément de Laussat (vinte días máis tarde, Francia venderá estas mesmas terras a Estados Unidos).
- 1803 - A Expedición Balmis parte da Coruña para levar a vacina da varíola a América e Filipinas. Isabel Zendal vai nela.
- 1834 - Domingo Fontán entrega a Carta Xeométrica de Galicia, primeiro mapa topográfico feito con métodos científicos e medicións matemáticas do Estado.
- 1853 - Guerra de Crimea: na batalla de Sinope a frota rusa destrúe á frota turca.
- 1864 - Estados Unidos: o exército de Tennessee perde a terceira parte dos seus homes e seis xenerais na batalla contra os exércitos do norte da Unión en Franklin (Tennessee), no marco da guerra civil.
- 1886 - Francia: apertura en París do teatro Folies Bergère.
- 1902 - Estados Unidos: Kid Curry Logan, o segundo na banda do pistoleiro Butch Cassidy, recibe unha condena de 20 anos de traballos forzados.
- 1916 - Grecia: Derradeira etapa do Holocausto grego. O ministro do interior turco Rafet Bey escribe: Temos que acabar cos gregos como o fixemos cos armenios o 28 de novembro.
- 1936 - Reino Unido: arde o Pazo de cristal, en Londres. Construírase para a Grande Exhibición de 1851.
- 1939 - Finlandia: a Unión Soviética invade este país e alcanza a Liña Mannerheim, iniciando a guerra de Inverno.
- 1943 - Irán: na Conferencia de Teherán (e no marco da segunda guerra mundial), o presidente estadounidense Franklin D. Roosevelt, o primeiro ministro do Reino Unido Winston Churchill e o líder soviético Iosif Stalin fixan o Día D (a invasión de Europa o 6 de xuño de 1944).
- 1943 - Galicia, España: Fundación do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento, dependente do CSCI, a partir dos fondos espoliados do Seminario de Estudos Galegos.
- 1954 - Estados Unidos: en Sylacauga (Alabama), un meteorito de 3,8 kg de sulfuro atravesa o teito, destrúe unha radio no salón, rebota e golpea á señora Elizabeth Hodges no ventre (deixándolle un gran hematoma). É o único caso coñecido dunha persoa golpeada por unha pedra do espazo.
- 1960 - Detense a produción na fábrica de automóbiles De Soto.
- 1962 - Nacións Unidas: elixen o birmano U Thant como Secretario Xeral das Nacións Unidas.
- 1966 - Independencia de Barbados, respecto do imperio británico.
- 1967 - Iemen independízase do imperio británico.
- 1972 - Guerra de Vietnam: o secretario de prensa da Casa Branca Ron Ziegler declara que non haberá máis anuncios públicos acerca do retiro de tropas estadounidenses de Vietnam trala derrota, debido a que só ficaban alí, por retirar, 27 000 soldados.
- 1981 - Suíza: en Xenebra, representantes de Estados Unidos e a Unión Soviética comezan a negociar a redución en Europa das armas nucleares de alcance medio, no marco da guerra fría. O 17 de decembro as negociacións suspendéronse, sen concluír.
- 1982 - España: primeira viaxe pastoral dun Papa a España (Xoán Paulo II)
- 1982 - Reino Unido: a primeira ministra Margaret Thatcher recibe un paquete-bomba na súa residencia na Rúa Downing, 10.
- 1989 - Alemaña: Alfred Herrhausen, membro do directorio do Deutsche Bank é asasinado por unha bomba do grupo terrorista "Fracción do Exército Vermello".
- 1993 - Estados Unidos: o presidente Bill Clinton firma a lei Brady para a prevención da violencia con pistolas.
- 1998 - Alemaña: o Deutsche Bank anuncia que merca o Bankers Trust por 10 000 millóns de dólares xerando así a institución financeira máis grande do mundo.
- 1999 - Estados Unidos: en Seattle, Washington, o movemento antiglobalización forza a cancelación da cerimonia de apertura do encontro da Organización de Comercio Mundial. As protestas remataron o 3 de decembro.
- 1999 - Reino Unido: fusión das empresas British Aerospace e Marconi Electronic Systems formando BAE Systems, o contratista de defensa máis grande de Europa e a cuarta empresa aeroespacial do mundo.
Nacementos
[editar | editar a fonte]- 538 - Gregorio de Tours, Bispo, santo católico e historiador francés (m. 594).
- 1466 - Andrea Doria, político e almirante xenovés (m. 1560).
- 1508 - Andrea Palladio, arquitecto paduano (m. 1580).
- 1667 - Jonathan Swift, escritor satírico irlandés (As viaxes de Gulliver) (m. 1745).
- 1670 - John Toland, filósofo deísta irlandés (m. 1722).
- 1723 - William Livingston, revolucionario gobernador de Nova Jersey (m. 1790).
- 1781 - Alexander Berry (m. 1873), aventureiro escocés, fundador de Berry (Australia).
- 1796 - Carl Loewe, compositor (m. 1869).
- 1810 - Oliver Winchester, inventor do rifle Winchester (m. 1880).
- 1817 - Theodor Mommsen, historiador alemán (m. 1903), premio Nobel de Literatura no 1902 (Historia de Roma).
- 1835 - Mark Twain (Samuel Langhorne Clemens), escritor satírico estadounidense (As aventuras de Huckleberry Finn).
- 1836 - Lord Frederick Cavendish, político inglés (m. 1882).
- 1847 - Afonso Pena, presidente do Brasil (m. 1909)
- 1867 - Max González Olaechea, médico clínico e profesor peruano.
- 1869 - Gustaf Dalén, físico sueco, Premio Nobel (m.1937)
- 1874 - Winston Churchill, primeiro ministro e escritor británico (m. 1965).
- 1874 - Lucy Maud Montgomery, escritora canadense (m. 1942).
- 1889 - Edgar Douglas Adrian, fisioloxista británico, Premio Nobel (m.1977).
- 1899 - Manuel Moure Gómez, mestre, xornalista e político galego.
- 1904 - Clyfford Still, pintor expresionista abstracto estadounidense (m. 1980).
- 1906 - Princesa Marina do Reino Unido (m. 1968).
- 1912 - Gordon Parks, director e escritor.
- 1915 - Brownie McGhee, músico (m.1996).
- 1915 - Henry Taube, químico canadense, Premio Nobel (m.2005)
- 1918 - Efrem Zimbalist Jr., actor estadounidense.
- 1920 - Virginia Mayo, actriz.
- 1924 - Shirley Chisholm, política estadounidense.
- 1924 - Allan Sherman, comediante estadounidense (m. 1973).
- 1927 - Richard Crenna, actor estadounidense (m. 2003).
- 1927 - Robert Guillaume, actor.
- 1929 - Joan Ganz Cooney, pioneira dos programas infantiles de televisión.
- 1929 - Dick Clark, presentador de televisión.
- 1930 - G. Gordon Liddy, figura do escándalo Watergate.
- 1936 - Abbie Hoffman, activista estadounidense contra a guerra.
- 1937 - Ridley Scott, director inglés (Blade runner, Thelma e Louise).
- 1938 - Margarita Salas, bióloga molecular e Premio Ramón y Cajal.
- 1943 - Terrence Malick, escritor e produtor.
- 1945 - Roger Glover, baixista galés (Deep Purple)
- 1946 - Xosé Vázquez Pintor, escritor
- 1947 - David Mamet, guionista.
- 1947 - Sergio Badilla Castillo, poeta creador do transrealismo poético.
- 1951 - Christian Bernard (FRC), emperador rosacruz de AMORC.
- 1952 - Mandy Patinkin, actor, cantante.
- 1955 - Billy Idol, músico de rock.
- 1958 - Stacey Q, cantante e actriz Estadounidensa.
- 1960 - Gary Lineker, xogador inglés de fútbol.
- 1962 - Daniel Keys Moran, escritor de ciencia ficción.
- 1978 - Clay Aiken, cantautor.
- 1982 - Elisha Cuthbert, actriz.
- 1985 - Kaley Cuoco, actriz.
Mortes
[editar | editar a fonte]- 1016 - Rei Etelredo II, o Iletrado.
- 1718 - Rei Carlos XII de Suecia.
- 1793 - Antonio José María Barnave, membro da Asemblea Constituínte de Francia.
- 1830 - Papa Pío VIII o Francesco Saverio Castiglione, relixioso italiano.
- 1900 - Oscar Wilde, novelista, dramaturgo, crítico literario e poeta irlandés (n.1854)
- 1903 - Francisco Blanco García, escritor e historiador español.
- 1934 - Celestino López de Castro, médico galego (n. 1860).
- 1935 - Fernando Pessoa, poeta e ensaísta portugués (n. 1888)
- 1947 - Ernst Lubitsch, director de cine estadounidense de orixe alemá.
- 1953 - Francis Picabia, pintor e poeta parisiense (n.1879).
- 1954 - Enrique Fernández Sendón, escritor e político galego (n. 1909).
- 1979 - Zeppo Marx, actor neoiorquino (o galán "normal" dos Irmáns Marx).
- 1979 - Pedro Lazaga, cineasta español.
- 1994 - Guy Debord, pensador francés (n. 1931)
- 1996 - Tiny Tim, músico.
- 1999 - Germán Arciniegas, escritor colombiano.
- 2001 - Robert Tools, a primeira persoa que recibiu un corazón artificial completamente autocontido.
- 2002 - Manuel Ballesteros, historiador e antropólogo español.
- 2002 - Hans Hartz, músico.
- 2003 - Gertrude Ederle, nadadora estadounidense.
- 2021 - Oriol Bohigas, arquitecto catalán.[1]
Festas e celebracións
[editar | editar a fonte]- Día Internacional da Seguridade da Información e a Cultura de Ciberseguridade [1].
- Día de Santo André, patrono de Santo André de Teixido, Escocia e Rusia.
- Filipinas: Día de Bonifacio (insurrección de 1896).
Outros
[editar | editar a fonte]- Onomástica: Andrés, Andrea.
- ↑ Cia, Blanca (1 de decembro de 2021). "Fallece Oriol Bohigas, el arquitecto de Barcelona". elpais.com (en castelán). Consultado o 1 de decembro de 2021.