Ouro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
Ouro
Gold-crystals.jpg
Ag
   
 
79
Au
 
               
               
                                   
                                   
                                                               
                                                               
Au
Rg
PlatinoOuroMercurio
Táboa periódica dos elementos
[[Ficheiro:{{{espectro}}}|300px|center]]
Liñas espectrais do Ouro
Información xeral
Nome, símbolo, número Ouro, Au, 79
Serie química Metal de transición
Grupo, período, bloque 11, 6, d
Densidade 19300 kg/m3
Dureza {{{dureza}}}
Aparencia Amarelo metálico
N° CAS 7440-57-5
N° EINECS
Propiedades atómicas
Masa atómica 196,966569(5)[1] u
Radio medio 135 pm
Radio atómico (calc) 174 pm
Radio covalente 144 pm
Radio de van der Waals 166 pm
Configuración electrónica [Xe]4f145d106s1
Electróns por nivel de enerxía 2, 8, 18, 32, 18, 1
Estado(s) de oxidación 3, 1
Óxido anfótero
Estrutura cristalina {{{estrutura_cristalina}}}
Propiedades físicas
Estado ordinario Sólido
Punto de fusión 1337,33 K
Punto de ebulición 3129 K
Punto de inflamabilidade {{{P_inflamabilidade}}} K
Entalpía de vaporización 334,4 kJ/mol
Entalpía de fusión 12,55 kJ/mol
Presión de vapor 0,000237 Pa a 1337 K
Temperatura crítica  K
Presión crítica  Pa
Volume molar m3/mol
Velocidade do son 1.740 m/s a 293.15 K (20 °C)
Varios
Electronegatividade (Pauling) 2,54
Calor específica 128 J/(K·kg)
Condutividade eléctrica 45,5 × 106 S/m
Condutividade térmica 317 W/(K·m)
1.ª Enerxía de ionización 890,1 kJ/mol
2.ª Enerxía de ionización 1980 kJ/mol
3.ª Enerxía de ionización {{{E_ionización3}}} kJ/mol
4.ª Enerxía de ionización {{{E_ionización4}}} kJ/mol
5.ª Enerxía de ionización {{{E_ionización5}}} kJ/mol
6.ª Enerxía de ionización {{{E_ionización6}}} kJ/mol
7.ª Enerxía de ionización {{{E_ionización7}}} kJ/mol
8.ª enerxía de ionización {{{E_ionización8}}} kJ/mol
9.ª Enerxía de ionización {{{E_ionización9}}} kJ/mol
10.ª Enerxía de ionización {{{E_ionización10}}} kJ/mol
Isótopos máis estables
iso AN Período MD Ed PD
MeV
195Au sin 186,10 días ε 0,227 195Pt
196Au sin 6,183 días ε 1.506 196Pt
196Au sin 6,183 días β− 0,686 196Hg
197Au 100% estable con 118 neutróns
198Au sin 2,69517 días β− 1,372 198Hg
199Au sin 3,169 días β− 199Hg
Nota: unidades segundo o SI e en CNPT, salvo indicación contraria.

O ouro é un elemento químico de número atómico 79 situado no grupo 11 da táboa periódica. O seu símbolo é Au (do latín aurum). O ouro é un metal de transición brando, brillante, amarelo, pesado, maleable, dúctil (trivalente e univalente) que non reacciona coa maioría de produtos químicos, pero é sensible ao cloro e ao auga rexia. O metal atópase normalmente en estado puro e en forma de pebidas e depósitos aluviais e é un dos metais tradicionalmente empregados para cuñar moedas. O ouro utilízase na ourivaría, a industria e a electrónica.

Ouro

Características principais[editar | editar a fonte]

O ouro é un elemento metálico que exhibe unha cor amarela en bruto, pero que pode mostrarse negro, rubí ou morado en divisións finas. É considerado por algúns como o elemento máis belo de todos e é o metal máis maleable e dúctil que se coñece. De feito, unha onza (28,35 g) de ouro pode moldearse nunha saba que cubra 28 metros cadrados. Como é un metal brando, as aliaxes con outros metais co fin de proporcionarlle dureza son frecuentes.

Trátase dun metal moi denso, cun alto punto de fusión e unha alta afinidade electrónica. Os seus estados de oxidación máis importantes son 1 e 3. Tamén se atopa no estado de oxidación 2, así como en estados de oxidación superiores, pero é menos frecuente.

Ademais, o ouro é un bo condutor da calor e da electricidade, e non lle afecta o aire nin a maioría de axentes químicos. Ten unha alta resistencia á alteración química por parte da calor, a humidade e a maioría dos axentes corrosivos, e así está ben adaptado ao seu uso na acuñación de moedas e na ourivaría.

Aplicacións[editar | editar a fonte]

O ouro puro é demasiado brando para ser usado normalmente e endurécese en aliaxe con prata e/ou cobre, co cal o ouro poderá ter distintos tons de cor ou matices. O ouro e os seus moitas aliaxes empréganse bastante en ourivaría, fabricación de moedas e como patrón monetario en moitos países. Debido á súa boa condutividade eléctrica e resistencia á corrosión, así como unha boa combinación de propiedades químicas e físicas, comezouse a empregar a finais do século XX como metal na industria. Outras aplicacións:

  • O ouro exerce funcións críticas en ordenadores, comunicacións, naves espaciais, motores de avións a reacción, e outros moitos produtos.
  • A súa alta condutividade eléctrica e resistencia á oxidación permitiu un amplo uso como capas delgadas electrodepositadas sobre a superficie de conexións eléctricas para asegurar unha conexión boa, de baixa resistencia.
  • Como a prata, o ouro pode formar fortes amalgamas co mercurio que ás veces se emprega en empastes dentais.
  • O ouro coloidal (nanopartículas de ouro) é unha solución intensamente coloreada que se está estudando en moitos laboratorios con fins médicos e biolóxicos. Tamén é a forma empregada como pintura dourada en cerámicas.
  • O ácido cloroaúrico emprégase en fotografía.
  • O isótopo de ouro 198Au, dunha vida media de 2,7 días, emprégase nalgúns tratamentos de cancro e outras enfermidades.
  • Emprégase como recubrimento de materiais biolóxicos permitindo ser visto a través do microscopio electrónico de varrido (SEM).
  • Emprégase como recubrimento protector en moitos satélites debido a que é un bo reflector da luz infravermella.

Historia[editar | editar a fonte]

O ouro, de símbolo Au (do latín aurum), coñécese dende a antigüidade. Por exemplo, existen xeroglíficos exipcios de 2600 a. C. que describen o metal, e tamén se menciona varias veces no Antigo Testamento. Considerouse como un dos metais máis preciosos e o seu valor empregouse como estándar para moitas moedas ao longo da historia.

Segundo o Evanxeo de San Mateo, é un dos agasallos que os Reis Magos ofreceron ao neno Xesús na Epifanía. O relato está en Mateo 2:11, E ao entrar na casa, viron ao neno coa súa nai María, e postrándose, adorárono; e abrindo os seus tesouros, ofrecéronlle presentes: ouro, incenso e mirra (edición da Biblia de Raíña-Valera 1960).

Simboloxía do ouro[editar | editar a fonte]

O ouro empregouse como símbolo de pureza, valor, realeza etc.

Un dos principais obxectivos dos alquimistas era producir ouro partindo doutras substancias, como o chumbo.

Moitas competicións premian ao gañador cunha medalla de ouro, unha de prata para o segundo e unha de cobre para o terceiro (os tres conforman o grupo 11 da táboa periódica dos elementos).

Papel biolóxico[editar | editar a fonte]

O ouro non é un elemento esencial para ningún ser vivo. Algúns tiolatos (ou parecidos) de ouro (I) empréganse como antiinflamatorios no tratamento da artrite reumatoide e outras enfermidades reumáticas. Non se coñece ben o funcionamento destes sales de ouro. O uso de ouro en medicina é coñecido como crisoterapia.

A maioría destes compostos son pouco solubles e é necesario inxectalos. Algúns son máis solubles e pódense administrar por vía oral. Este tratamento adoita presentar bastantes efectos secundarios, xeralmente leves, pero é a principal causa de que os pacientes o abandonen.

O ouro está autorizado como aditivo colorante, co código E-175, para uso como cobertura de confeitaría e repostería, decoración de chocolate e en licores [2].

Compostos[editar | editar a fonte]

O tricloruro de ouro (AuCl3) e o ácido cloroáurico (HAuCl4) son algúns dos compostos máis comúns de ouro.

Malia ser un metal nobre pode formar moitos compostos. Xeralmente o ouro presenta os estados de oxidación 1 ou 3. Os complexos que forma adoitan ter baixos índices de coordinación e mostra unha alta tendencia á linearidade: L-Au-L.

Forma o óxido de ouro (III), Au2Ou3, existen os haloxenuros nos estados de oxidación 1 e 3, así como complexos de ouro no estado de oxidación 1, 3. Tamén existen algúns complexos raros de ouro nos estados de oxidación 2 e 5.

Tamén forma cúmulos de ouro (compostos clister). Neste tipo de compostos hai enlaces entre os átomos de ouro. A algúns destes compostos denomínaselles "ouro líquido".

Abundancia e obtención[editar | editar a fonte]

Debido a que é relativamente inerte, adóitase atopar como metal, ás veces como pebidas grandes, pero xeralmente se achan en pequenas inclusións nalgúns minerais, vetas de seixo, lousa, rochas metamórficas e depósitos aluviais orixinados destas fontes. O ouro está amplamente distribuído e a miúdo atópase asociado aos minerais seixo e pirita, e combínase con teluro nos minerais calaverita, silvanita e outros. Suráfrica é o principal produtor de ouro cubrindo aproximadamente dous terzos da demanda global.

O ouro extráese por lixiviación con cianuro. O uso do cianuro facilita a oxidación do ouro formándose Au(CN)22- na disolución. Para separar o ouro vólvese a reducir empregando, por exemplo, zinc. Intentouse substituír o cianuro por algún outro ligando debido aos problemas medioambientais que xera, pero ou non son rendibles ou tamén son tóxicos.

Hai unha gran cantidade de ouro nos mares e océanos, sendo a súa concentración de entre 0,1 μg/kg e 2 μg/kg, pero neste caso non hai ningún método rendible para obtelo.

Isótopos[editar | editar a fonte]

Só existe un isótopo estable do ouro. Tamén existen 18 radioisótopos, sendo 195Au o máis estable cunha vida media de 186 días.

Precaucións[editar | editar a fonte]

O corpo humano non absorbe ben este metal, e os seus compostos non adoitan ser moi tóxicos. Con todo, ata o 50% de pacientes con artrose tratados con medicamentos que contiñan ouro sufriron danos hepáticos e renais.

Análise de ouro e prata pola técnica de ensaio a lume[editar | editar a fonte]

O método de ensaio a lume consiste en producir unha fusión da mostra usando reactivos fundentes adecuados para obter dúas fases líquidas: unha escoura constituída principalmente por silicatos complexos e unha fase metálica constituída por chumbo, o cal colecta os metais nobres de interese (Au e Ag). Os dous líquidos sepáranse en dúas fases debido á súa respectiva inmiscibilidade e gran diferenza de densidade, estes solidifican ao arrefriar. O chumbo sólido (cos metais nobres colectados) é separado da escoura como un régulo. Este régulo de chumbo obtido é oxidado en quente en copela de magnesita e absorbido por ela, quedando na súa superficie o botón de ouro e prata, elementos que se determinan posteriormente por método gravimétrico (por peso) ou mediante espectroscopia de absorción atómica.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. CIAAW
  2. Real Decreto 2001/1995, que aproba a lista positiva de colorantes autorizados para o seu uso na elaboración de produtos alimenticios [1].

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ouro Modificar a ligazón no Wikidata

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]