Saltar ao contido

Forza aérea

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cazas F-22 Raptor na Base da Forza Aérea Hickam, Hawái, 2007.

Unha forza aérea, tamén coñecida nalgúns países como un exército do aire ou unha aeronáutica militar entre outros nomes, é no sentido máis amplo, a unidade militar nacional que leva a cabo principalmente a guerra aérea. Máis especificamente, é a rama das forzas armadas dunha nación responsable da guerra aérea, a diferenza dun exército (rama terrestre), armada (rama marítima) ou outras ramas. Tipicamente, as forzas aéreas encárganse de obter o control do aire, levar a cabo misións de bombardeo estratéxico e proporcionar apoio ás forzas de superficie.

As forzas aéreas normalmente consisten nunha combinación de avións de caza, bombardeiros, avións de transporte, helicópteros e outras aeronaves. Algunhas forzas aéreas tamén son responsables de operacións militares no espazo, mísiles balísticos intercontinentais (ICBM) e equipos de comunicacións. Moitas forzas aéreas teñen o mando e control doutros activos de defensa aérea como artillaría antiaérea, mísiles superficie-aire, ou sistemas defensivos e redes de alerta con mísiles antibalísticos.

Organización

[editar | editar a fonte]
Un moderno Eurofighter Typhoon en voo.

A forza aérea opera xeralmente con distintos tipos de avións entre os que se atopan os seguintes:

Dous Saab JAS 39 Gripen húngaros en voo.

Algunhas forzas aéreas operan con satélites destinados a mellorar as comunicacións, realizar recoñecementos máis efectivos etc.

Cabe destacar que por cada aeronave en servizo existe todo un grupo de persoas destinadas a operar eficazmente a mesma. Este grupo inclúe o piloto, responsable da aeronave cando esta se atopa en voo, o persoal de mantemento, os controladores de tránsito aéreo, os encargados da comunicación da aeronave co seu centro de control e o persoal administrativo. Nalgunhas forzas aéreas hai funcionarios responsables das armas nucleares estratéxicas e tamén dos mísiles balísticos intercontinentais (ICBM).

Aínda que xeralmente os principais dirixentes das forzas aéreas son pilotos ou ex pilotos das mesmas, a gran maioría do persoal da forza non o é. Algunhas forzas aéreas operan con artillaría antiaérea, paracaidistas, destinados á defensa por terra das bases aéreas, e mesmo coas súas propias forzas especiais en terra, encargadas de operacións de rescate, vixilancia e control do espazo aéreo.

Poder aéreo

[editar | editar a fonte]

Capacidades militares aeroespaciais

[editar | editar a fonte]

As características de ambiente e intelixencia separan o poder aéreo das forzas de mar e terra. Feita esta distinción, podemos comezar a definir a función do poder aéreo. Como base de discusión, podemos enfocar as capacidades militares do poder aéreo. Tipicamente, os entusiastas do poder aéreo concentráronse no potencial de destrución masiva do poder aéreo, o bombardeo estratéxico. Con todo, deben verse sobre o fondo de todas as maneiras como fose usado no pasado, á luz da maneira como se defina o termo.

Historicamente, o poder aéreo foi usado para lograr proxección, denegación e supervisión. No canto de tratar de dar unha definición, imos referirnos a estas funcións como capacidades militares. Son unha terna poderosa coa cal poden desenvolverse funcións e misións. Cada unha representa un valioso elemento do poder aéreo que debe recoñecerse no uso de aeronaves.

Proxección

[editar | editar a fonte]

A maior parte da teoría do poder aéreo moderno dirixiuse á capacidade de proxección. Neste contexto, proxección é a habilidade de pór forza militar nunha localidade dada, a certo tempo. Esta definición intencionalmente é xeral. Hai unha variedade de métodos para enfocar o poder militar. O método máis evidente da forza aérea é o bombardeo. Un menos evidente pero igualmente importante é a proxección de forzas de terra cunha ponte aérea. A mobilidade que o exército ten hoxe en día é o resultado da proxección de forza con helicópteros e aeroplanos de á fixa. Prácticas comunmente aceptadas, tales como o apoio inmediato, interdición e bombardeo estratéxico, son variacións desta capacidade. O aspecto fundamental da proxección é pór forza militar -de calquera xeito- en contía dada e en tempo e en lugar especificados.

Denegación

[editar | editar a fonte]

O socio da proxección debe ser a denegación. Esta capacidade implica a denegación de liberdade de acción ó adversario. Aínda que a proxección é estritamente ofensiva, a denegación implica unha mestura de accións ofensivas e defensivas. Por unha banda, esta capacidade ten a tendencia a ser defensiva en canto á prevención de accións inimigas. Moitos consideran a Batalla de Inglaterra como exemplo clásico de denegación. Por outra banda, accións ofensivas, tales como as proxectadas ó logro de superioridade aérea, son tamén parte integrante da denegación. Certos elementos da interdición e do apoio aéreo inmediato puidesen tamén considerarse nesta categoría. Co movemento de tropas e recursos, unha ponte aérea pode denegar territorio ou liberdade de acción a un inimigo.

Supervisión

[editar | editar a fonte]

Posiblemente a máis usada e menos considerada capacidade militar do poder aéreo é a supervisión. Simplemente descrita, a supervisión implica vixiar e custodiar para asegurar a adecuada dirección e control. O uso de avións de recoñecemento e de satélites para observar desenvolvementos militares estranxeiros e protexer o territorio propio, é unha contribución importante e crítica do poder aéreo. Claramente, esta capacidade fai uso do efecto da visibilidade para influenciar as accións de gobernos hostís. Por exemplo, a observación por satélites ó redor do mundo é un ingrediente clave no poder militar das grandes potencias (Estados Unidos de América, Rusia, China, Xapón e a Unión Europea) e un compoñente crítico da política estranxeira. A supervisión pode ser a causa de que algúns gobernos teñan que adoptar un comportamento diferente - cambiar os seus plans militares.

O radar é un medio eficaz para controlar o espazo aéreo.

Aplicación de capacidades militares

[editar | editar a fonte]

Estas capacidades obran en concerto para apoiar misións específicas do poder aéreo. As misións son simplemente declaracións de obxectivos militares que dan a base ás estruturas de forza. Estes obxectivos poden lograrse exercitando capacidades militares. En poucas palabras, toda misión contén unha mestura destas capacidades. Por iso é polo que estas capacidades establezan os cimentos para construír a declaración de misións e a estrutura de forza.

En cada misión hai unha capacidade que domina mentres que as outras executan funcións de apoio. Só utilizando todas as capacidades pode completarse unha misión. Na interdición, por exemplo, a proxección é a capacidade dominante. Con todo, a denegación é necesaria para suprimir as defensas inimigas -para permitir liberdade de movemento- e a supervisión é necesaria para conseguir información sobre o obxectivo e avaliar o éxito da misión.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]