Negritos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Rapaza ati

Os negritos conforman un conxunto de pobos de talle pequeno, pel negra e cabelos crechos que viven illados en tres zonas xeográficas do sueste de Asia: as Andaman, península malaia e as Filipinas e que descenden dos primeiros humanos modernos que chegaron á rexión hai entre 50 e 70.000 anos. As análises xenéticas amosan que máis aló da súa semellanza física, os diferentes grupos non teñen un parentesco máis que vago e antigo, mais cada grupo posúe unha unidade xenética moi homoxénea de ADN mitocondrial, o que indica un illamento prolongado.

Semang adulto

Poboacións[editar | editar a fonte]

Os negritos abranguen os pobos orixinarios das illas Andaman, tanto os denominados grandes andemaneses como os jarawa, jangil, onge; os pobos semang de Malaisia: bateq do nordés de Pahang e sur de Kelantan, mendriq do sueste de Kelantan, jahai do nordés de Perak e occidente de Kelantan, lanoh do centro norte de Perak, kintak no límite entre Perak e Kedah, kensiu do nordés de Kedah e de Perak en Malaisia e na provincia de Yala en Tailandia. En Tailandia ademais destes viven os mani. En Filipinas son 25 grupos etnolingüísticos como os aeta, agti ou ati, en total unhas 15.000 persoas habitando as principais illas.[1] As poboacións de Filipinas e da península malaia falan linguas austronesias, que difiren das dos seus veciños mentres os das illas Andaman falan linguas sen relación con ningún outro grupo coñecido.

Parella grande andamanesa

Notas[editar | editar a fonte]

  1. BISHT, Narendra e BANKOTI, T. S. (2004) Encyclopaedia of the South East Asian Ethnography. Delhi:Global Vision, p. 523