Cinto de lume do Pacífico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cinto de lume.

Chámase cinto de lume do Pacífico, cinto de fogo do Pacífcio, ou cinto circumpacífico a unha zona do planeta caracterizada por concentrar algunhas das zonas de subdución máis importantes do mundo, o que ocasiona unha intensa actividade sísmica e volcánica.

Atópase nas beiras Océano Pacífico e inclúe países como Chile, Perú, Ecuador, Colombia, Centroamerica (Panamá, Costa Rica, Nicaragua, Honduras, O Salvador e Guatemala) México, os Estados Unidos, Canadá, logo dobra á altura das Illas Aleutianas e baixa polas costas e illas de Rusia, China, Xapón, Taiwán, Filipinas, Indonesia, Australia e Nova Zelanda.

O leito do océano Pacífico fica sobre varias placas tectónicas, as cales están en permanente fricción e acumulan tensión. Cando esa tensión céibase, orixina tremores nos países do cinto. Ademais, a zona concentra actividade volcánica constante. Nesta zona as placas da codia terrestre afúndense a gran velocidade (varios centímetros por ano) e á vez acumulan enormes tensións que deben ceibarse en forma de sismos.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]