Saltar ao contido

Socalco

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Socalcos de viño na Ribeira Sacra.
Socalcos en cultivos de arroz na China.

Un socalco[1] ou bancal[2] é un termo agrícola referido á técnica de conter un determinado terreo de cultivo cun valado de pedra nun terreo moi pendente. A técnica agrícola denomínase terraceamento, e é amplamente utilizada en Galicia por ser un recurso apropiado para terreos con relevo irregular. Unha das zonas con socalcos de máis sona do País son os socalcos do Sil, onde son empregadas para o cultivo da vide.

O socalco baséase no parcelamento de ramplas niveladas, requirindo moita man de obra, elevados coñecementos técnicos e aceptan pouca mecanización. Se están ben formulados e construídos, reducen as perdas do solo e auga pola erosión e prevén a formación de sulcos e grutas. Son comúns en rexións do sur e sueste da Asia, na China e no Xapón, e utilizados principalmente na produción de arroz.

Esta técnica de cultivo en socalcos tamén é utilizada na rexión portuguesa do Douro para o cultivo da vide, de onde é producido o famoso viño do Porto.

Tipos de socalcos

[editar | editar a fonte]

A tipoloxía de terraceamento pode abarcar tres tipos:

  • Os socalcos a chanzos que movilizan a pedra dispoñíbel e están formados por recheamentos irregulares sustentados por valados descontinuos, de altitude variábel, e cuxo lenzo adáptase ao relevo e a simple vista semella unha escaleira de chanzos irregulares en altura. É típico da agricultura de montaña.
  • Os socalcos circulares, que consisten en valados semicirculares de cachotaría para reteren o solo sobre o que medran as árbores cara a abaixo (oliveiras, amendoeiras, cereixeiras etc.), dispostos en buratos e nunha orde xeralmente irregular. É propio de relevos pouco enérxicos coma os outeiros.
  • Os socalcos en noiro, no que o sustentamento das zonas chás cultivadas faise mediante noiros herbáceos. Teñen unha morfoloxía similar ao noiro continental.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para Socalco.
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para bancal.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]