Lingua filipina

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Filipino
'Pilipino'
Falado en:  Filipinas
Total de falantes: Total: 90 millóns

1ª lingua: 25 millóns[1] 2ª lingua: mais de 60 millóns
Familia:
 Malaio-polinesia
  Borneano-filipina
   Central Filipina
    Tagalo
     Filipino
Escrita: Alfabeto latino (alfabeto filipino)
Estatuto oficial
Lingua oficial de: Filipinas
Regulado por: Komisyon sa Wikang Pilipino (Comisión para o Idioma Filipino)
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: fil
ISO 639-3: fil
Mapa
Status
Oficial

O filipino (antes chamado pilipino ) é unha das linguas oficiais da República de Filipinas, xunto co inglés. Aínda así, hai unha gran riqueza étnico-lingüística no vasto arquipélago-nación do sueste asiático e hai, segundo as estimacións, case un centenar de linguas e dialectos repartidos polas illas e illotes do país. O filipino forma parte da familia malaio-polinesia e é, de facto, o tagalo estándar.

Características[editar | editar a fonte]

Aínda que a lingua filipina ten os seus fundamentos no tagalo, a lingua nativa predominante na rexión de Manila, tamén sufriu unha influencia moi forte do castelán, precisamente porque Manila foi a sede da ocupación pola Coroa de Castela, que durou máis de 330 anos.

As influencias ibéricas foron tan fortes que, aínda hoxe, máis do 80% da poboación de Filipinas é católica. Na linguaxe, por citar un exemplo concreto, cando a xente se atopa na súa vida diaria, adoita saúdarse cun Como está (pare)? ou Como está (mare) ou mesmo Como está (pogui) etc. (dependendo de quen se atopen: un amigo, un coñecido, etc.). É evidente, polo tanto, a existencia de notables vínculos culturais entre os filipinófonos e as culturas ibéricas e mesmo latinoamericanas.

Historia[editar | editar a fonte]

Durante boa parte da primeira metade do século pasado, a presenza dos Estados Unidos en Filipinas e a implantación dun sistema educativo baseado no modelo norteamericano fixo que a lingua inglesa tamén chegase a ter unha forte influencia na lingua filipina e sobre a cultura do país... Como consecuencia, hoxe fálase da existencia dun dialecto informal - o taglish (do tagalo mesturado co inglés ).

A lingua e a cultura das illas Filipinas tamén absorberon marcadas influencias das culturas, etnias e linguas dos pobos cos que comerciaron antes do período do colonialismo castelán (por exemplo, árabe, chinés e outras linguas asiáticas).

Hoxe, os cidadáns filipinos levan a súa lingua nacional filipina a todos os continentes do mundo, especialmente nos países máis ricos de Europa, América do Norte, Oriente Medio e Asia, onde a man de obra nacional é máis cara que na maioría dos países do mundo, especialmente no seu Estado de orixe.

Falantes no estranxeiro[editar | editar a fonte]

Nos Estados Unidos, cidades como Nova York, Los Ángeles, San Francisco e Seattle teñen notables comunidades de inmigrantes e/ou descendentes de persoas da República de Filipinas. En certos países do mundo fálase da existencia de traballadores estranxeiros, entre eles filipinas, que se di que traballan en condicións de escravitude ou semiescravitude (sobre todo nos países de Oriente Medio).

Mostra de texto[editar | editar a fonte]

“Artigo 1 da Declaración Universal dos Dereitos Humanos

Versión 1

Ang lahat ng tao'y isinilang na malaya at pantay-pantay sa karangalan at mga karapatan. Sila'y pinagkalooban ng katwiran at budhi at dapat magpalagayan ang isa't isa sa diwa ng pagkakapatiran.

Versión 2

Ang lahat ng tao ay ipinanganak na malaya at parepareho sa dignidad at mga karapatan. Sila ay binigyan ng katwiran at konsensiya at dapat makitungo sa isa't isa sa espiritu ng pagkakapatiran.

Galego

Todos os seres humanos nacen libres e iguais en dignidade e dereitos. Están dotados de razón e conciencia e deben actuar uns cos outros con espírito de fraternidade.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "EDUCATIONAL CHARACTERISTICS OF THE FILIPINOS". web.archive.org. 2008-01-27. Archived from the original on 27 de xaneiro de 2008. Consultado o 2022-08-02. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]