Mar de Célebes
| Tipo | mar marxinal | |||
|---|---|---|---|---|
| Parte de | océano Pacífico | |||
| Localización | ||||
| País da cunca | Indonesia | |||
| División administrativa | Indonesia | |||
| ||||
| Afluentes | ||||
| Características | ||||
| Profundidade | 6.200 m | |||
| Superficie | 280.000 km² | |||
O mar de Célebes (ou mar de Sulawesi) (en malaio e indonesio, Laut Sulawesi) está situado na parte occidental do océano Pacífico. Está delimitado polo arquipélago de Sulu ao norte, co mar de Sulu, e a illa de Mindanao en Filipinas. Ao leste están as illas Sangi, ao sur a illa de Célebes e ao oeste a illa de Borneo. Ocupa unha área de 472 000 km², acadando profundidades de ata 6.200 m.
Clima
[editar | editar a fonte]O clima dominante nesta zona é tropical. Entre a conca de Célebes e a Fosa de Filipinas se produce o intercambio de auga co océano Pacífico. No verán, o monzón provoca o intercambio de auga co mar de Xava a través do estreito de Makassar.
Flora e fauna
[editar | editar a fonte]O mar de Célebes contén unha variada flora e fauna, destacando a colonia de cetáceos, xa que 26 das 78 especies de baleas habitan estas augas. Entre a fauna tamén destacan os corais, barracudas, tartarugas mariñas e os túnidos.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Mar de Célebes |
