Divisa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
O dólar estadounidense é unha divisa de uso habitual en moitos países.

Pódese definir a divisa como a moeda utilizada nunha rexión ou país determinado. As divisas flutúan entre si dentro do mercado monetario mundial (Forex). Deste xeito, podemos establecer distintos tipos de cambio entre divisas que varían en función de diversas variables económicas coma o crecemento económico, a inflación e o consumo interno dunha nación. As divisas máis estendidas debido á política poscolonial son o franco e a libra.