Comedor

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Comedor señorial.

O comedor[1] designa un espazo ou lugar no cal as persoas se reúnen para inxerir alimentos, xa sexa almorzo, comida, cea ou refrixerio. Pode haber un ou varios comedores nunha casa, edificio, empresa, hotel, oficina ou escola. Dependendo do lugar, do servizo e dos produtos que ofreza o comedor pode cambiar de nome: restaurante ou cafetaría, pero cumpre a mesma finalidade. O comedor é unha ampliación da cociña e polo xeral atópase preto desta, coa finalidade de atender ben aos comensais, e de levar e traer sen dificultade os aveños necesarios para a inxesta de alimentos: pratos, cubertos, manteis, potas con comida, xerras, panos de mesa etc. En ocasións, para aproveitar o espazo, a cociña e o comedor atópanse nun mesmo sitio.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para comedor.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]