Raxá

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Raxá e raní como se mostra en yaksagana (un teatro de Karnataka).

Raxá[1] (do sánscrito राज rājā) é a palabra hindi para designar un monarca ou gobernante principal. A forma feminina é raní, do sánscrito rājñī.

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

A palabra en sánscrito rājān- é un parente da latina rēx (rei de Roma, xenitivo rēgis), que orixinalmente indicaba aos xefes tribais ou dirixentes de pequenas cidades estado. En última instancia deriva do protoindoeuropeo *h3rẽǵs, formada a partir da raíz *h3reǵ-, que quere dicir "resolver", "ordenar", "gobernar". En sénscrito a raíz n- é secundaria no título masculino, e está aparentmente adaptada da equivalente femenina rājñī, a cal tamén ten un sufixo -n- noutras linguas relacionades, como é o caso de rígain en antigo irlandés e regina en latín. Hai parentes da palabra raxá noutras linguas indoeuropeas como son reign en inglés e Reich en alemán.

As variantes maís comúns en hindi, utilitzadas co mesmo rango de realeza son Rana, Rao, Raol, Rawal e Rawat.

Historia[editar | editar a fonte]

O título ten unha longa traxectoria na historia da India e do sueste asiático, como se atestigua nos Rigveda (uns antigos himnos sagrados do hinduísmo, onde rājān- é un caudillo tribal, como por exemplo se pode ver en dāśarājñá, a "batalla dos dous reis"

Raxá, así como o título inferior de thakur e moitas outras variantes ou títulos compostos, foron utilizados no sur de Asia e os seus arredores pola maioria dos hindús, musulmáns e algíns budistas e gobernants sikhs. Aínda que os musulmáns tamén usaban nabab ou soldá, agora se utilizan frecuentmente na India. En Paquistán, raxá hoxe é utilizado por moitos clans musulmáns de rakhputs como un título hereditario. Raxá tamén se utiliza como un nome polos hindús e sikhs.

Raxás do mundo malaio[editar | editar a fonte]

  • Os gobernantes do estado de Perlis, en Malaisia, reciben o título de raxá de Perlis. A maioria dos gobernants dos outros estados reciben o título de sultáns. AS pesar diso, o raxá ten o mesmo estatus que os gobernantes dos outros estados e é un dos electores que designan un Yang di-Pertuan Agong (primiero ministre) cada 5 anos.
Vestimenta do século XIX dunha familia pertencente á Principalía.
Museo Villa Escudero, San Pablo, Laguna, Filipinas.
  • Nas Filipinas, o historiador italiano Antonio Pigafetta relatou, no seu escrito sobre a primeira circumnavegación ao redor do mundo, que cando o explorador portuguás Fernão de Magalhães arribou o 28 de marzo de 1521 ao porto de Mazaua, en Mindanao, foi recibido polo Raia Siaiu, rei de Mazaua, e por Raia Calambu, rei de Butuan. Magalhães tomou parte no primeiro pacto de sangue rexistrado (cassi cassi foi a palabra malaia que utilizou Magelhães) co Raia Siaiu. Cando a flota española, liderada por Miguel López de Legazpi, arribou a Manila, foi recibida polo Raxá Sulayman III. Ao sur do país, os príncipes musulmáns de diversas subdivisións aínda hoxe reciben os títulos de raxá ou maharaxá.
  • Os principais grupos étnicos sas Filipinas, incluíndo os reinos e principados de Luzón, Visayas e a Cordilliera Central de Luzón e algunhas partes de Mindanao (excluíndo o Sultanato de Maguindanao) foron anexados polo Imperio español no século XVI. Pese a cristianización das illas, os raxás dos reinos prehispánicos conservaron o seu dereito a gobernar o territorio grazas a unha lei asinada o 11 de xuño de 1594.[2] O rei de España Filipe II mandou a aos funcionarios coloniais das Indias que acordaran coa nobreza e a realeza nativa o mesmo respecto e privilexios que disfrutaran antes da conversión ao catolicismo, e esta nobreza indíxena máis tarde formou parte da élite gobernante, clase coñecida como a Principalía.
  • Diversos principados tradicionais de Indonesia aínda son gobernados por un raxá, ou fixérono até que os títulos foron abolidoss, despois do cal o título quedou vacante, como é o cas de Buleleng, en Bali.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. raxá no dicionario da RAG.
  2. Emma Helen Blair e James Alexander Robertson, The Philippine Islands (1493-1898), Cleveland: The A. H. Clark Company, 1903, Vol. XVI, texto orixinal das páxs. 155-156 da Recapilación de leyes, Juan de Ariztia, ed., Madrid (1723), lib. vi, VII, ley xvi.: No es justo que los indios principales de Filipinas sean de peor condición, después de haberse convertido, antes de les debe hacer tratamiento, que los aficione y mantenga en felicidad, para que con los bienes espirituales, que Dios les ha comunicado llamándolos a su verdadero conocimiento, se junten los temporales, y vivan con gusto y conveniencia. Por lo qua mandamos a los Gobernadores de aquellas Islas, les hagan buen tratamiento, y encomienden en nuestro nombre el gobierno de los indios, de los que eran Señores, y en todo lo demás procuren, que justamente se aprovechen haciéndoles los indios algún reconocimiento en la forma corriente en el tiempo de su gentilidad, esto sin perjuicio de los tributos que á Nos han de pagar, ni en el de sus Encomenderos.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligaxóns externas[editar | editar a fonte]