Rodrigo Duterte
Rodrigo Roa Duterte,[1] nado en Maasin, Leyte, o 28 de marzo de 1945, é un político e avogado filipino de orixe mindanaense, actual presidente de Filipinas dende o 30 de xuño de 2016 ó resultar vencedor nas eleccións presidenciais de 2016.[2][3][4][5]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Rodrigo Duterte naceu o 28 de marzo de 1945, durante a ocupación estadounidense de Filipinas, en Maasin, hoxe capital de Leyte do Sur, entón parte da provincia insular de Leyte na Mancomunidade Filipina. Froito do matrimonio formado por Vicente G. Duterte (1911-1968), avogado cebuano e Soledad Roa (1916-2012), unha mestra de Cabadbaran, cidade filipina, situada na parte nordeste da illa de Mindanao, de ascendentes maranaos.
O seu avó materno era orixinario de Xiamen na provincia chinesa de Fujian.[6]
O seu pai foi alcalde de Danao (Cebú). En 1949 trasládase á provincia de Davao da que foi gobernador (1959-1965).[7] O cebuano é o idioma principal da cidade de Davao na illa filipina de Mindanao.
A familia Duterte está emparentada coas familias políticas cebuanas dos Durano e as Alamendras. O seu tío Ramón Duterte foi alcalde da cidade de Cebú (1957-1959), cargo que ocupou tamén o seu primo Ronaldo (1983-1986).[8] A súa nai forma parte do clan Roa orixinarios da illa de Leyte.
A familia Duterte viviu brevemente en Maasin (Leyte), trasladándose á cidade natal do seu pai, Danao (Cebú), onde Rodrigo viviu até os catro anos de idade, cando se trasladan a Mindanao en 1948, pero non foi até 1949 que ía e viña das Visayas.[9] Finalmente en 1950 a familia Duterte asentouse na Rexión de Davao. Mentres que o seu pai Vicente exercía como avogado, a súa nai, Soledad impartía docencia como mestra na escola pública. En 1952 o seu pai inicia a súa carreira política.
En outubro de 2021, Rodrigo Duterte anunciou que non se presentaba á vicepresidencia en 2022 e que se retiraría da vida política.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Personal Data". Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2015. Consultado o 06 de xullo de 2018.
- ↑ "Rodrigo Duterte ya es presidente de Filipinas".
- ↑ "Duterte seals presidency in Congress official tally".
- ↑ "Duterte, Robredo win in final, official tally".
- ↑ "Official count: Duterte is new president, Robredo is vice president". Arquivado dende o orixinal o 25 de decembro de 2018. Consultado o 06 de xullo de 2018.
- ↑ The Philippines' president is headed to China with high hopes, but he may be in for a rough landing: Mi abuelo es chino ... Es sólo China (que) nos puede ayudar".
- ↑ En 1967, la provincia de Davao se divide en tres provincias: Davao del Norte, Davao del Sur y Davao Oriental.
- ↑ 17 Things You Didn’t Know About Rodrigo Duterte.
- ↑ “We are really from Danao. We left and went to Mindanao in 1948,” Duterte said in Bisaya when he visited Cebu City last January.