Xogos Olímpicos de 2020
![]() | Este artigo ou sección refírese ou está relacionado cun evento futuro. A información deste artigo pode cambiar frecuentemente. Por favor, non agregues datos especulativos e lembra colocar referencias a fontes fiables para dar máis detalles. |
Xogos da XXXII Olimpíada | |
---|---|
![]() | |
Toquio 2020 | |
Estados Participantes | |
Atletas | |
Eventos | |
Cerimonia de Apertura | 24 de xullo |
Cerimonia de Clausura | 9 de agosto |
Apertura oficial | |
Xuramento do Atleta | |
Xuramento do Xuíz | |
Xuramento do Adestrador | |
Facho Olímpico | |
Local |
Os Xogos Olímpicos de 2020, correspondentes aos Xogos da XXXII Olimpíada, terán lugar en Toquio.
Elección da cidade-sede[editar | editar a fonte]
O proceso de elección da cidade-sede dos Xogos Olímpicos de 2020 pasou entre 2011 e 2013, pechado co anuncio da cidade polo presidente do Comité Olímpico Internacional, Jacques Rogge, en 7 de setembro de 2013 na cidade de Buenos Aires, Arxentina.
Seis cidades foron presentadas polos seus respectivos Comités Olímpicos Nacionais (CONs) para concorrer aos Xogos. Roma retirouse en febreiro de 2012 por falta de apoio gobernamental. As cidades aplicantes están situadas en dous continentes: Europa e Asia. En 2020 fará doce anos que os Xogos Olímpicos foron acollidos por unha cidade asiática (Pequín 2008) e oito anos que foron acollidos por unha cidade europea (Londres 2012). Toquio xa acolleu os Xogos Olímpicos de 1964. É a primeira vez en vinte anos que ningunha cidade de América entra na disputa para acoller os Xogos. Bakú, Doha, Madrid e Toquio foron postulantes para a edición de 2016, vencida pola cidade do Río de Xaneiro.
Na elección celebrada o 7 de setembro, a cidade de Toquio foi a escollida para sede dos Xogos, tras unha disputa final con Istambul, despois da eliminación de Madrid na primeira rolda de votacións finais.[1]
Votación[editar | editar a fonte]
125.ª Sesión do Comité Olímpico Internacional 7 de setembro de 2013, Bos Aires, Arxentina | ||||||
Cidade | País | Ronda 1 | Desempate[2] | Ronda 2 | ||
Tokio | ![]() |
42 | — | 60 | ||
Istambul | ![]() |
26 | 49 | 34 | ||
Madrid | ![]() |
26 | 45 | — |
Adiamento[editar | editar a fonte]
Debido á pandemia por coronavirus de 2019-2020, en marzo de 2020 o primeiro ministro xaponés, Shinzō Abe, comunicoulle ao presidente do Comité Olímpico Internacional (COI), Thomas Bach, o desexo do país anfitrión de adiar os Xogos. O COI accedeu á petición do goberno nipón e, nun comunicado conxunto, anunciaron o adiamento non máis alá do verán de 2021, mais mantendo o nome de "Xogos Olímpicos e Paralímpicos Toquio 2020".[3]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ La Voz de Galicia, ed. (8 de setembro de 2013). "Tokio impón o seu poderío económico e leva os Xogos Olímpicos do 2020".
- ↑ Around the Rings
- ↑ Mínguez, Jesús (24 de marzo de 2020). "Japón aplaza los Juegos hasta 2021 por el coronavirus". Diario As (en castelán). Consultado o 10 de maio de 2020.