Gas natural

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Algúns fogóns usan gas natural
Autobús en Porto movido a gas natural
Tubaxes subterráneas de gas natural en Cambridge, Reino Unido

O gas natural é unha mestura de gases encontrado frecuentemente en combustíbeis fósiles, illado ou acompañando ao petróleo. Aínda que a súa composición sexa diferente dependendo da fonte da cal é extraído, é composto principalmente por metano en cantidades que poden superar 90 ou 95%, e outros gases como nitróxeno, etano, CO2 ou restos de butano ou propano.

Utilización[editar | editar a fonte]

É empregado como combustíbel tanto en industrias, casas e automóbeis. É considerado unha fonte de enerxía máis limpa que os derivados do petróleo e o carbón. Algúns dos gases da súa composición son eliminados porque non posúen capacidade enerxética (nitróxeno ou CO2) ou porque poden deixar residuos nos condutores debido ao seu alto peso molecular en comparación metano (butano e máis pesados).

  • Combustíbel: A súa combustión é limpa e da unha vida máis longa aos equipamentos e menor custo de mantemento.
  • Automoción: Utilizado para motores de bus, automóbeis e camións substituíndo a gasolina e o alcol, pode ser até 70% máis barato que outros combustíbeis e é menos contaminante.
  • Industrial: Utilizado en industrias para a produción de metanol, amonio e urea.

Termoeléctricas[editar | editar a fonte]

Existen varias centrais termoeléctricas a gas natural xerando electricidade no mundo. A súa distribución pode ser na forma gasosa ou líquida, despois de arrefriado a -160 graos Celsius.

Desvantaxes[editar | editar a fonte]

As desvantaxes do gas natural con relación ao butano son: máis difícil de ser transportado, debido ao feito de ocupar maior volume, mesmo presurizado. Tamén é máis difícil de ser licuado, requirindo temperaturas da orde de -160 °C.

Actualmente están sendo investigados os xacementos de hidratos de metano das que se estima reservas moito maiores que as actuais de gas natural.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]