Mindanao
Mindanao | |
---|---|
![]() Localización da illa | |
Situación | |
País | ![]() |
Arquipélago | Illas Filipinas |
Mar | Mar da China, Océano Pacífico |
Coordenadas | 8°00′N 125°00′L / 8.000, -125.000 |
Xeografía | |
Superficie | 97.530 km² |
Punto máis alto | 2.954 m. Mount Apo |
Demografía | |
Capital | Davao (pob. 1.632.991) |
Poboación | 20.281.545 (2010) |
Mindanao é a segunda illa e a máis oriental de entre as illas Filipinas. É un dos tres grupos de illas do país, xunto con Luzón e Visayas. Historicamente, a illa foi coñecida como Gran Molucas.
Historia[editar | editar a fonte]
A rexión orixinalmente foi lugar de sultanatos como os de Sulu e o de Maguindanao. Desde finais do século XVI ata os inicios do XVII tiveron lugar os primeiros contactos con España, cos intentos de colonización polos españois.
Actualmente a rexión está habitada principalmente por musulmáns e por seguidores da relixión Manobo. Particularmente nas poboacións de San Guinto e de Pangantucan Bukidnon, están compostas por multitude de grupos étnicos como os maranao e os tausug, os banguingui e o colectivo de grupos de tribos coñecidos como Lumad.
Ao contrario do que habitualmente se pensa, só unha pequena porción de Mindanao foi orixinalmente habitado por musulmáns. De feito, a maioría da poboación do norte e leste da illa practicaban relixións nativas antes de que fosen convertidas ao cristianismo. Con todo, agres loitas pola independencia foron levadas a cabo por faccións musulmás desde cinco séculos atrás contra os sucesivos ocupantes. España, Estados Unidos, Xapón e forzas gobernamentais fallaron en esmagar os desexos separatistas musulmáns do país maioritariamente cristián. Debido aos fluxos migratorios, así como pola a evanxelización, a maioría da poboación de Mindanao é hoxe en día maioritariamente cristiá. Isto a causado, en certa medida, resentimento entre os musulmáns pobres e aparentemente desprazados os cales alimentan os máis violentos e radicais movementos separatistas. Mindanao é o escenario base de grupos terroristas como son Abu Sayyaf e Jemaah Islamiyah que menoscavan a organizacións moderadas como o Fronte Nacional de Liberación Mouro.
Mindanao é a segunda illa máis grande do país con 94.630 quilómetros cadrados. A illa é montañosa e nela atópase o Monte Apo, a maior montaña do país. Mindanao esta rodeada polo mar de Sulu ao oeste, o mar de Filipinas ao leste e o mar de Célebes ao sur.
O grupo de illas de Mindanao abarca a propia illa de Mindanao e o arquipélago de Sulú ao suroeste. O grupo de illas está dividida en seis rexións que á súa vez están divididas en 25 provincias.
División administrativa[editar | editar a fonte]
- Artigo principal: Organización territorial de Filipinas.

As illas de Mindanao son un grupo arbitrario de illas no sur de Filipinas que abarcan seis rexións administrativas. Estas rexións á súa vez están divididas en 25 provincias, das cales tan só catro non se atopan na propia illa de Mindanao. O grupo de illas comprende o arquipélago de Sulú ao suroeste, cuxas illas máis importantes son Basilan, Jolo e Tawi-Tawi, mais outras illas periféricas noutras áreas como son Camiguin, Dinagat, Siargao, Samal e as illas Sarangani.
As seis rexións que comprenden Mindanao son:
- Península de Zamboanga (Rexión IX)
- Mindanao do Norte (Rexión X)
- Rexión de Davao (Rexión XI)
- SOCCSKSARGEN (Rexión XII)
- Caraga (Rexión XIII)
- Rexión Autónoma para o Mindanao Musulmán
Patrimonio musical[editar | editar a fonte]
- Artigos principais: Música de Filipinas e Kulintang.
A cultura dos nativos Maguindanaon e outros grupos nativos tanto non musulmáns como musulmáns de Mindanao xira ao redor da música kulintang, un tipo específico de música gong, creada por devanditos grupos do sur de Filipinas.