Rede social

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Instagram, rede social á que máis se lle dá uso para o novo fenómeno social das selfies.
Twitter, rede social de máis auxe nos últimos anos.
MySpace rede de gran importancia para músicos.
Facebook, unha das principais redes sociais.

Unha rede social é unha estrutura social que se pode representar en forma dun ou varios grafos nos cales os nodos representan individuos ou autores e no que arestas os relacionan entre si. Componse de nodos (nodes) e relacións (ties) entre esos nodos. Os nodos son xeralmente individuos ou asociación de individuos. As relacións poden ser de diferentes tipos: relacións interpersoais como as de amizade, formais como as de empresa, como coincidencias de membros no consello de administración.

O termo rede social ten un forte vínculo coas comunidades virtuais, isto débese a que comparten a similitude de que son unha serie de agrupacións de persoas na internet que teñen temas e intereses en común.

Tuenti, rede social creada por galegos.

Historia[editar | editar a fonte]

Dende finais dos anos noventa a comezos do século XXI, redes como MiGente permitían relacionarse entre si aos seus usuarios, que creaban perfís que lles permitían atopar amigos nas súas redes sen autorización por parte das conexións.

Dende entón, e coa aparición da chamada Web 2.0, foron xurdindo diversas redes sociais. Algunhas quedaron en desuso, pero as que seguen a competir a nivel mundial son MySpace, Facebook, Youtube e Twitter.

Clasificación[editar | editar a fonte]

Unha das clasificacións máis coñecida das redes sociais na internet é a seguinte[1]:

  • Horizontais: non teñen unha temática específica senón que os usuarios poden participar dun xeito libre. Algúns exemplos deste tipo de redes son: Facebook e Twiter.
  • Verticais: estan destinadas a un público específico, as persoas acuden a elas cun obxetivo compartido entre os seus membros. Á súa vez, estas clasifícanse nos seguintes tipos:
    • Profesionais: o seu fin é establecer conexións para compartir información en torno a determinadas temáticas de interese para os participantes. Un exemplo representativo é Linkedin.
    • De lecer: a súa fin é xuntar a persoas que teñen fins comúns en relación ós deportes, á música, ós videoxogos, etc. Exemplos coma Wipley ou Dogster.
    • Mixtas: son unha combinación das dúas anteriores. Un exemplo é Yuglo.
    • Académicas: destinadas a profesores, alumnos e investigadores para que compartan documentos, debatan sobre certos temas de interese académico, publiquen as súas creacións, entre outros. Un exemplo é Stellae (rede social) creada na Universidade de Santigo de Compostela co fin de unir a un grupo de persoas que están en proceso de aprendizaxe dunha disciplina relacionada coas tecnoloxías aplicadas no ámbito educativo).

Algúns exemplos[editar | editar a fonte]

A continuación algúns exemplos de redes sociais que se empregan na actualidade:

MySpace[editar | editar a fonte]

Artigo principal: MySpace.

MySpace entrou no ano 2003 e a diferenza do resto das redes sociais dálle a opción do usuario de personalizar as súas propias páxinas. Xurdiu como unha rede para adolescentes pero máis tarde atraeu a outros grupos de idade. A data de hoxe, os que máis importancia teñen nesta rede son os músicos, seguidos da xente nova e adultos que pasaron xa a etapa universitaria.

Facebook[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Facebook.

Facebook xurdeu en 2004 en mans de Mark Zuckerberg e foi fundada polo mesmo e o apoio doutras persoas. Apareceu na súa orixe coma páxina para universitarios, na que para entrar se estaba na obriga de que os usuarios deran unha dirección de correo electrónico que gardase relación con institucións educativas. Aínda que se instalase coma unha rede relativamente pechada, máis tarde ampliouse para incluír primeiro a estudantes de secundaria, profesionais e, finalmente, todos os usuarios potenciais de Internet.

Trátase dunha rede social totalmente gratuíta a través da cal se conectan milleiros de persoas. Esta rede foi medrando de xeito continuo e rapidamente por diferentes motivos, entre os cales cabe destacar as facilidades de acceso que ofrece e tamén a posibilidade de acceso dende dispositivos móviles[2].

No Facebook só se poden facer públicos os perfís a outros usuarios do sitio. Outra característica que o distingue é a capacidade para desenvolvedores externos de crear aplicacións o que permite a cada usuario personalizar o seu perfil e realizar outras tarefas. Entre as mesmas pódese resaltar a xestión dun espazo persoal a través de distintas accións: creación de álbumes de fotos e vídeos, o compartimento dos mesmos, creación de eventos, compartir a situación do usuario, estado de ánimo, en xeral diversa información a nivel persoal que é compartida co resto dos usuarios. Ademais de ser un espazo onde se establece relación con xente coñecida, e onde tamén podes coñecer xente nova, permite tamén o lanzamento e promoción de negocios para así manter relación cos seus clientes; para o que Facebook funciona de xeito similar a unha páxina.A finais do 2014 contaba con aproximadamente 1 350 000 000 milleiros de usuarios [3] "Red Social" é unha película que reflexa a creación de Facebook. [4]

Tuenti[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Tuenti.

Tuenti está dirixido a persoas maiores de 14 anos, as cales, soamente poden acceder a través de invitación ao correo electrónico. Permite ao usuario crear o seu propio perfil e compartir fotos, vídeos e blogs cun nivel de privacidade personalizable. Ademais, permite a posibilidade de etiquetar a amigos nas fotos e crear eventos (posibilidade que tamén outorgan Facebook e Twitter). Soamente os teus amigos poden acceder ao teu perfil e existe a opción de configurar quen pode ver o teu tablón, descargar as túas fotos, ver o teu número de teléfono ou enviarche mensaxes privadas dende o panel de preferencias.

En principio, igual que Facebook, foi creada como unha rede para universitarios e xente coñecida do creador, Zaryn Dentze, un estadounidense residente en Madrid, pero máis tarde, e por mor do seu éxito, foise estendendo e todo o mundo pode rexistrarse recibindo invitación dun amigo, cun límite de 10 invitacións por usuario. O obxectivo desta rede social é trasmitir información entre o teu grupo de amigos.

A orixe do nome tuenti xurdiu pola necesidade de que o nome incluíse os termos “tu” e “ti”, e dese xeito apareceu o nome, sendo unha fusión que significa “tu entidad”. En inglés, tuenti significa vinte, xa que esa é a franxa xeracional máis común entre os usuarios que forman parte da rede. O seu uso está prohibido para realizar accións ilegais, racistas, pornográficas, abusivas, etc.

Tuenti conta cun Servizo de telefonía por Internet (Tuenti VoIP), que permite ao usuario realizar chamadas aos seus contactos. [5] [6]

Twitter[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Twitter.

Twitter constitúese como a ferramenta de comunicación inmediata máis viral e rápida que existe. Foi creada no 2006 en San Francisco por Evan Williams, Noah Glass, Jack Dorsey e Biz Stone. Twitter é un termo inglés que se pode traducir como trinar, de aí que o seu icono sexa un páxaro. Permite a cada usuario publicar actualizacións persoais, á vez que permite ler as de outros usuarios (posibilitando a inclusión de vídeos e fotos). Estas mensaxes ou tweets teñen un máximo de 140 caracteres. Un usuario pode seguir os tweets doutro facéndose seguidor do mesmo, e á súa vez ser seguido polos demais.

Algúns termos dos que se oe falar a consecuencia desta rede son: tweets, seguidores ou followers, temas populares ou trending topics, retweets (compartir unha mensaxe doutra conta), favorito (marcar como destacada unha publicación) e hashtag (simbolizado por # que sirve para crear unha lista dende a cal se pode acceder a todas as mensaxes coa mesma etiqueta ou hashtag).

Unha conta de Twitter pode ser pública ou privada, se é privada terase que aceptar persoalmente as solicitudes individuais de quen quere formar parte dos seus seguidores. Ademais, permite engadir enlaces de noticias e deixar que os nosos seguidores as lean se as consideran de interese.Os estudantes considérana coma un instrumento que lles permite mellorar os seus coñecementos e redes de amizade. Non obstante, os profesionais encontran nesta rede unha oportunidade para impulsar as súas creacións.[7]

O éxito de Twitter débese ao interese que suscita o seu contido, necesidades, noticias, ofertas, etc.[8]

Cabozo[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Cabozo (rede social).

Cabozo xurdiu no ano 2007 grazas ao programador Antonio Mariño. Inicialmente fora denominado como Pantry (en inglés, despensa)[9], e non foi até 2008 cando mudou a súa denominación até a actual, representandoa cun horreo e mostrando que a páxina aparece integramente en galego e converténdose así na rede social galega. Para o rexistro en cabozo é necesario contar cun convite que proporcionan os que xa son membros ou os propios administradores. Malia todo, non foi até 2009 cando se abriu ao público. Cabozo conta cunha comunidade darredor de 7.000 persoas entre os usuarios rexistrados na propia web e os seus seguidores en distintas plataformas sociais[10].

Instagram[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Instagram.

Instagram xurdiu no ano 2010 e foi creada por Kevin Systrom e Mike Krieger. Foi deseñada orixinalmente para iPhone. O seu nome provén das fotografías intantáneas, tomadas con cámaras Polaroid. Permite aos usuarios aplicar efectos fotográficos como once filtros dixitais, marcos, cores retro e vitange, e posteriormente partillalas en diferentes redes sociais como FacebookTumblrFlickrTwitter ou Vkontakte.

Para empregar Instagram é preciso rexistrarse na propia rede, a través dunha dirección de correo electrónico. Unha vez rexistrado, podes acceder aos teus contactos mediante Facebook.[11]

Ademais de compartir as túas fotos, podes ver as imaxes que publican os teus amigos, existindo diversas opcións de: gostar, mencionar e comentar.

Youtube[editar | editar a fonte]

Youtube, rede social que conta con vídeos para a súa reproducción.
Artigo principal: Youtube.

Youtube empezou coma un servizo de publicacións de vídeos gratis (2005). Na actualidade, pódense deixar comentarios e darlle a me gusta ou non me gusta en cada video; o que propicia unha interacción entre persoas de todo o mundo, isto é o que o converte nunha rede social a gran escala. Ademais, dánse a coñecer autores ou artistas e algúns deles descoñecidos que queren mostrar o seu traballo ó resto do mundo.

Stellae[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Stellae (rede social).

O Grupo de Investigación Stellae xurde a comezos do 1997. Forman parte del distintos investigadores das Ciencias da Educación.Su obxeto de análise son os procesos de ensino e aprendizaxe así como a formación e desenvolvemento dos profesionais que ocupan o noso sistema educativo.

Riscos nas redes sociais[editar | editar a fonte]

Existen unha serie de riscos que veñen da man do uso das redes sociais. Algúns deles son os seguintes[12]:

  • Menores de idade: malia que a maioría das redes sociais establecen unha idade mínima para a creación dunha conta de usuario, é moi doado falsificar esta información. Débese crear conciencia e establecemento dun control paterno sobre os menores para evitar que estes sexan víctimas dos depredadores da rede.
  • Perfiles falsos: existen diferentes motivacións para a creación de perfís falsos como son : a suplantación de identidade, pedofilia, chantaxes e estafas entre outras. É importante saber a quen se agrega como amigo, especialmente a xente que non coñeces e que presenta unha foto de perfil demasiado chamativa. Tamén debemos coidar a información que compartimos xa que non sabemos ónde pode parar. Facebook conta con xente adicada a rastrear e eliminar contas falsas por iso o número delas tende a ser baixo.
  • Phishing: considérase como unha estafa que se desenvolve mediante enlaces falsos que na súa maioría están enfocadas á obtención de información persoal. Un exemplo son o engano de "¿Estás en este vídeo?" de Facebook.
  • Privacidade: Debemos ser moi coidadosos á hora de compartir información persoal tal como a dirección ou números de teléfono entre outros, xa que poden ser empregados por xente con malas intencións para dañarnos ou sacar beneficios. Tamén debemos ser coidadosos co que subimos xa que en moitos traballos estase pondo de "moda" a indagación nos perfiles dos empregados ou futuras contratacións É importante establecer unha privacidade para mostrar esta información á xente na que realmente se confía.

Notas[editar | editar a fonte]