Corazón Aquino

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Corazón Aquino
Nacemento25 de xaneiro de 1933
Lugar de nacementoPaniqui
Falecemento1 de agosto de 2009
Lugar de falecementoMakati
CausaCancro colorrectal
SoterradaManila Memorial Park Sucat
NacionalidadeFilipinas
RelixiónIgrexa católica
Alma máterSt. Scholastica's College, College of Mount Saint Vincent, Far Eastern University e Ateneo de Manila University
Ocupaciónpolítica e Activista polos dereitos humanos
PaiJosé Cojuangco
NaiDemetria Sumulong
CónxuxeBenigno Aquino Jr.
FillosBenigno Aquino III, Kris Aquino, Ballsy Aquino-Cruz, Pinky Aquino-Abellada e Viel Aquino-Dee
IrmánsJosephine C. Reyes e Jose Cojuangco, Jr.
PremiosPrêmio Ramon Magsaysay, Grand Cordon of the Supreme Order of the Chrysanthemum, Persoa de Ano da revista Time, Fulbright Prize, World Citizenship Award, Order of Sikatuna, Cabaleiro da Gran Cruz da Orde ao Mérito da República Italiana, Gran cruz da Lexión de Honor, Grand Cross of the National Order of Merit, Ordem do Libertador San Martin, Nishan-e-Pakistan, Ordem do Elefante Branco, honorary doctor of the University of Hong Kong, Philippine Legion of Honor, Kalantiao's Order e Cabaleiro da Gran Cruz con colar da Orde do Mérito da República Italiana
Na rede
http://www.coryaquino.ph
Musicbrainz: 55711d42-3d3a-4c61-aa7b-7340b9358db2 WikiTree: Cojuangco-1 Find a Grave: 40109083 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

María Corazón Sumulong Cojuangco-Aquino, nada en Paniqui o 25 de xaneiro de 1933 e finada en Makati o 1 de agosto de 2009, foi unha política filipina, que foi presidenta de Filipinas entre 1986 e 1992, despois da caída do ditador Ferdinand Marcos.

Foi unha das primeiras mulleres de Asia en ocupar a máxima representación do seu Estado ou goberno, logo de Golda Meir e Indira Gāndhi. Casada co popular senador da oposición Ninoy Aquino, cando este foi asasinado no daquela chamado Aeroporto Internacional de Manila ó regresar do exilio o 21 de agosto de 1983, "Cory" converteuse no núcleo da oposición ao goberno autocrático do Presidente Ferdinand Marcos.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Corazón Cojuañgco naceu en Manila nunha das familias máis adiñeiradas en Filipinas, os poderosos Cojuañgcos da provincia de Tarlac. A familia da súa nai, os Sumulongs, tamén pertencían a unha familia política da provincia de Rizal.

Medrou dentro dunha familia privilexiada, sendo enviada ó estranxeiro para estudar na Ravenhill Academy de Filadelfia, no Notre Dame Convent School de Nova York e no College of Mount Saint Vincent, tamén de Nova York. Estudou matemáticas e graduouse cun título en francés en 1953.

Regresou a Filipinas para estudar Dereito na Far Eastern University, pero en 1955 casou con Benigno Aquino, que acababa de ser elixido alcalde de Concepción na provincia de Tarlac á idade de 22 anos. Tiveron cinco fillos: un fillo, Benigno III (posteriormente elixido Presidente de Filipinas), e catro fillas, María Elena, Aurora Corazón, Victoria Eliza e Kristina Bernadette. Benigno Aquino foi elixido gobernador e senador, pero foi arrestado, sentenciado a morte e exiliado polo réxime de Marcos. Corazón acompañouno no exilio en 1980. Benigno foi asasinado o 21 de agosto de 1983 á súa chegada dende un exilio de 3 anos nos Estados Unidos no mesmo asfalto do Aeroporto Internacional de Manila, que foi posteriormente renomeado na súa honra. Trala súa morte, ela entrou en política como xefa da coalición Laban.

Foi tamén a primeira filipina nomeada para o Premio Nobel da Paz despois de liderar a revolución pacífica EDSA durante a época de Marcos.

Presidentes de Filipinas

Segue a:
Ferdinand Marcos
Corazón Aquino
Precede a:
Fidel Valdez Ramos
United Nationalists Democratic Organizations - UNIDO / Partido Liberal ng Pilipinas