Taiwán
中華民國 (zh-tw) Tiong-hoâ Bîn-kok (nan-latn-pehoeji) Chûng-fà Mìn-koet (hak) taiwan (pwn) Tiong-huâ-bîn-kok (nan-latn-tailo) 中華民國 (nan-hant) 臺灣 (zh-tw) 台灣 (nan-hant) Tâi-oân (nan-latn-pehoeji) | |||||||||||||||||
Himno | Himno nacional de Taiwán (1928) | ||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Territorio reivindicado por | República Popular da China (1949–) | ||||||||||||||||
Capital | Taipei (1949–) | ||||||||||||||||
Contén a división administrativa | |||||||||||||||||
Poboación | |||||||||||||||||
Poboación | 23.412.899 (2024) (646,89 hab./km²) | ||||||||||||||||
Número de fogares | 9.309.862 (2024) | ||||||||||||||||
Lingua oficial | mandarín taiwanés Taiwanese Hakka (en) Língua taiwanesa (pt) Lingua amis Lingua paiwan Kinmen dialect (en) O-ku-uā (en) Matsu dialect (en) língua de sinais de Taiwan (pt) Língua saisiyat (pt) Puyuma (en) Lingua atayal Língua tsou (pt) Língua bunun (pt) Lingua rukai Truku (en) Lingua seediq Lingua sakizaya Língua yami (pt) Língua kavalan (pt) Língua kanakanavu (pt) Língua saaroa (pt) | ||||||||||||||||
Relixión | budismo, Taoísmo e Relixión tradicional chinesa | ||||||||||||||||
Xeografía | |||||||||||||||||
Parte de | |||||||||||||||||
Superficie | 36.193 km² | ||||||||||||||||
Auga | 10,3 % | ||||||||||||||||
Bañado por | Mar da China Oriental, Estreito de Taiwán, Canal de Bashi (pt) , Océano Pacífico, Mar da China Meridional e Mar de Filipinas | ||||||||||||||||
Punto máis alto | Yu Shan (3.952 m) | ||||||||||||||||
Comparte fronteira con | |||||||||||||||||
Datos históricos | |||||||||||||||||
Precedido por | |||||||||||||||||
Creación | 1 de xaneiro de 1912 | ||||||||||||||||
Evento clave
| |||||||||||||||||
Organización política | |||||||||||||||||
Forma de goberno | República semipresidencialista democracia (1996–) república constitucional | ||||||||||||||||
• Presidente da República da China | Lai Ching‑te (pt) (2024–) | ||||||||||||||||
Órgano executivo | Yuan Executivo (pt) | ||||||||||||||||
• Premier of the Republic of China (en) | Cho Jung-tai (en) (2024–) | ||||||||||||||||
Órgano lexislativo | Legislativo Yuan (pt) Circunscrición: 73, (Escano: 113) | ||||||||||||||||
Máxima autoridade xudicial | Supreme Court of the Republic of China (en) | ||||||||||||||||
Membro de | Western and Central Pacific Fisheries Commission (en) Commission for the Conservation of Southern Bluefin Tuna (en) Inter-American Tropical Tuna Commission (en) Consello de Seguridade das Nacións Unidas (1945–1971) ONU (1945–1971) Banco Asiático de Desenvolvemento (1966–) Cooperación Económica Asia-Pacífico (1991–) Banco Centroamericano de Integración Económica (1992–) Organización Mundial do Comercio (2002–) Visa Waiver Program (2012–) | ||||||||||||||||
Moeda | novo dólar taiwanês (pt) | ||||||||||||||||
Identificador descritivo | |||||||||||||||||
Fuso horario | |||||||||||||||||
Dominio de primeiro nivel | .tw | ||||||||||||||||
Prefixo telefónico | +886 | ||||||||||||||||
Teléfono de emerxencia | 119, 110 e 112 | ||||||||||||||||
Código de país | TW | ||||||||||||||||
Sitio web | gov.tw | ||||||||||||||||
A República da China (en chinés tradicional: 中華民國; pinyin: ZhongHuá MínGuó; Wade-Giles: Chung Hua Min Kuo), coñecida polo xeral como Taiwán[1] (en chinés tradicional: 臺灣 ou 台灣; chinés simplificado: 台湾; (mandarín) pinyin: Táiwān; Wade-Giles: T'ai-wan; Taiwanés: Tâi-oân), é un territorio asiático formado por un arquipélago do que a Illa de Taiwán (tamén chamada Formosa) é a máis importante. A República da China deixou de ser membro das Nacións Unidas cando os países membros decidiron que o fose a República Popular da China. Taiwán é recoñecido como a República da China por 14 países. Non é recoñecida pola maioría dos países do mundo, aínda que tivo e ten relacións económicas e militares con moitos deles.
Historia
[editar | editar a fonte]A illa estivo controlada entre 1624 e 1662 polos holandeses ata que foron expulsados por Cheng Cheng-Kung (鄭成功) (tamén coñecido por Koxinga), un antigo pirata ás órdes da dinastía Ming, organizando a primeira vaga de colonizadores chineses na illa, que desprazarían gradualmente os habitantes orixinais cara ó interior. Trala Guerra chino-xaponesa de 1894-1895, a China foi obrigada a ceder Taiwán ao Xapón a perpetuidade.
Tras a fin da segunda guerra mundial en 1945, o Xapón aceptou os termos da Conferencia de Potsdam que facían referencia á Conferencia do Cairo pola cal a illa retornaba á China. As tropas recentemente chegadas masacraron a uns 30.000 nativos, posteriormente chegaron dous millóns de refuxiados dende o continente, trala derrota na guerra civil a mans das forzas do Partido Comunista Chinés, comandadas por Mao Tse Tung. No tratado de paz de San Francisco que entrou en vigor o 28 de abril de 1952, Xapón renunciou formalmente á soberanía sobre a illa e sobre as Illas Pescadores. O tratado non facía referencia a quen debería entregarse a illa, o cal serviu como xustificación ós partidarios da independencia da illa.
O Kuomintang mantivo unha ditadura ata 1991, primeiro dirixida por Chiang Kai-shek, sucedido á súa morte polo seu fillo Chiang Ching-kuo, e despois por Lee teng-hui. Ata 1987 mantívose o estado de guerra, Taiwán foi o representante oficial da China na ONU ata 1979. Nos anos noventa asístese á progresiva democratización da illa, culminando nas eleccións do ano 2000, en que por primeira vez o KMT é derrotado, accedendo á presidencia Chen Shui-bian.
Organización político-administrativa
[editar | editar a fonte]Oficialmente Taiwán segue considerándose a si mesma como a verdadeira representante de toda a China, polo que legalmente segue sendo unha provincia máis.
Tanto a constitución da República Popular da China como a da República da China, o réxime que exerce a soberanía real sobre a illa, consideran o territorio de Taiwán e as Illas Pescadores como unha provincia da China.
Na propia illa, o feito de que desde 1949 o territorio baixo soberanía da República da China coincida case na súa totalidade co da Provincia de Taiwán provocou unha situación paradoxal de duplicidade burocrática, ao solaparse as administracións provincial e nacional. Esta situación levou nos últimos anos a unha progresiva eliminación das institucións provinciais. Ademais, as cidades de Taipei e Kaohsiung son na actualidade independentes do goberno provincial de Taiwán, atopándose baixo administración directa do goberno central.
A República Popular da China, aínda que reivindica este territorio como provincia propia, nunca exerceu a soberanía política sobre este.
Xeografía
[editar | editar a fonte]A illa de Taiwán está situada a 200 quilómetros ó sueste da China continental, separadas polo estreito de Taiwán. Existe un contraste entre os dous terzos orientais da illa, cun terreo moi montañoso, con cinco cordilleiras dispostas de norte a sur, culminando no pico Iu Shan a 3.952 metros. A zona chá está na costa occidental, onde se concentra case toda a poboación.
O clima de Taiwán é tropical marítimo. A estación das choivas dura dende xuño ata agosto afectada polo monzón do suroeste. Son frecuentes os Tifóns e os terremotos na illa.
Economía
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Economía de Taiwán.
A chegada de chineses de clase media e alta en 1949, tradicionalmente dedicados ó comercio, os investimentos xaponeses e os de Estados Unidos, converteron a Taiwán nun dos novos países industrializados. O país adaptouse ben á Crise de 1973, reconvertendo as súas industrias ó sector das altas tecnoloxías, e hoxe é un dos primeiros fabricantes mundiais de microprocesadores.
Recentemente Taiwán pasou a converterse nun dos maiores investidores na República Popular da China. Estas relacións económicas víronse reforzadas en 2014 coa entrada en vigor do acordo de Libre Comercio entre a China e Taiwán.
Demografía
[editar | editar a fonte]Case tódolos taiwaneses son descendentes de emigrantes da China continental, chegados nos séculos XVII e XIX e sobre todo en 1949, cando os partidarios do Kuomintang se refuxiaron na illa.
Dos habitantes orixinarios da illa (malaio-polinesios), só uns 370.000 sobreviven nas zonas montañosas do interior da illa.
Cultura
[editar | editar a fonte]Lingüisticamente, a illa de Taiwán está considerada o berce das linguas malaio-polinesias, xa que dos catro grupos nos que se divide a familia todos están presentes na illa e un deles é a orixe do resto de linguas que se falan en Madagascar, Indonesia, Filipinas e a Polinesia.
Deporte
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Taipei chinés nos Xogos Olímpicos.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ López Martínez, María Cruz (2005). Gran dicionario século 21 da lingua galega. Editorial Galaxia. p. 1445. ISBN 9788482893419.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial do goberno (en inglés)
- Directorio oficial (en inglés)
- Radio Taiwan Internacional
- Relacións entre Taiwán e a UE (en francés)