Pithecophaga jefferyi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Pithecophaga jefferyi é unha especie de ave accipitriforme da familia dos accipítridos. É a maior rapaz das selvas de Filipinas e unha das especies tropicais de aguia meirandes. É a ave nacional de Filipinas, onde é coñecida sinxelamente como aguia filipina. Non se recoñecen subespecies.[2]

Características[editar | editar a fonte]

As femias que son entre un 10-20% máis grandes que os machos poden chegar a medir un metro, pesar 7 quilos e ter unha envergadura de máis de dous metros, o que as converte nunha das rapaces máis grandes do mundo. A súa lonxevidade é de 30 a 60 anos e máis nos animais que se teñen en catividade.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]