Biblioteca Nacional do Brasil

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Biblioteca Nacional, Río de Xaneiro

A Biblioteca Nacional do Brasil[1], cuxo nome oficial institucional é Fundación Biblioteca Nacional, é o depositario do patrimonio bibliográfico e documental en Brasil. Ten a súa sede en Río de Xaneiro.

Características[editar | editar a fonte]

Considerada pola UNESCO unha das dez bibliotecas nacionais máis grandes do mundo e a máis grande de América Latina.[2] Entre as súas diversas responsabilidades está a de conservar, actualizar e dar a coñecer unha colección con máis de nove millóns de pezas, que comezou coa chegada da Real Biblioteca de Portugal a Brasil e crece constantemente, a través de doazóns, adquisicións e co depósito legal.

Entre os obxectos que deberían acompañar a familia real en súa viaxe a Brasil había os caixas de libros e documentos da Biblioteca Nacional da Ajuda, en Lisboa, cunha colección de arredor de 60.000 pezas. A toda présa, as caixas foron abandonadas no porto e só en 1810 comezou a ser trasladada a Brasil. Coa colección reunida de novo, o príncipe rexente Xoán VI de Portugal fundou a Biblioteca Nacional Real. Ata 1814, só os estudosos puideron consultar a biblioteca e, aínda así, con autorización real. Despois desa data, o acceso foi lanzado ao público.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. George Ermakoff. Bibliotecas Brasileiras, tradução de Luis Brown. Rio de Janeiro: George Ermakoff Casa Editorial, 2015. ISBN 978-85-98815-33-6
  2. Histórico da Biblioteca no sítio da Fundação Biblioteca Nacional
  3. MORAES, Rubens Borba de. e AZEVEDO, Elisa de Mello Kerr. (Novembro de 2017). "Livros e Bibliotecas no Brasil Colonial. 2 ed. Brasília: Briquet de Lemos/ Livros, 2006, p. 20. p.60." (PDF). Consultado o 19 de novembro de 2017.