Crime de guerra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Polish farmers killed by German forces, German-occupied Poland, 1943.jpg

Un crime de guerra é unha violación das proteccións estabelecidas polas leis e os costumes da guerra, integradas polas infraccións graves do Dereito Internacional Humanitario cometidas nun conflito armado e polas violacións ao dereito Internacional. O termo defínese en gran medida no Dereito internacional, incluíndo a convención de Xenebra. Os malos tratos a prisioneiros de guerra e civís e os xenocidios son considerados crimes de guerra. O 1 de xullo de 2002, empezou a funcionar a Corte Penal Internacional na Haia, co fin de perseguir os crimes de guerra cometidos despois da devandita data. Este tribunal, establecido polo Estatuto de Roma, contempla dentro dos crimes a perseguir no seu artigo 5 os crimes de guerra.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]