Saltar ao contido

Bambú

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bambú
 Nome taxon
    Bambuseae
Barthélémy Dumortier 1829 Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Uso
 Categoría taxonómica
Características
 Fonte de
 Subdivisións
68, véxase o texto
 Sinonimia
  • Arthrostylidieae E. Camus (1913)
  • Baccifereae E. Camus (1913, nom. inval.)
  • Chusqueae E. Camus (1913)
  • Hickelieae A. Camus (1935, nom. inval.)
  • Oxytenanthereae Tzvelev (1987)
Clasificación taxonómica
 ReinoPlantae
 OrdePoales
 FamiliaPoaceae
 TriboBambuseae Editar o valor en Wikidata
Kunth ex Dumort., 1829 Bambuseae Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
Freebase/m/09qw8 Editar o valor en Wikidata
OTT119845 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

O nome bambú[1] provén probablemente dunha adaptación da palabra samambu, orixinaria de Malaisia, e introducida en Europa polos portugueses no século XVI. Os bambús son orixinarios de Asia, América, África e Oceanía; poden adaptarse a numerosos climas (tropicais, subtropicais e temperados). En Europa existen fósiles pero ningunha especie endémica, datando as primeiras plantacións de 1855 en Inglaterra e en Anduze (Francia).

Son plantas moi antigas (datan do Mioceno), rústicas e, sobre todo, moi atípicas. Inspiraron mitoloxías e simboloxías. É unha planta extraordinariamente útil, téndose descrito máis de 1 500 usos e utilidades, moi válida no pasado e con moitas posibilidades no futuro. Pola súa alta resistencia e flexibilidade chámaselle "o aceiro vexetal".

O bambú, a nivel económico, pode representar un recurso renovable e sostible.

Bambús en Lijiang, na China
  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para bambú.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]