Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter

Cobras

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Serpentes")
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Cobras
Rango fósil: Cretáceo – Actualidade
Snakes Diversity.jpg
Collage de cobras
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Sauropsida
Subclase: Diapsida
Superorde: Lepidosauria
Orde: Squamata
Suborde: Serpentes
Distribución mundial aproximada das especies de cobras

Distribución mundial aproximada das especies de cobras
Subgrupos

As cobras[1] son réptiles carnívoros poiquilotérmicos, é dicir, de sangue frío, e sen patas pertencentes á suborde Serpentes. Pódense distinguir dos lagartos sen patas pola súa falta de pálpebras e oídos externos. Como tódolos escamados, as cobras son vertebrados ectotermos e Amniotas cubertos por escamas. Moitas especies de cobras teñen cranios con máis xuntas que os seus predecesores lagartos, o que lles permite inxerir presas meirandes que a súa testa grazas ás mandíbulas móbiles. Para acomodar os seus estreitos corpos, os órganos pares das cobras (como os riles) están situados un despois do outro, no canto de estar ó carón, e a maioría só ten un pulmón funcional. Alguhas especies conservan a pelve e un par de poutas vestixiais a ámbolos lados da cloaca.

As cobras atópanse en tódolos continentes agás na Antártida, os Océanos Pacífico e Índico, algunhas illas grandes, coma Irlanda e Nova Zelandia, e nas pequenas illas do Atlántico e o Pacífico central.[2] Actualmente recoñécense unhas 20 familias de cobras, arredor de 500 xéneros e unhas 3.400 especies.[3][4] En canto ó seu tamaño, abrangue dende a máis pequena Leptotyphlops carlae de 10 cm ata o pitón reticulado de 8,7m de longo.[5][6] A especie fósil Titanoboa cerrejonensis medía 15 metros. Pénsase que as cobras evolucionaron dos lagartos acuáticos durante o período Cretáceo, e o fósil máis antigo atopado ten 112 millóns de anos. A diversidade das cobras modernas produciuse durante Paleoceno (c 66 a 56 millóns de anos). A descrición de cobra preservada máis antiga é o Papiro de Brooklyn.

A maioría das especies non son velenosas, e as que teñen veleno úsano principalmente para matar e subxugar ás presas e non para autodefensa. Algunhas posúen un veleno potente abondo para causar lesións ou morte para os seres humanos. As non velenosas engolen a presa viva ou mátana por constrición.

A atracción polas cobras coñécese como ofiofilia, a repulsión ofiofobia[7]. O estudo dos réptiles chámase herpetoloxía (da palabra grega usada para serpente).

Distribución[editar | editar a fonte]

Distribución mundial aproximada.

Existen máis de 2.900 especies de cobras que habitan dende as terras de Escandinavia ata Australia.[8] As cobras poden atoparse en tódolos continentes agás na Antártida, nos océanos, ou por riba de 4.900 metros de altitude, como no Himalaia asiático.[8][9] Tamén hai moitas illas nas que as cobras están ausentes, como Irlanda, Islandia e Nova Zelandia[2][9] (malia que nas augas de Nova Zelandia son frecuentes as especies mariñas Pelamis platura e Laticauda colubrina).[10]

En Galiza[editar | editar a fonte]

En Galiza hai seis especies de cobras:

  • Cobra lagarteira común (Coronella austríaca). É un ofidio de tamaño pequeno, e común nos toxais e queirogais.
  • Cobra lagarteira meridional (Coronella girondica). É unha cobra pequena e mide entre 50 e 70 cm. Aliméntase sobre todo de saurios (e algún artrópodo).
  • Cobra de escada ou serpe riscada (Elaphe scalaris). É un ofidio grande, con corpo musculoso. É unha especie pouco frecuente, agás algunha zona da costa meridional coruñesa.
  • Cobra rateira ou cobregón (Malpolon monspessulanus). É a maior dos ofidios galegos, o maior exemplar medía 182 cm, mais a maioría miden entre 90 e 140 cm. A mordedura non acostuma ser perigosa para o ser humano.
  • Cobra de colar (Natrix natrix). É o ofidio máis coñecido e abundante. Teñen mala sona, mais inxustamente pois son totalmente inofensivas. En moitos sitios confúndena coa víbora. Aliméntanse sobre todo de anfibios, aínda que tamén comen algunha ave e peixes.
  • Cobra viperina ou cobra de auga viperina (Natrix maura). Esta cobra asemella unha víbora mais é inofensiva. É abundante na metade sur da Galiza.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Non se debe confundir este termo co empregado para aludir ás cobras das familias Naja e Ophiophagus, ambas membros da familia Elapidae.
  2. 2,0 2,1 Roland Bauchot, ed. (1994). Snakes: A Natural History. Nova York: Sterling Publishing Co., Inc. p. 220. ISBN 1-4027-3181-7. 
  3. Sistema Integrado de Información Taxonómica. "Serpentes (TSN 174118)" (en inglés). 
  4. snake species list at the Reptile Database. Consultado o 22 de maio de 2012.
  5. Murphy; Henderson, JC; RW (1997). Krieger Pub. Co, ed. Tales of Giant Snakes: A Historical Natural History of Anacondas and Pythons. Florida, USA. p. 221. ISBN 0-89464-995-7. 
  6. Mehrtens, JM (1987). Living Snakes of the World in Color. Nova York: Sterling Publishers. p. 480. ISBN 0-8069-6460-X. 
  7. "Ofi-". Real Academia Galega. 
  8. 8,0 8,1 Sanchez, Alejandro. "Diapsids III: Snakes". Father Sanchez's Web Site of West Indian Natural History. Consultado o 2007-11-26. 
  9. 9,0 9,1 Conant R, Collins JT. 1991. A Field Guide to Reptiles and Amphibians: Eastern and Central North America. Houghton Mifflin, Boston. 450 pp. 48 plates. ISBN 0-395-37022-1.
  10. Natural History Information Centre, Auckland War Memorial Museum. "Natural History Questions". Auckland War Memorial Museum - Tamaki Paenga Hira. Auckland, New Zealand: Auckland War Memorial Museum. Q. Are there any snakes in New Zealand?. Consultado o 26 de abril de 2012. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]