Febreiro
Aparencia
| << | Febreiro | >> | ||||
| Lu | Ma | Mé | Xo | Ve | Sá | Do |
| 1 | ||||||
| 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 |
| 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 |
| 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 |
| 23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 |
| 2026 Todos os días | ||||||

Febreiro é o segundo mes do ano no calendario gregoriano, con 28 días os anos normais e 29 os anos bisestos. Tres veces ao longo da historia, e só en determinados países, houbo un 30 de febreiro. Tamén recibe o nome en galego de candeloria,[1] derivado do día da Candeloria que se celebra o 2 de febreiro.
Acontecementos en febreiro
[editar | editar a fonte]- O 14 de febreiro celébrase o Día dos namorados, ou de San Valentín.
- O terceiro domingo de febreiro celébrase o Día Mundial das Baleas.[2]
- Por estas datas celébranse os seguintes certames cinematográficos: Premios Goya da Academia de Artes Cinematográficas de España, a Berlinale en Alemaña, os premios Mestre Mateo da Academia Galega do Audiovisual e finalmente os Premios Óscar (por orde máis ou menos cronolóxica).
Febreiro na cultura popular
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Febreiro na cultura popular galega.
- Por San Brais, dúas horas máis. [3 de febreiro]
- Por San Pedro da Cuadrela, sal a cóbrega da súa pedra. [22 de febreiro]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para candeloria.
- ↑ "Día Mundial de las Ballenas" (en castelán). Consultado o 10.03.2025.
| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Febreiro |