Palawan
Palawan | |
---|---|
![]() Localización de Palawan | |
![]() Unha praia de Palawan | |
Situación | |
País | ![]() |
Provincia | Palawan |
Arquipélago | Illas Filipinas |
Mar | Mar da China Meridional, Mar de Sulu |
Coordenadas | 9°30′N 118°30′L / 9.500, -118.500 |
Xeografía | |
Superficie | 12.188´6[1] km² |
Longura máxima | 425 km. |
Largura máxima | 40 km. |
Perímetro | 1.354´1 km. |
Punto máis alto | 2.085 m. Monte Mantalingahan |
Demografía | |
Capital | Puerto Princesa (pob. 255.116) |
Poboación | 886.308 (2015) |
Densidade | 72´7 hab./km² |
A illa de Palawan é a illa máis grande da provincia de Palawan, Filipinas e a quinta illa máis grande do país. A costa noroeste da illa está ao longo do Mar da China meridional, mentres que a costa do sueste forma parte do límite norte do Mar de Sulu.[2] Gran parte da illa segue sendo tradicional e é considerada por algúns como subdesenvolvida. Mantense pouco desenvolvida e silvestre, con abundante vida salvaxe, xunglas e montañas. As costas son de area branca, o que as converte en grandes atraccións turísticas, así como as compañías internacionais que buscan oportunidades de desenvolvemento.[3]
Xeografía[editar | editar a fonte]
Toda a lonxitude da illa forma unha cordillera, cunha altitude máxima de 2085 m en Monte Mantalingajan. Outros picos significativos son o Monte Gantung en Batazara e o Pico Vitoria 1726 m. en Narra.
A capital da provincia chámase Porto Princesa. Como atraccións turísticas a destacar, atópase o río subterráneo duns 8 quilómetros que se pode visitar e percorrer en barca, a zona do norte chamada o Niño, con variadas paraxes e zonas de mergullo e unha frondosa xungla, espazo declarado de interese mundial pola UNESCO.

Historia[editar | editar a fonte]
A illa foi o escenario da batalla de Palawan en 1945. Unha ducia de navíos xaponeses atópanse afundidos entre 10 e 43 metros de profundidade preto das súas costas e das illas próximas, como Busuanga e Coron[4]..
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Islands of Philippines". Island Directory. United Nations Environment Programme. Arquivado dende o orixinal o 28 de abril de 2019. Consultado o 28 de febreiro de 2017.
- ↑ C.Michael Hogan. 2011. Sulu Sea
- ↑ Keenan, Jillian. "The Grim Reality Behind the Philippines' Economic Growth". The Atlantic (en inglés). Consultado o 2017-02-27.
- ↑ http://www.coronwrecks.com/sites.htm#fishing_boat
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Palawan ![]() |
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- C.Michael Hogan. 2011. Sulu Sea. Encyclopedia of Earth. Eds. P.Saundry & C.J.Cleveland. Washington DC