Oriente Medio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
Oriente Medio
Middle East
Mapa do Oriente Medio (verde).
Países 18
Zonas horarias UTC+2:00, UTC+3:00, UTC+3:30, UTC+4:00, UTC+4:30
Cidades máis grandes Flag of Turkey.svg Estambul
Exipto Cairo
Irán Teherán
Flag of Iraq.svg Bagdad
Flag of Saudi Arabia.svg Riad

Coñécese como Oriente Medio (en árabe: الشرق الأوسط) unha rexión do suroeste de Asia que vai dende Siria ata a fronteira irano-afgá, pasando pola península de Arabia.

Historicamente foi o nome con que os primeiros xeográfos europeos modernos designaron os territorios situados na beira leste do mar Mediterráneo. Coincidía aproximadamente cos fronteiras occidentais do Imperio Otomán, e por este motivo as veces incluía a península dos Balcáns. A comezos do século XX, faciase un uso máis restrinxido desta denominación, comprendendo os actuais estados de Turquía, Siria, o Líbano, Israel, Palestina e Exipto. Pero a evolució política posterior á Segunda Guerra Mundial fixo que na actualidade abrangue tamén outros estados de maioría musulmá, desde o Magreb até Iraq e Sudán, así como Irán e mesmo Afganistán e Paquistán. Con todo, os estados incluídos varían segundo o contexto de referencia, o punto de vista utilizado, etc.[1]

O nome de Oriente Medio utilízase por medio da expresión inglesa Middle East, que se refire a unha división do Oriente anticuada, pero que trala caída do imperio Otomán se fixo máis usada en inglés e traducida a numerosas linguas. O uso da expresión Oriente Medio recibiu críticas polo seu eurocentrismo implícito[2][3] Algúns medios de comunicación contemporáneos utilizan esta expresión tanto para os países europeos como non europeos, o que contrasta coa designación similar, Mashreq, que se utilita especialmente en contextos de lingua árabe[4].

Por diversos motivos esta é unha das zonas con máis conflitos xeopolíticos do mundo. Moitos autores destacan que o factor causante da conflictividade foi a repartición das posesións otomás despois da Primeira Guerra Mundial, cando se predeterminou o trazado das fronteiras e o nacemento do estado de Israel. Outro factor é a cantidade de recursos naturais, como o petróleo. Durante o século XX Oriente Medio viviu varios conflitos de relevancia: catro guerras árabe-israelís, a guerra entre Iraq e Irán, a Guerra do Golfo nas súas diferentes etapas, a guerra civil do Líbano, e a revolución islámica de Khomeini en Irán, con importantes repercusións para todo o mundo musulmán. A relixión islámica é na actualidade maioritaria na rexión.

Etimoloxía e historia do termo[editar | editar a fonte]

O Oriente Medio tradicional e o Gran Oriente Medio concibido pola Administración Bush.
Mapa do Oriente Medio.
Mapa físico da zona.

O termo «Oriente Medio» tería orixe británica, xa que é unha tradución literal do inglés "Middle East", orixinándose nos anos 1850 probablemente relacionado coa British India Office.[5] Considérase que é un termo eurocéntrico xa que define unha rexión en virtude da súa situación con relación a Europa: a unha distancia mediana e en dirección a Oriente (entre o próximo e o afastado Oriente).

O termo fíxose amplamente coñecido cando o estratego naval estadounidense Alfred Thayer Mahan[6] o usou en 1902 para identificar a rexión entre Arabia e a India británica. Por esa época, o Imperio británico e o Imperio ruso disputábanse a influencia en Asia Central, rivalidade que se coñeceu como o Gran Xogo. Mahan deuse conta non só da importancia estratéxica da rexión, senón tamén a do seu núcleo, o golfo Pérsico.[7][8]

Manhan etiquetou a área ao redor do golfo Pérsico como «Oriente Medio» e afirmou que, despois da canle de Suez, era o territorio máis importante para que Gran Bretaña puidese controlar o avance ruso cara á India.[9]

Usou o termo no seu artigo "The Persian Gulf and International Relations" («O golfo Pérsico e as relacións internacionais»), publicado en setembro de 1902 no diario británico National Review.

O Oriente Medio, se podo adoptar un termo que nunca vin, un día necesitará a súa Malta, o seu Xibraltar, é dicir, o seu enclave británico no golfo Pérsico. A forza naval ten a vantaxe da mobilidade, o cal trae consigo o privilexio das ausencias temporais; pero necesita atopar en cada escenario de operacións bases establecidas para reparacións, provisións e, en caso de desastre, para a seguridade. A Mariña Real Británica debería ter a facilidade de concentrar a súa forza, se chega a ocasión, en Aden, India e o golfo Pérsico.[10]

O artigo foi reimpreso en The Times e foi seguido en outubro por unha serie de vinte artigos titulados "The Middle Eastern Question", escritos por sir Ignatius Valentine Chirol. Neles, Chirol expandío a definición de «Oriente Medio» para incluír «aquelas rexións de Asia que se estenden ata os límites da India ou se aproximan a ela». Cara ao final da serie, en 1903, The Times eliminou as comillas ao usar o termo.[11]

Nos anos 1930, os británicos estableceron como parte do seu exército o "Comando do Oriente Medio" con base no Cairo.

Ata a Segunda Guerra Mundial, era frecuente chamar Oriente Próximo á costa leste do Mediterráneo e Extremo Oriente ás proximidades da China.[12] En 1946 fúndase en Washington DC o "Instituto do Oriente Medio" como un centro cultural para asuntos árabes, turcos, hebreos, persas, afganos e paquistanís, entre outros, gañando difusión internacional o termo "Oriente Medio".[13]

Crítica e ambigüidade no uso[editar | editar a fonte]

O termo Oriente Medio foi criticado polo seu eurocentrismo, polo que termos como Asia Occidental (ou sudoccidental) forón gañando aceptación en moitos traballos académicos e noutras áreas.

Algunhas disciplinas académicas como a arqueoloxía e a historia antiga continúan usando o termo Oriente Próximo (ver Antigo Oriente Próximo) pero na maioría de temas imponse largamente o termo Oriente Medio. Cando termina a Primeira Guerra Mundial e cae o Imperio Otomán (o cal estaba comunmente identificado co termo Próximo Oriente), emerxe un novo mundo islámico e comezan a usarse ambos termos indistintamente e aparece a ambigüidade entre eles.

En 1957, o goberno estadounidense fai uso oficial do termo Middle East estendéndoo tan lonxe como Paquistán por unha banda e Libia e ata Etiopía polo outro,[14] con todo en 1958, o departamento de Estado redefine a rexión equiparándoa ao suroeste de Asia máis Exipto e recoñecendo que os termos Near East e Middle East son intercambiables.[15]

En alemán Naher Osten (Próximo Oriente) está gañando máis aceptación que Mittlerer Osten; igualmente en linguas eslavas como o ruso onde Ближний Восток (Blizhniy Vostok) ten máis aceptación que Средний Восток. Noutros idiomas a ambigüidade do galego Oriente Medio/Oriente Próximo repítese en francés: Moyen-Orient / Proche-Orient, italiano: Medio Oriente / Vicino Oriente, árabe: الشرق الأوسط Ash-sharq-l-awsat / شرق أدنى, turco: Orta Doğu / Yakın Doğu, persa: خاورمیانه Khāvarmiyāneh / خاور نزدیک, hebreo: המזרח התיכון Mizraj-Ha-Tijon / המזרח הקרוב e ao final é constatable ver que en realidade cada idioma ten unha forma para ambas acepcións.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Enciclopèdia Catalana, SAU (ed.). "Orient". L'Enciclopèdia (en catalán). Consultado o 5 de outubro do 2015. 
  2. "Redrawing American Cartographies of Asia", artigo de Ella Shohat, City University of New York (en inglés).
  3. "The Middle East, in whose world?", artigo de Hassan Hanafi, Nordic Society for Middle Eastern Studies (en inglés).
  4. Anderson, Ewan W., William Bayne Fisher (2000): The Middle East: Geography and Geopolitics. Routledge. Páx. 12–13 (en inglés).
  5. Beaumont, Peter, Gerald H. Blake, J. Malcolm Wagstaff (1988). The Middle East: A Geographical Study. David Fulton. p. 16. 
  6. Koppes, C.R. (1976). "Captain Mahan, General Gordon and the origin of the term "Middle East"". Middle East Studies 12: p. 95–98. 
  7. Melman, Billie. The Cambridge Companion to Travel Writing: 6 The Middle East / Arabia, Cambridge Collections Online. Retrieved January 8, 2006.
  8. Palmer, Michael A. Guardians of the Persian Gulf: A History of America's Expanding Role in the Persian Gulf, 1833-1992. New York: The Free Press, 1992. ISBN 0-02-923843-9 p. 12-13.
  9. Laciner, Dr. Sedat. "Is There a Place Called 'the Middle East'?", The Journal of Turkish Weekly, June 2, 2006. Retrieved January 10, 2007.
  10. Adelson, Roger. London and the Invention of the Middle East: Money, Power, and War, 1902-1922. New Haven: Yale University Press, 1995. ISBN 0-300-06094-7 p. 22-23
  11. Adelson, Roger (1995). London and the Invention of the Middle East: Money, Power, and War, 1902-1922.. Yale University Press. ISBN 0-300-06094-7.
  12. Davison, Roderic H. (1960). "Where is the Middle East?". Foreign Affairs 38: p. 665–675. 
  13. Held, Colbert C. (2000). Middle East Patterns: Places, Peoples, and Politics. Westview Press. p. 7. ISBN 0-8133-8221-1.
  14. Davison, Roderic H. (1960). "Where is the Middle East?". Foreign Affairs 38 (4): 665–675. doi:10.2307/20029452
  15. "'Near East' is Mideast, Washington Explains". The New York Times. 1958-08-14. http://select.nytimes.com/gst/abstract.html?res=F70E10FC3D59127A93C6A81783D85F4C8585F9&scp=1&sq='Near%20East'%20is%20Mideast,%20Washington%20Explains&st=cse. Retrieved 2009-01-25

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Oriente Medio

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]