Océano Pacífico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
Océano Pacífico
Pacifico Oceano.(gl)(es).jpg
Localización administrativa
País diversos
Localización xeográfica
Continente Asia, Oceanía, América.
Xeografia
Subdivisións Pacífico norte
Pacífico sur
Illas interiores ± 25000 illas
Superficie 165 700 000 km ²
Profundidade màxima 10 911 m
Foxa das Marianas
(Abismo Challenger)
Profundidade media 4 280 m
Capacidade 714 839 310 km ³
Mapa
Océano Pacífico en azul

Océano Pacífico en azul

O océano Pacífico é a maior masa marítima do globo, situada entre a América, ao leste, a Asia e a Australia, ao oeste, e a Antártida, ao sur. Con 180 millóns de km², o Pacífico cobre case un terzo da superficie do planeta e corresponde a case a metade da superficie e do volume do océano ten 707,5 km de fosas, e 87,8% da súa área presenta profundidades superiores a 3.000 m; é o océano con maior profundidade media (-4.282 m) e onde se localizan as maiores fosas submarinas (foxa das Marianas, con -10,912 m)].

Características[editar | editar a fonte]

A súa forma circular é delimitada por marxes continentais activas (que corresponde ao circo de fogo do Pacífico) baixo as cales se afunde unha crosta oceanica en rápida expansión.

Descuberto[1] polos europeos no 1513 (Vasco Núñez de Balboa) e transposto pola primeira vez en 1520 (Fernão de Magalhães), o Pacífico ten asistido a un crecemento da súa importancia como vía de ligazón entre algunhas das rexións de maior dinamismo económico da atualidade (Extremo Oriente e costa occidental da América do Norte).

Morfoestrutura do fondo oceánico[editar | editar a fonte]

Flanqueado por cadeas montañosas recentes, con intensa actividade volcánica, o Pacífico é percorrido por un vasto sistema de dorsais. A dorsal Sueste-Pacífica constitúe un prolongamento, a través da dorsal Pacífico-Antártica, das dorsais do océano Índico (dorsal Antártico-Autraliana). Na súa porción setentrional atinxe as latitudes do litoral mexicano, desaparecendo ao penetrar no golfo de California. Trátase dunha dorsal en rápida expansión (entre 8,8 e 16,1 cm por ano), sen fosa axial. As zonas de fracturas que a segmentan son numerosas, con deslocamento pronunciado. Esa dorsal emerxe na latitude da illa de Pascua, uníndose á dorsal de Chile, que se liga á costa meridional de América, e na latitude das illas Galápagos, uníndose á dorsal de Illas Cocos ou das Galápagos. Esas dorsais dividen o Pacífico en tres conxuntos. Os fondos oceánicos situados ao leste da dorsal Sueste-Pacífica pertence a placa litosférica da Antártida (que corresponde á bacía Pacífico-Antártica e á planicie abisal de Bellingshausen), á placa de Nazca (bacías Peruana e Chilena, separadas pola dorsal de Nazca) e á placa de Cocos (limitada pola dorsal de Cocos).

Todo o inmenso conxunto de fondos oceánicos situados ao Oeste da dorsal Sueste-Pacífica é sustentado pola placa litosférica Pacífica, que a Oeste América do Norte presenta grandes zonas de fracturas, con relevos monumentais, aliñados por millares de quilómetros ao longo de antigas fallas de transformación. Máis ao oeste, o centro do océano Pacífico é entrecortado por cadeas submarinas e grandes edificios volcánicos, ora emerxendo en forma de illas (Hawai, Marquesas, Marshall, Carolinas), frecuentemente coroadas por formacións coralíneas (atois). As bacías oceanicas que as rodean (Medio-Pacífica, Melanesia, Nordés, Noroeste) teñen unha delgada cobertura sedimentaria sobre a crosta basáltica. A presenza das fosas oceánicas periféricas, ao longo dos arcos insulares (Aleutas, Kuriles, Xapón, Marianas, Filipinas, Salomón, Tonga, Kermadec) e da costa occidental de América (Chile, Perú, América Central) explícase por corresponder a zonas de subdución da crosta oceanica, en que está mergulla baixo as placas litosféricas Americana, ao leste, e Eurasiática e Indo-Australiana, ao Oeste. Son áreas de intensa actividade sísmica e vulcanica, suxeitas á ocorrencia de maremotos.

As augas[editar | editar a fonte]

Pacific Ocean surface 2.jpg
Pacific Ocean surface 1.jpg

A conformación das cuncas do Pacífico explica a relativa simplicidade das correntes mariñas que aí inciden. As correntes norte-ecuatorial e sur-ecuatorial móvense de leste para oeste, determinando a existencia de correntes quentes ao longo das fachadas orientais dos continentes, compensadas por correntes frías que decenden para o ecuador ao longo das fachadas occidentais (locais privilexiados para a pesca en grande escala). Nas latitudes medias, as correntes quentes atópanse coas augas frías provenientes das rexións polares. Tal fenómeno é particularmente claro no hemisferio Norte, onde a Kuroshio, quente, encóntrase coa Oyashio, fría, ao longo do Xapón.

De xeito xeral, a salinidade das augas é pouco elevada, pois os valores máximos xamais sobrepasaron 365 por mil. As temperaturas das augas de superficie dispóñense en zonas, aumentando dos Pólos para os Trópicos. A calor das augas da zona intertropical permite a proliferación dos corais, que forman illas (atois) ou barreiras (recifes) nas orlas continentais.

As augas máis peixeiras sitúanse nas latitudes temperadas, onde o revolver das correntes garante unha excelente osixenación.

Clima[editar | editar a fonte]

Nubes de tormenta cumulonimbus incus surcando un atardecer visto desde a Estación Espacial Internacional.

Tan só os interiores das grandes masas de Australia, Nova Guinea, e Nova Zelandia escapan da influencia climática do Pacífico. Na área do Pacífico, existen cinco zonas ou rexións climáticas diferenciadas: as latitudes medias, os trópicos, a rexión do monzón, a dos furacáns, e o ecuador (zona de calma). Os ventos contra-alisios teñen lugar nas latitudes medias, ao norte e ao sur do ecuador, e levan cambios estacionais marcados nas latitudes norte e sur. Máis cerca do ecuador, onde están a maioría das illas, os ventos constantes alisios portan temperaturas relativamente constantes ao longo de todo o ano de 21-27 grados Celsius.

A rexión do monzón está lonxe, no Pacífico oeste, entre Xapón e Australia. As características desta rexión climática son ventos que sopran desde o interior continental cara ao océano no inverno e na dirección oposta no verán. En consecuencia, ten lugar unha marcada estación de nubes e choiva. Os furacáns causan a miúdo danos extensos ao oeste e ao suroeste do Pacífico. A frecuencia máis grande de furacáns existe nun triángulo que vai do sur do Xapón ás Filipinas centrais na Micronesia oriental.

Xeoloxía[editar | editar a fonte]

Volcán en erupción en Papúa Nova Guinea. O océano Pacífico é o de maior actividade volcánica do mundo, e son moi coñecidos os seus terremotos nas súas costas. Ás súas beiras refirense como o Anel de lume.

A liña de Andesita é a distinción rexional máis significativa do Pacífico. Separa a parte máis profunda, de rochas ígneas básicas, das áreas continentais parcialmente mergulladas de rochas ígneas ácidas das marxes. A liña de andesita segue o límite oeste das illas de California e pasa ao sur das illas Aleutianas, ao longo do límite leste da península de Kamchatka, as illas Kuriles, Xapón, as Marianas, as Salomón e Nova Zelandia.

A descontinuidade segue cara ao nordeste ao longo do extremo oeste da cordilleira Albatros ao longo de Suramérica cara a México, volvendo ás illas de California. Indonesia, as Filipinas, Xapón, Nova Guinea, e Nova Zelandia son extensións cara ao leste dos bloques continentais de Australia e Asia e están fóra da liña de Andesita. No círculo pechado da liña de Andesita están a maioría de fosas profundas, montañas volcánicas mergulladas, e illas volcánicas oceánicas que caracterizan a cunca Pacífica Central. Aquí é onde as lavas basálticas flúen lentamente para formar grandes montañas volcánicas en forma de cúpula, as cimas erosionadas das cales forman arcos de illas, cadeas, e arquipélagos. Fóra da liña de Andesita, o vulcanismo é de tipo explosivo, e o chamado anel de lume do Pacífico que é a zona máis volcánica do planeta.

Masas de terra[editar | editar a fonte]

Imaxe satelital de Oceanía.

A masa máis grande do océano Pacífico é o país de Australia, situado no continente de Oceanía. A uns 3200 km ao sueste atópase o gran grupo de illas de Nova Zelandia. Case todas as illas menores do Pacífico están entre os 30ºN e 30ºS, estendéndose do sueste asiático á illa de Pascua; o resto da cunca Pacífica non ten prácticamente illas. O gran triángulo da Polinesia, que conecta Hawai, a illa de Pascua, e Nova Zelandia, inclúe os arquipélagos das illas Cook, illas Marquesas, illas Samoa, illas da Sociedade, Tokelau, Tonga e Tuamotu. Ao norte do ecuador e ao oeste da liña internacional de cambio de data hai numerosas illas pequenas da Micronesia, incluíndo as illas Carolinas, as illas Marshall e as Marianas.

Historia e economía[editar | editar a fonte]

Maris Pacifici de Ortelius (1589). Un dos primeiros mapas impresos que mostran o océano Pacífico; ver tamén o Universalis Cosmographia, o mapa de Waldseemüller (1507[2])

Migracións humanas importantes teverón lugar no Pacífico en tempos prehistóricos, notablemente na Polinesia desde Tahití ata Hawai e Nova Zelandia.

O océano foi por primeira vez divisado por europeos a principios do século XVI, primeiro por Vasco Núñez de Balboa (1513) quen o chamou mar do Sur porque desde o istmo de Panamá o mar atopábase ao sur. Ao norte estaba o océano Atlántico ao que tamén se lle chamou "mar do Norte" (ata principios do século XIX). O océano Pacífico foi surcado por Fernando de Magallanes, descubridor do estreito que leva o seu nome, e que chegou a Filipinas en 1521, e por Juan Sebastián Elcano que completou a primeira circunnavegación do mundo en 1522. Ese mesmo ano, Gil González Dávila realizou a primeira expedición pola mar do Sur desde Terra Firme, alcanzando territorios nicaraguanos e costarriquenses, en procura de ouro.

Durante o resto do século XVI e principios do XIX, a influencia española foi absoluta. O Pacífico chegou a denominarse o "lago español" por tantas expedicións españolas que o cruzaron e exploraron. Galeóns españois surcaron as augas do Pacífico entre América e Filipinas con escala en Guam nas Illas Marianas durante séculos e diferentes expedicións chegaron ás Carolinas e Palaos, que tamén formaron parte da Capitanía Xeral de Filipinas. En 1545 a expedición de Iñigo Ortiz de Retez chegou a Nova Guinea e bautizouna con ese nome pola similitude do aspecto dos seus nativos cos de Guinea en África. Unha vez descubertos novos territorios, os esforzos hispanos de cristianización e colonización déronse por primeira vez en Guam seguido polas Marianas, Palaos e Yap, para intentalo finalmente nas illas Carolinas Orientais.

A ruta española do Galeón de Manila operou durante dous séculos e medio a través do Pacífico, unindo os portos de Acapulco e Manila entre 1565 e 1815. En 1568 o navegante Álvaro de Mendaña descubriu as Illas Tuvalu e as Illas Salomón, e nunha segunda expedición en 1595 descubriu as illas Marquesas. En 1606, a expedición española de Quirós descubriu as Illas Pitcairn, as Novas Hébridas (hoxe Vanuatu) e visitou as Salomón. Quirós desembarcó na illa principal das Novas Hébridas bautizándoa La Austrialia do Espírito Santo, crendo que chegara á Terra Australis, o continente australiano. Malia atoparse nas Novas Hébridas, o nome Australia acabou substituíndo o de Terra Australis, e perdurou ata os nosos días. Durante o século XVII os holandeses, navegando desde Europa polo sur de África tamén chegaron ao Pacífico Sur, comerciando e descubrindo novos territorios. Abel Janszoon Tasman descubriu Tasmania en 1642 e Nova Zelandia. No século XVIII os rusos exploraron parte de Alasca e as illas Aleutianas. Varias expedicións españolas intentaron reafirmar a soberanía española no extremo norte de Norteamérica a finais do século XVIII, tamén alcanzando Canadá e Alasca. Entre elas, a expedición de Juan Francisco da Bodega y Quadra estableceu un asentamento español en Nutka, na illa de Vancouver (orixinalmente Quadra e Vancouver) e chegou ata a illa de Kodiak en Alasca. Os franceses á súa vez exploraron a Polinesia, e os británicos nos tres viaxes de James Cook: ao Pacífico Sur e Australia, Hawai, e o noroeste americano do Pacífico.

As numerosas chegadas de españois ás illas da Micronesia non supuxo un cambio drástico na cultura e os seus costumes. O que non significa que os habitantes deses lugares se visen dalgún xeito, ameazados e impresionados, polos novos inventos que os españois trouxeron consigo, como eran os enormes barcos, artiluxios de guerra ou ata as súas roupas. Ademais diso, a confusión roldaba as súas cabezas debido a que tal e como explicaba o cronista oficial Antonio de Pigafetta, estas civilizacións crían ser as únicas que habitaban a Terra.

O imperialismo do século XIX deu como resultado a ocupación do Pacífico polas potencias occidentais. Fixéronse contribucións significativas ao coñecemento oceanográfico nas viaxes do HMS Beagle nos anos 1830, con Charles Darwin a bordo; na do H.M.S. Challenger durante a década de 1870; na do O.S.S. Tuscarora (1873-76); e no alemán Gazelle (1874-76). Aínda que os Estados Unidos tomaron as Filipinas en 1898, Xapón controlaba o Pacífico oeste en 1914, e ocupou moitas outras illas durante a Segunda Guerra Mundial. Ao final desta guerra, a frota do Pacífico americana era o amo virtual do océano.

Hai dezasete estados independentes no Pacífico: Australia, Fidxi, Xapón, Kiribati, Illas Marshall, Estados Federados de Micronesia, Nauru, Nova Zelandia, Palaos, Papúa Nova Guinea, Filipinas, Samoa, Illas Salomón, República da China (Taiwán), Tonga, Tuvalu, e Vanuatu. Once destas nacións lograron a súa total independencia a partir dos anos 1960. As Illas Marianas do Norte se autogobiernan coa política exterior ordenada polos Estados Unidos, e as Illas Cook e Niue están en relacións similares con Nova Zelandia. Tamén no Pacífico está o estado americano de Hawai e diversos territorios e posesións de Australia, Chile, Colombia, Costa Rica, Ecuador, Francia, Xapón, México, Nova Zelandia, do Reino Unido e dos Estados Unidos.

A explotación da riqueza mineral do Pacífico está temperada polas grandes profundidades oceánicas. En augas pouco profundas lonxe das costas de Australia e Nova Zelandia, extráese petróleo e gas natural e cultívanse perlas nas costas de Australia, Xapón, Papúa Nova Guinea, Nicaragua, Panamá, e nas Filipinas, aínda que cada vez menos. A maior riqueza do Pacífico é a pesca. As augas costeiras dos continentes e as illas máis temperadas crían bacallau, salmón, sardiña, peixe espada, e atún.

En 1986, as nacións membro do Fórum Pacífico Sur declararon a área como zona libre nuclear nun esforzo de parar as probas nucleares e previr o vertido de residuos nucleares.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Aínda que por suposto os europeos non foron os primeiros descubridores dese océano, de feito case todos as illas estaban habitadas, si foron os primeiros en rexistrar as súas exploracións dun xeito perdurable, Oskar Hermann Khristian Spate, El lago español. Casa Asia, 2006, páxina 34
  2. "Library Acquires Copy of 1507 Waldseemüller World Map - The Library Today (Library of Congress)". 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Océano Pacífico

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Os cinco océanos
800px-LocationAtlanticOcean.png
Atlántico
800px-LocationArcticOcean.png
Ártico
800px-LocationIndianOcean.png
Índico
800px-LocationPacificOcean.png
Pacífico
800px-LocationSouthernOcean.png
Antártico