Cítola
A cítola ou cítara (do grego khitára) é a denominación xenérica que recibe unha serie de instrumentos cordófonos que se caracterizan por ter unha caixa harmónica sobre a que se fixa o diapasón, con varias cordas paralelas á táboa harmónica. Algúns deles son de corda pulsada, outros de corda pinzada e outros de corda percutida.
Características[editar | editar a fonte]
Paradoxalmente a khitára grega e romana pertence á familia das liras. A orixe das cítolas sitúase no medio Oriente, pero hoxe o seu uso está estendido desde Asia ata Europa central, onde é bastante popular. Máis recentemente pasou a América, onde desenvolveu variantes propias.[1]
Variantes[editar | editar a fonte]
Ao longo de diversas épocas foron aparecendo diferentes instrumentos derivados da cítola:[2]
- Santur persa ou címbalo húngaro. As primeiras representacións que se conservan son do 3.500 a.c. en Oriente medio. É moi semellante ao dulcémele, pero de maior tamaño.
- Monocordio. Dise que foi inventado por Pitágoras. a súa única corda punteada cambia a súa afinación ao desprazar unha ponte móbil sobre a caixa.
- Cistre. Ten lombo plano e corpo periforme.
- Cítola medieval. Catro pares de cordas sobre unha ponte e fixadas con clavixas á caixa.
- Cétula. Con catro cordas metálicas, era empregada en Italia polas clases populares.
- Salterio. O seu parentesco co psalterium medieval é incerto. Hai descricións de salterios cuadrangulares e triangulares. As súas cordas eran metálicas. Son variantes a 'arpanetta italiana, a spitzharfe alemá, a bell harp inglesa e o salterio con arco tirolés. No norte de Europa, pola súa forma curvada, pasou a chamarse á.
- Canon. Derivado do qânûn árabe. Instrumento de forma trapezoidal e dúas ordes de cordas.
- Pandora.
- Orfarión. Afinado como o laúde, pero con cordas metálicas.
- Penorcorn.
- Poliphant.
- Guitarra inglesa. Ancha, de costados fondos e con seis ordes de cordas dobres.
- Guitarra española.
- Chitarra battente. Variante italiana da guitarra española. As súas cordas eran metálicas e punteábase cun plectro.
- Hummel.
- Hamburguer cithrinchen. En forma de campá.
- Cítara horizontal ou scheitholt. Ten trastes sobre a táboa harmónica. As cordas son pulsadas cunha pequena vara na man esquerda e rasgadas pola man dereita. A súa forma aproximada consérvase na cítara húngara, na espineta dos Vosgos ou no hummel escandinavo.
- Dulcémele ou dulcimer. De corda percutida, con varios ordes de cordas metálicas sobre pontes nunha caixa poligonal. Cada corda conta cunha sordina. Considérase o precursor do pianoforte.
A familia dos laúdes nace pola agregación dun ou varios mastros á caixa da cítola para aumentar a tesitura cara aos graves alongando o dispasón. A partir da Idade Media chamáronse tamén cítaras certos instrumentos da familia dos laúdes. Logo do 1800 foron aparecendo instrumentos híbridos que combinaban características da arpa, a lira, a cítola, o laúde e a guitarra.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Álvarez Martínez, R. El arpa-cítara rota: su probable origen bizantino y su trayectoria mediterránea hacia la Europa occidental. Sociedad Española de Musicología, 1999.
- ↑ Remnant, M. Historia de los instrumentos musicales. Ramón Andrés. American Bar Association, 2002. ISBN 84-95601-52-4, 9788495601520.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Cítola |