Xogos Olímpicos de 1980

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Xogos Olímpicos de 1980
SedeMoscova, Unión Soviética
Nacións80
Atletas5 179 (4 064 homes, 1 115 mulleres)
Eventos203 en 21 deportes (27 disciplinas)
Apertura19 de xullo de 1980
Clasura3 de agosto de 1980
Inaugurado porLeonid Brezhnev[1]
Lapa olímpicaSergei Belov[1]
EstadioEstadio Central Lenin

Os Xogos Olímpicos de 1980 foron celebrados en Moscova (Unión Soviética) entre o 19 de xullo e o 3 de agosto. Inaugurounos o presidente Leonid Brezhnev e contaron coa participación de 5.179 atletas de 80 estados, o máis baixo comparecemento ós Xogos dende Melbourne 1956, debido ó maior boicot realizado na historia olímpica, cando a inxerencia da política no deporte chegou a seu punto máis alto e decisivo.

No comezo de 1980, como protesta contra a invasión soviética de Afganistán, o presidente norteamericano Jimmy Carter anunciou o boicot da súa nación ós Xogos Olímpicos de Moscova no ano seguinte, conclamando ós seus aliados polo mundo a daren o mesmo exemplo; 69 estados seguiron o camiño dos Estados Unidos, levando estes Xogos a un nivel de calidade máis baixo. Mesmo así, producíronse algunhas marcas e desempeños excepcionais e até atletas de países que apoiaron a acción americana acabaron participando individualmente baixo a bandeira olímpica.

Este comezo dos anos 80 representou o pior momento vivido polos Xogos Olímpicos e polo Comité Olímpico Internacional en toda a súa existencia, co, obviamente, xa agardado boicot pola URSS e os seus aliados ós Xogos seguintes nos Ánxeles, facendo que os seus dirixentes temesen pola extinción das Olimpíadas.

Boicot[editar | editar a fonte]

Mapa dos boicots olímpicos

Dada a invasión soviética de Afganistán, en 1979, os Estados Unidos de América decidiron boicotear os Xogos Olímpicos de 1980. O presidente americano Jimmy Carter deu un ultimato ós soviéticos, o 20 de febreiro de 1980, para a completa retirada das tropas militares de Afganistán. O boicot foi anunciado o 21 de marzo.

Jimmy Carter premeu a outros países para se adherir ó boicot, no que finalmente se adheriron 69 países, incluíndo Alemaña Occidental, o Canadá e o Xapón. Algúns países occidentais apoiárono, como Francia, Portugal e o Reino Unido, mais deixaron ós seus atletas decidir por eles mesmos se querían ir á Unión Soviética ou non. Porén, eses países mandaron unha delegación de atletas moito menor do que eles normalmente mandan ós Xogos Olímpicos. Por causa diso, Italia foi a principal representante da Europa Occidental nos Xogos de 1980. O boicot afectou severamente moitos eventos.

No total, 80 países competiron nos Xogos de 1980, o número mais baixo dende 1956. Dunha maneira ou outra, os xogos foron ben organizados, e máis marcas olímpicos foron quebradas nos Xogos de 1980 que nos Xogos de 1976, realizados en Montreal.

Modalidades disputadas[editar | editar a fonte]

Estados participantes

Cadro de medallas[editar | editar a fonte]

Cadro de Medallas
Posición País   Gold     Silver     Bronze   Total
1 Unión Soviética Unión Soviética 80 69 46 195
2 Alemaña Democrática Alemaña Oriental 47 37 42 126
3 Bulgaria Bulgaria 8 16 17 41
4 Cuba 8 7 5 20
5 Italia Italia 8 3 4 15
6 Hungría Hungría 7 10 15 32
7 Romanía Romanía 6 6 13 25
8 Francia 6 5 3 14
9 Reino Unido Reino Unido 5 7 9 21
10 Polonia Polonia 3 14 15 32

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Factsheet – Opening Ceremony of the Games of the Olympiad" (PDF) (Nota de prensa). International Olympic Committee. 9 de outubro de 2014. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 14 de agosto de 2016. Consultado o 22 de decembro de 2018.