Guerra contra o terrorismo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
No sentido das agullas do reloxo: Atentados do 11 de setembro de 2001; infantaría estadounidense en Afganistán; soldado estadounidense e intérprete afgán en Zabul; explosión dun coche bomba en Bagdad.

A Guerra contra o terrorismo (en inglés: War on Terror, WoT), é unha campaña militar internacional dirixida polos Estados Unidos de América e o Reino Unido co apoio dos membros da OTAN e outros países, que comezou despois dos atentados do 11 de setembro de 2001 nos Estados Unidos.[1] O Presidente George W. Bush empregou por vez primeira o termo "War on Terror" o 20 de setembro de 2001.[1] A administración de Bush e os medios occidentais empregaron o termo dende entón para facer referencia ó conflito militar, político, legal e conceptual contra organizacións terroristas e réximes acusados de apoialas. Orixinalmente, foi empregado con especial atención nos países asociados con organizacións de terrorismo islámico como al-Qaeda.

No 2013, o Presidente Barack Obama anunciou que os Estados Unidos non continuarían coa guerra, centrándose en inimigos específicos, máis que seguindo unha táctica.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Eric Schmitt; Thom Shanker. "U.S.". 
  2. Shinkman, Paul D. U.S. News & World Report, ed. "Obama: 'Global War on Terror' Is Over". Consultado o 23 de marzo de 2015. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

  • Jackson, Richard. Writing the War on Terrorism: Language, Politics and Counter-Terrorism. Manchester & New York: Manchester University Press, 2005. ISBN 0719071216.