Esperanza de vida

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Esperanza de vida por zona país:      +80 anos      +75 anos      +70 anos      +60 anos      +50 anos      - 50 anos

A esperanza de vida é a media da cantidade de anos que vive unha certa poboación nun certo período de tempo. Adóitase dividir en masculina e feminina, e vese influenciada por factores coma a calidade da medicina, a hixiene, as guerras, etc, se ben actualmente adóitase referir unicamente ás persoas que teñen unha morte non violenta.

Definición[editar | editar a fonte]

A esperanza de vida ó nacer é unha estimación do promedio de anos que viviría un grupo de persoas nadas o mesmo ano se os movementos na taxa de mortalidade da rexión avaliada se mantiveron constantes. É un dos indicadores da calidade de vida máis comúns e en ocasións utilízase para medir o retorno sobre a inversión no capital humano dunha rexión por organismos ou institucións internacionais.

Advertencias[editar | editar a fonte]

A esperanza de vida non é a esperanza matemática do número de anos que vivirá realmente unha persoa. Isto sucede por culpa dos cambios tecnolóxicos e outros incidentes que variarán as taxas de mortalidade. Realmente o que chamamos "esperanza" de vida no ano t, EV0(t) é o promedio de idade das persoas falecidas un ano, isto é:

EV_0(t) = \sum_{j=1}^{j=\infty} p_j(t) \cdot j


Onde pj(t) é a proporción de persoas falecidas á idade j no ano t (expresada en tanto por 1). Mentres que a verdadeira esperanza matemática de vida <EV(t)> viría dada por:

 \lang EV(t) \rang = \sum_{j=1}^{j=\infty} \bar{p}_j(t) \cdot j


Onde pj(t) é a probabilidade de que unha persoa nada no ano t morra á idade de j anos. Se as condicións de saúde melloran obxectivamente e non ocorren desastres ou cataclismos abruptos durante a vida das persoas nadas nun ano, espérase que a esperanza de vida estimada por cálculos de defuncións sexa inferior á verdadeira esperanza de vida: EV_0(t) < \lang EV(t) \rang.

Por outra banda, está moi estendida a crenza errónea de que a esperanza de vida ó nacer corresponde coa idade de senectude: por exemplo, óese con frecuencia que, na prehistoria, os seres humanos eran anciáns á idade de 30 ou 40 anos. Isto é totalmente falso. Unha esperanza de vida de 40 anos pode significar, por exemplo, simplificando moito, que a metade da poboación morre ó nacer ou no seu primeiro ano de vida (cousa bastante razoable na prehistoria) e a outra metade ós 80 anos de idade.

Algúns valores[editar | editar a fonte]

Aínda que a media mundial é de 66,7 anos (en 2005), existen diferenzas abismais entre as distintas zonas do planeta. En Europa e América do Norte a media é de 73 anos, en Oceanía é de 70 anos, en Latinoamérica de 69 anos, en Asia de 61 e en África de 55.

Segundo o informe anual da ONU, os Estados con menor expectativa son Zambia con 37,5 anos, a República Centroafricana con 39,3, Malawi con 39,7 e Serra Leoa con 40,8. Os de maior expectativa son Xapón con 82, a rexión de Hong Kong, China con 81,6, Islandia con 80,7 e Suíza con 80,5.

Esperanza de vida no mundo[editar | editar a fonte]

2000 - 2005 anos de vida
América do Norte 77,6
Oceanía 74,0
Europa 73,7
Asia 67,3
América Latina 71,5
África 49,1


Ranking de
paises soberanos
Ranking por
país
País Esperanza de vida
ó nacer (anos)
Data de información
1 1 Andorra 83,51 2006 est.
2 Macau (PRC) 82,19 2006 est.o
2 3 San Mariño 81,71 2006 est.
2 3 Singapur 81,71 2006 est.
5 Hong Kong (PRC) 81,59 2006 est.
4 6 Xapón 81,25 2006 est.
5 7 Suecia 80,51 2006 est.
5 7 Suíza 80,51 2006 est.
7 9 Australia 80,50 2006 est.
10 Guernsey (Reino Unido) 80,42 2006 est.
8 11 Islandia 80,31 2006 est.
9 12 Canadá 80,22 2006 est.
13 Illas Caimán (Reino Unido) 80,07 2006 est.
10 14 Italia 79,81 2006 est.
15 Xibraltar (Reino Unido) 79,80 2006 est.
11 16 Francia 79,73 2006 est.
12 17 Mónaco 79,69 2006 est.
13 18 Liechtenstein 79,68 2006 est.
14 19 España 79,65 2006 est.
15 20 Noruega 79,54 2006 est.
16 21 Israel 79,46 2006 est.
22 Jersey (Reino Unido) 79,38 2006 est.
23 Illas Feroe (Dinamarca) 79,35 2006 est.
24 Aruba (Países Baixos) 79,28 2006 est.
17 25 Grecia 79,24 2006 est.
26 Martinica (Francia) 79,18 2006 est.
18 27 Austria 79,07 2006 est.
28 Illas Virxes (Estados Unidos) 79,05 2006 est.
19 29 Malta 79,01 2006 est.
20 30 Países Baixos 78,96 2006 est.
21 31 Luxemburgo 78,89 2006 est.
32 Montserrat (Reino Unido) 78,85 2006 est.
22 33 Nova Zelandia 78,81 2006 est.
23 34 Alemaña 78,80 2006 est.
24 35 Bélxica 78,77 2006 est.
36 Saint-Pierre et Miquelon (Francia) 78,61 2006 est.
37 Guam (Estados Unidos) 78,58 2006 est.
25 38 Reino Unido 78,54 2006 est.
26 39 Finlandia 78,50 2006 est.
40 Illa de Man (Reino Unido) 78,49 2006 est.
27 41 Xordania 78,40 2006 est.
42 Puerto Rico (Estados Unidos) 78,40 2006 est.
43 Unión Europea 78,30 2006 est.
44 Guadalupe (Francia) 78,06 2006 est.
28 45 Bosnia-Hercegovina 78 2006 est.
46 Bermudas (Estados Unidos) 77,96 2006 est.
47 Santa Helena (Reino Unido) 77,93 2006 est.
29 48 Estados Unidos 77,85 2006 est.
30 49 Chipre 77,82 2006 est.
31 50 Dinamarca 77,79 2006 est.
32 51 Irlanda 77,56 2005 est.
33 52 Portugal 77,53 2006 est.
34 53 Taiwán 77,26 2006 est.
35 54 Albania 77,24 2006 est.
36 55 Cuba 77,23 2006 est.
56 Anguilla (Reino Unido) 77,11 2006 est.
57 Güiana Francesa (Francia) 77,09 2006 est.
37 58 Kuwait 77,03 2006 est.
38 59 Corea do Sur 76,85 2006 est.
39 60 Costa Rica 76,84 2006 est.
40 61 Chile 76,58 2006 est.
41 62 Libia 76,50 2006 est.
63 Illas Virxes Británicas (Reino Unido) 76,49 2006 est.
42 64 Ecuador 76,21 2006 est.
43 65 Eslovenia 76,14 2006 est.
44 66 Uruguai 76,13 2006 est.
45 67 República Checa 76,02 2006 est.
46 68 Arxentina 75,91 2006 est.
69 Polinesia Francesa (Francia) 75,90 2006 est.
70 Illas Marianas do Norte (Estados Unidos) 75,88 2006 est.
47 70 Xeorxia 75,88 2006 est.
72 Samoa Oriental (Estados Unidos) 75,84 2006 est.
73 Antillas Neerlandesas (Países Baixos) 75,83 2006 est.
48 74 Arabia Saudita 75,46 2006 est.
49 75 Panamá 75,25 2006 est.
50 76 Emiratos Árabes Unidos 75,24 2006 est.
51 77 México 75,19 2006 est.
52 78 Paraguai 74,89 2006 est.
53 79 Tunisia 74,89 2006 est.
54 80 Brunei 74,80 2006 est.
55 81 Polonia 74,74 2006 est.
56 82 Serbia e Montenegro 74,73 2006 est.
57 83 Dominica 74,65 2006 est.
84 Illas Turcas e Caicos (Reino Unido) 74,51 2006 est.
58 85 Eslovaquia 74,50 2006 est.
59 86 Croacia 74,45 2006 est.
60 87 Venezuela 74,31 2006 est.
61 88 Bahrayn 74,23 2006 est.
89 Nova Caledonia (Francia) 74,04 2006 est.
62 90 Lituania 73,97 2006 est.
91 Illa Reunión (Francia) 73,95 2006 est.
63 92 República de Macedonia 73,73 2006 est.
64 93 Qatar 73,67 2006 est.
65 94 San Vicente e as Granadinas 73,62 2006 est.
66 95 Santa Lucía 73,61 2006 est.
67 96 Xamaica 73,33 2006 est.
68 97 Sri Lanka 73,17 2006 est.
69 98 Omán 73,13 2006 est.
99 Cisxordania 73,08 2006 est.
70 100 Alxeria 73,00 2006 est.
71 101 Illas Salomón 72,66 2006 est.
72 102 Líbano 72,63 2006 est.
73 103 Barbados 72,59 2006 est.
74 104 Hungría 72,40 2006 est.
75 105 Mauricio 72,38 2006 est.
76 106 Turquía 72,36 2006 est.
77 107 China 72,27 2006 est.
78 108 Malaisia 72,24 2006 est.
79 109 San Kitts e Nevis 72,15 2006 est.
80 110 Bulgaria 72,03 2006 est.
81 111 Tailandia 71,95 2006 est.
82 112 Antiga e Barbuda 71,90 2006 est.
83 113 Seychelles 71,82 2006 est.
114 Franxa de Gaza 71,79 2006 est.
84 115 Estonia 71,77 2006 est.
85 116 Colombia 71,72 2006 est.
86 117 Brasil 71,69 2006 est.
87 118 Armenia 71,55 2006 est.
88 119 República Dominicana 71,44 2006 est.
89 120 Corea do Norte 71,37 2006 est.
90 121 Romanía 71,35 2006 est.
91 122 El Salvador 71,22 2006 est.
92 123 Letonia 71,05 2006 est.
93 124 Exipto 71 2006 est.
94 125 Samoa 70,72 2006 est.
95 126 Marrocos 70,66 2006 est.
96 127 Vietnam 70,61 2006 est.
97 128 Cabo Verde 70,45 2006 est.
98 129 Nicaragua 70,33 2006 est.
99 130 Palau 70,14 2006 est.
100 131 Siria 70,03 2006 est.
101 132 Illas Marshall 70,01 2006 est.
102 133 Irán 69,96 2006 est.
103 134 Filipinas 69,91 2006 est.
104 135 Estados Federados de Micronesia 69,75 2006 est.
105 136 Ucraína 69,68 2006 est.
137 Groenlandia (Dinamarca) 69,65 2006 est.
106 138 Indonesia 69,57 2006 est.
107 139 Fixi 69,53 2006 est.
107 139 Perú 69,53 2006 est.
107 139 Tonga 69,53 2006 est.
110 142 Honduras 69,30 2006 est.
111 143 Guatemala 69,06 2006 est.
112 144 Suriname 68,96 2006 est.
113 145 Bielorrusia 68,72 2006 est.
114 146 Iraq 68,7 2006 est.
115 147 Belize 68,44 2006 est.
116 148 Quirguicistán 68,16 2006 est.
117 149 Tuvalu 68,01 2006 est.
118 150 Rusia 67,1 2006 est.
119 151 Santo Tomé e Príncipe 66,99 2006 est.
120 152 Trinidad e Tobago 66,73 2006 est.
121 153 Casaquistán 66,55 2006 est.
122 154 Timor Oriental 65,9 2006 est.
123 155 Bahamas 65,54 2006 est.
124 156 Bolivia 65,5 2006 est.
124 156 Güiana 65,5 2006 est.
126 158 Moldavia 65,18 2006 est.
127 159 Papúa Nova Guinea 64,93 2006 est.
128 160 Taxiquistán 64,56 2006 est.
129 161 Granada 64,53 2006 est.
130 162 Mongolia 64,52 2006 est.
131 163 India 64,35 2006 est.
132 164 Usbequistán 64,19 2006 est.
133 165 Maldivas 64,06 2006 est.
134 166 Acerbaixán 63,35 2006 est.
135 167 Paquistán 63 2006 est.
136 168 Nauru 62,73 2006 est.
137 169 Vanuatu 62,49 2006 est.
138 170 Bangladesh 62,08 2006 est.
139 171 Comores 61,96 2006 est.
140 172 Iemen 61,75 2006 est.
141 173 Kiribati 61,71 2006 est.
174 Mayotte (Francia) 61,39 2006 est.
142 174 Turcomenistán 61,39 2006 est.
143 176 Myanmar 60,7 2006 est.
144 177 Nepal 59,8 2006 est.
145 178 Camboxa 58,92 2006 est.
146 179 Senegal 58,9 2006 est.
147 180 Sudán 58,54 2006 est.
148 181 Eritrea 58,47 2006 est.
148 181 Ghana 58,47 2006 est.
150 183 Togo 57,01 2006 est.
151 184 Madagascar 56,95 2006 est.
152 185 Laos 55,08 2006 est.
153 186 Gabón 55,02 2006 est.
154 187 Bután 54,39 2006 est.
155 188 Gambia 53,75 2006 est.
156 189 Haití 52,92 2006 est.
157 190 Mauritania 52,73 2006 est.
158 191 Benin 52,66 2006 est.
159 192 República do Congo 52,26 2006 est.
160 193 Uganda 51,59 2006 est.
161 194 República Democrática do Congo 51,1 2006 est.
162 195 Camerún 50,89 2006 est.
163 196 Burundi 50,29 2006 est.
164 197 Guinea Ecuatorial 49,7 2006 est.
165 198 Guinea 49,36 2006 est.
166 199 Etiopía 48,83 2006 est.
167 200 Malí 48,64 2006 est.
168 201 Costa de Marfil 48,62 2006 est.
169 202 Burkina Faso 48,45 2006 est.
170 203 Somalia 48,09 2006 est.
171 204 Kenya 47,99 2006 est.
172 205 Chad 47,18 2006 est.
173 206 Ruanda 46,96 2006 est.
174 207 Nixeria 46,74 2006 est.
175 208 Guiné-Bissau 46,61 2006 est.
176 209 Tanzania 45,24 2006 est.
177 210 Namibia 43,93 2006 est.
178 211 Níxer 43,5 2006 est.
179 212 República Centroafricana 43,39 2006 est.
180 213 Sudáfrica 43,27 2006 est.
181 214 Djibuti 43,1 2006 est.
182 215 Afganistán 42,9 2006 est.
183 216 Malawi 41,43 2006 est.
184 217 Mozambique 40,32 2006 est.
185 218 Serra Leoa 39,87 2006 est.
186 219 Zambia 39,7 2006 est.
188 220 Liberia 38,89 2006 est.
189 221 Angola 38,43 2006 est.
187 222 Cimbabue 37,82 2006 est.
190 223 Lesotho 34,47 2006 est.
191 224 Botswana 33,87 2006 est.
192 225 Suacilandia 33,22 2006 est.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Esperanza de vida