Eid al-Adha

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Rezo de Eid al-Adha en Ancara en 1922
Mercado de años en Mauritania polo Eid al-Adha

Eid al-Adha (árabe: عيد الأضحى: عيد الأضحى‎ ʿīd al-unḍḥā, [ʕiːd ælˈʔɑdˤħæ]), tamén coñecida como a Festa do Sacrificio (turco: Kurban Bayramı: Kurban Bayramı; malaio: Hari Raya Korban: Hari Raya Korban; persa: عید قربان: عید قربان‎ Eid Ghorban; bengalí: কোরবানি ইদ Qurbani Eid), o Grande Eid ou Baqar-Eid (urdú: بقر عید: بقر عید‎ baqr `īd; kurdo: جێژنی قوربان Cejna Qurbanê: جێژنی قوربان Cejna Qurbanê‎), é a segunda das dúas festas relixiosas celebradas polos musulmáns do mundo enteiro cada ano, a outra é Eid al-Fitr. Celebra a disposición de Abraham (Ibrahim) para sacrificar seu fillo, como un acto de submisión aos desexos de Deus, secasí este por medio dun anxo, Jibra'il, envioulle un año para sacrificalo en troques de seu fillo. E así seguindo esta tradición entre os musulmáns persiste a tradición de cada familia sacrificar un año, que se divide en tres partes, a familia retén un terzo, outro terzo é para os familiares e o restante distribúese entre os pobres e mailos necesitados.

No calendario islámico, de base lunar, Eid al-Adha cae no décimo día de Dhu al-Hijjah e dura catro días.[1] No calendario internacional (gregoriano) as datas varían de ano a ano, caendo aproximadamente 11 días antes do anterior cada ano.

Eid al-Adha é a última das dúas festas do Eid, a primeira é Eid al-Fitr. O fundamento da súa observancia vén do 196.º ayah (verso) de Al-Baqara, a segunda sura do Corán[2] A palabra "Eid" aparece unha vez en Al-Ma'ida, a quinta sura do Corán, co significando de "festival solemne".[3]

Como Eid al-Fitr, Eid al-Adha empeza cunha oración Sunnah de dous rakats seguido dun sermón (khutbah). As celebracións de Eid al-Adha principian logo do descenso dos Hujjaj, os peregrinos que realizan o Hajj, desde o monte Arafat, un outeiro ao leste da Meca. O sacrificio de Eid pódese realizar ata a posta do sol do 13º día de Dhu al-Hijjah.[4] Os días de Eid están sinalados no Hadith como "días de lembranza". Os takbir (días) de Tashriq van da Fajr (oración matinal) do día 9 de Dhu al-Hijjah ata a Asr (oración do serán) do día 13 de Dhu al-Hijjah (5 días e 4 noites). En total 23 oracións: 5 cada día do 9 ao 12, e 3 o día 13.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Religion & Ethics – Eid el Adha". Consultado o 29 de decembro de 2012. 
  2. Corán 2:196
  3. Corán 5:114
  4. En.islamtoday.net (ed.). "Slaughtering on all days of Tashrîq | IslamToday – English". Consultado o 30 de agosto de 2013.